Info

Contacto

Podes contactar connosco enviando un correo a thewild@thewildfest.com

Autorización a menores

Os menores de 14 anos non pagarán entrada. Os menores con máis de 14 anos terán que abonar a entrada, no caso que corresponda, igual que un adulto.

Os menores de idade, poderán acceder a todalas actividades e eventos de THE WILD, quedando en todo caso prohibido o consumo de alcohol e tabaco, e podendo procederse á expulsión do menor que infrinxa ditas prohibicións.

A Organización do Festival se reserva a facultade de solicitar o DNI, pasaporte ou calquer documento que acredite a idade do asistente á entrada do recinto ou porteriormente, dentro do mesmo.

Os menores de 16 años deben ir acompañados polos seus pais ou titores, os cales deberán levar a documentación que os identifique como tales.

Durante a súa estancia no recinto, o acompañante será responsable de calquer acción que o menor realice.

Se o acompañante non é o pai, nai o titor legal, deben levar unha autorización de asistencia por parte do devandito pai, nai ou titor legal, acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.

Voluntariado

Inscribirse para ser voluntario en THE WILD é unha forma fantástica de converterse nunha parte vital da nosa comunidade.

Se estás interesado en traballar en eventos, coñecer xente nova ou
simplemente queres gozar do festival, o voluntariado é unha forma brillante de facelo.

O compromiso do voluntariado é completar un total de 8 horas, en diferentes quendas, durante todo o evento.

As tarefas asignadas para os voluntarios son:

  • Información durante o evento. Programación de eventos, información sobre as diferentes áreas e normas para un correcto desenvolvemento do festival.
  • Apoio na montaxe e desmontaxe de elementos estruturales de THE WILD.
  • Control de accesos.
  • Apoio ás diferentes actividades do evento. The Wild Race, Cinema, Andaina, Cativos…

O que obtés a cambio:

  • Acceso libre os concertos.
  • Bonos de comida.
  • Acceso libre o cámping.
  • Camiseta e merchandising de THE WILD.

Cámping

THE WILD dispón de zona de acampada para os 2 días para que poidas disfrutar ao máximo e non perdas ningunha actividade.

A zona de acampada está situada lindeira ao recinto do Festival e este ano contará co tódolos servizos para mellorar a túa experiencia e comodidade no evento.

O acceso o camping estará asociado a entrada, e terá un custo engadido de 3€ por persoa (excepto os menores de 14 anos, que será de balde sempre que vaian acompañado do seu pai, nai ou titor).

A acampada abre o sábado 5 ás 12:00 h e pecha o luns 7 ás 12:00 h.

O aforo é limitado e neste espazo permitirase só a instalación de tendas de campaña.

Como chegar

THE WILD terá lugar no Merendeiro situado no Parque Forestal de San Miguel de Oia situado a 10 km do centro de Vigo.

EN COCHE:

EN BUS:

  • VITRASA tamén dispón da liña 12A que terá parada en Camposancos, á altura do Camiño Esteriz a 1.5 km camiñando ata THE WILD.

Estacionamento

  • Vehículos particulares:
    • Habilitarase un so sentido de circulación dende Camiño Esteriz posibilitando o estacionamento na beira esquerda da devandita vía.
    • Estacionamento nas proximidades do Campo de Fútbol do Coruxo en Fragoselo. A 1.5 Km a pé ata THE WILD.
  • Vehículos eco:
    • Bicicletas e vehículos eléctricos 100% e outros respectuosos co medio ambiente terán un lugar reservado nas proximidades ao recinto do festival.
  • Zona reservada a discapacitados:
    • Haberá unha zona reservada na entrada o festival de uso
      exclusivo para persoas con mobilidade reducida.

Accesibilidade

Unha das pretensións de THE WILD  é de consolidarse como un evento integrador. Un dos obxectivos é que o evento, o cal desenvolvese nun entorno natural sexa accesible para todo tipo de público.

Por esa razón, THE WILD non escatimará en  esforzos e medios para que as actividades e espectáculos sexan o máis inclusivas posibles, para unha sociedade tan diversa como a nosa.

Co fin de achegar o festival ao maior número de persoas, desenvolveremos as seguintes propostas que faciliten a accesibilidade:

  • Zona de aparcadoiro exclusiva para persoas de mobilidade reducida próxima a entrada do recinto.
  • Transporte Público adaptado ata o recinto do festival.
  • Persoal de apoio para persoas con necesidades especiais.
  • WC adaptados.
  • Folletos, rótulos e mapas de sinalización para identificar as diferentes zonas do festival. Colocaranse carteis  de maior tamaño, iconas e pictogramas con alto contraste cromático para facilitar a lectura ás persoas con visión reducida.
  • Proxección dos filmes subtitulados para persoas con deficiencia auditiva.
  • Zonas acoutadas e preferentes próximas aos escenarios para gozar das actuacións para unha óptima visibilidade e comodidade.