Concertos

Tras máis de 20 anos desde a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a DAKIDARRÍA como unha banda histórica no panorama galego e estatal.

DAKIDARRÍA fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluír ata doce linguas diferentes. O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con salas pequenas como con grandes festivais. Demostraron en cada xira que o seu é a festa encima e debaixo do escenario.

A agrupación musical retoma a estrada neste 2024 para descargar en cada escenario a emoción, a enerxía e a adrenalina que se desprende en “XX” o seu novo disco en directo rexistrado en dous festivais emblemáticos da súa terra como son Revenidas e Castañazo Rock.

Julián Maeso Band

Julián Maeso, músico multiinstrumentista e compositor, é considerado un dos maiores expertos en órganos de España, especialmente en órganos Hammond.

Este toledano, antes de comezar a súa carreira en solitario, foi membro do consagrado grupo The Sunday Drivers.

Leva 3 discos asinados como solista e cantante. Dreams Are gone en 2012, One Way Ticket to Saturn en 2014 e Somewhere Somehow en 2016.

No seu último disco pódese atopar soul, funk, contry e jazz nunha viaxe de sons e cores con destino descoñecido.

Moonshine Wagon

Moonshine Wagon é unha banda de heavybluegrass do País Vasco.

Formouse en outono de 2013 en Vitoria. Levan desde entón xirando por salas e festiváis de toda Europa e parte de América de maneira autoxestionada, na súa autocaravana «la Wagon», facendo o que máis lles gusta.

Teñen tres álbumes publicados: Folk You!Porca Miseria e Straight From The Mud.

En seis anos deron máis de mil conciertos por toda Europa e parte de América.

Moura

MOURA son os ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta.

Un aquelarre de brétema psicodélica progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo.

A Polémica Banda dos Bechuchos

A Polémica Banda dos Bechuchos naceu xa fai uns cantos anos da man duns rapaces que comezaron a súa formación musical na banda Lira de San Miguel de Oia.

A súa proposta musical está composta por un repertorio formado por versións de grandes clásicos, tanto nacionais como internacionais de diferentes épocas, no que se misturan distintos estilos musicais (rock, pop, punk, clásico) na búsqueda dun ambiente de festa e diversión

Mad Martin Trío

Banda compostelá de rock clásico liderada por Martín Esturao, practicando un estilo dos marabillosos anos 50, influenciados polo rockabilly, swing, blues ou o boogie woogie.

Preséntannos un directo enérxico, con inoportunos arranques de cadeira dislocada, a un ritmo frenético, para desgastar a sola dos teus zapatos, con todo a desenvoltura dunha banda de anada vella.

En 2014 debutaron coa presentación dun EP It Was a Very Good Year, titulo sacado do tema Ervin Drake que fixo popular Frank Sinatra, desde entón publicaron un mini-LP, Seven Lucky Shots e un longo Time To Go Mad.

SANNY

Sanny, o nome artístico tras o que se agocha Sandra Gómez, é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten. Desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo en pequenas salas de Santiago e Vigo principalmente.

A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EUA.

Agora comeza unha nova etapa musical coa presentación de dous novos singles 25 Bird in a Cage. Con estes dous temas, a artista dá a coñecer a flagrante nova banda que agora a acompaña: Denis Carballás á guitarra, Bruno Costas ao baixo e Anxo Paz á batería. Ademais, o folk máis tradicional das cancións do seu primeiro EP deixa paso agora a melodías máis elaboradas e unha produción máis coidada.

Law

Law é unha artista galega multidisciplinar: cantante, compositora, modelo, guionista e actriz de dobraxe. Nas súas cancións combina as influencias do R&B, o hip-hop, o reggae, o funk, o soul e mesmo sonoridades tribais. Nelas consegue o equilibrio entre a música urbana desenfadada e as liñas vocais e letras complexas, coidadas e comprometidas.

A través destes elementos xérase un estilo único que chega ás persoas pola súa honestidade, “boas vibras” e paixón. A través da súa obra sinala as desigualdades do mundo á vez que explora e desentraña o seu propio. Tocando en escenarios significativos como o PortAmérica, o Atlantic Fest ou o Festival da Luz, Law conságrase como parte da onda de artistas emerxentes galegos que están a renovar o panorama musical actual.

THE LELLI KELLY´S

The Lelli Kelly’s é unha banda de rock’n’roll galego orixinaria do Morrazo e fundada no ano 2016. A banda é coñecida polas súas enérxicas presentacións en vivo, os seus inesquecibles estribillos e o seu estilo frenético influenciado por bandas como MC5, The Sonics ou The Hives.

Dende 2018 participan en algúns dos festivais máis importantes de Galicia como o Surfing The Lérez, o Antrospinos ou o Millo Verde entre outros.

A banda galega, inicia a xira 2023/2024 o 6 de outubro coa presentación dun novo traballo que inclúe 4 novos videoclips e novas cancións gravadas en Xirín Studios, Vilariño.

Superglú

Superglú nace en 2014. Os seus directos caracterízanse polo bo xorne e a enerxía positiva, cun son propio que bebe de diversas influencias, desde a escena indie-pop nacional e internacional, ata o rock, o country, ou a música tradicional.

Tras gañar o concurso da plataforma Cultivando Música en 2017, e gravar con el unha primeira maqueta, “Que ben!”, en agosto de 2019 lanzan o seu primeiro EP de estudo, “RevoGlúcion”. Durante 2020 aproveitan o peche para traballar no primeiro LP da banda, “Viaxe”, que viu a luz en setembro de 2021.
A finais de 2022 marchan a Madrid a gravar co produtor Carlos Hernández Nombela, con quen gravan varios singles que actualmente seguen saíndo á luz.

THE BROKE

The Broke é un grupo de rock, nacido a mediados de 2016, cun estilo auto definido como “Broke ́n ́Roll”, que bebe do grungepunkstoner e hardrock.

O seu directo é moi enérxico, onde o grupo demostra o seu bo facer e as táboas adquiridas en distintas salas e festivais.

En 2023 a banda editou dous singles e dous singles: Disconnection e Symphony, que se unen ao EP Monster (2020), o novo material de estudo sairá a principios de 2024.