THE WILD CINEMA

Streatham-Film-Festival-Star-Wars-12-of-26

The WILD CINEMA

Unha boa película e coma un bo viño; dura un instante e deixache na boca un sabor a gloria; é novo en cada sorbo e, como ocorre cos bos bos viños, nace e renace en cada saboreador”

                               

Federico Fellini

 

 

 

Apadriñados polo director de “Primavera do Cine” e  “Galician Freaky Film Festival”, compracenos presentarvos este festival de Cine na Natureza.

 

 

Estadevos atentos a carteleira….

The Wild Cinema presenta unha seleción de filmes nos que as protagonistas serán a natureza, a aventura e a sustentabilidade. Proxectados nun entorno natural, coas estrelas como teito e as árbores coma compañeiras de butaca.  Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao aire libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.

 

Unha escolma de traballos audiovisuais nos que gozaremos da beleza e da forza do noso planeta, con especial foco no ser humano, o seu habitante co comportamento máis particular.

 

THE WILD CINEMA exhibirá pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic  Film Festival BANFF,Bilbao Mendi Film Festival, FICMAou o Wilscreen coa intención tamén de abrir mentes e xerar conciencias. Estes filmes serán o espello no que poderemos recoñecernos tal como somos, responsables, osados, comprometidos e xenerosos pero tamén contaminantes, consumistas e egocénticos. Non podemos esquecer que este planeta no é soamente noso, e valores como a cultura a solidariedade e a empatía deben estar en alza!

 

 

Esta mostra está construída por Juan de Castro:

Vén profesionalmente do eido da enxeñería e a arquitectura, mais no último lustro concentra todas as súas enerxías na xestión cultural, como Experto Universitario en Xestión Cultural pola USC, e na produción de proxectos cinematográficos e eventos culturais. É presidente de Reencanto Producións, entidade organizadora da Mostra do Posible, o Festival Primavera do Cine e do Galician Freaky Film Festival, sendo o director destes dous últimos. Foi convidado como xurado e programador en festivais de cinema en España e Portugal.

CINE E NATUREZA

Cinema-in-the-Woods-006-N451-620x394