Categorías
THE WILD NEWS

Nace The Battle of Bands, un concurso que busca impulsar a música e os novos talentos galegos

No concurso, promovido polo festival sostible The Wild, poden participar ata o 15 de xullo todos os grupos e solistas con independencia do seu estilo sempre que un dos seus compoñentes sexa nado en Galicia.

A organización de The Wild convoca a primeira edición de The Battle of Bands, un concurso apoiado por Mahou e Radio Vigo que busca promover e dar a coñecer aos músicos, bandas e novos talentos de Galicia.

“Non cabe dúbida de que en Galicia hai boa música e moitísimo talento. Estamos seguros de que tanto o xurado coma o público non o terán nada fácil para escoller aos gañadores. Será unha batalla de altura, no que, ademais de dar visibilidade á escena musical galega, tamén se poderá gozar con temas diferentes e orixinais, xa sexa rock, pop, folk, indie ou calquera outro estilo” afirma Óscar Gallego, director do certame The Wild.

Consulta as condicións para participar.