
Como xa citamos anteriormente, a concienciación e sensibilización sobre o Medio Ambiente e a Sustentabilidade é un dos obxectivos de The Wild.
Conceptos como o Cambio Climático, Economía Circular, Enerxías renovables, Bioconstrucción, e moitos mais temas relacionados coa sustentabilidade serán tratados a través de relatorios, exposicións e debates en The Wild.

Este ano contemplamos abordar o PACTO POLA SUSTENTABILIDADE que se está a desenvolver entre os festivais de música e de cinema no territorio galego. Un proxecto moi ambicioso e prometedor que ten a maioría do certames galegos indo da man na procura da mellora nas políticas medioambientais segundo as tipoloxías de cada certame.


