documental – The Wild Festival | Festival na natureza – San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com The Wild : Festival na natureza Sat, 26 Jun 2021 20:05:13 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.8.3 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png documental – The Wild Festival | Festival na natureza – San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com 32 32 “Mi maestro el pulpo”, ou como facer psicoterapia cun polbo https://thewildfest.com/2021/07/22/mi-maestro-el-pulpo-ou-como-facer-psicoterapia-cun-polbo/ Thu, 22 Jul 2021 11:45:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=1180 Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest Cando pensabamos que xa o miraramos todo, este inusual documental sudáfricano codirixido por Pippa Ehrlich y James Reed achéganos a unha historia de amor e simbiose entre unha polbiña e un humano en horas baixas. Si, leron ben. Os feitos e a obra tráennos o […]

O artigo “Mi maestro el pulpo”, ou como facer psicoterapia cun polbo publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

Cando pensabamos que xa o miraramos todo, este inusual documental sudáfricano codirixido por Pippa Ehrlich y James Reed achéganos a unha historia de amor e simbiose entre unha polbiña e un humano en horas baixas. Si, leron ben.

Os feitos e a obra tráennos o relato do descubrimento por parte Craig Foster, un realizador baixo unha forte depresión, de que a súa terapia sanadora atopábase baixo o mar.

Como no filme Arrival, Denis Villenueve (2016), no que a protagonista experimenta unha conexión moi profunda e sublime con xigantescos cefalópodos extraterrestres, unha conexión emocional e dialéctica; nesta realidade-ficción, é un home e un polbo femia os que tecen unha relación de convivencia e diálogo.

A cinta está confeccionada episódicamente, guiándonos por estes cambios internos que se van producindo nos protagonistas, especialmente grazas á atractiva e suxerente música composta por Kevin Smuts para cada unha destas fases da relación.

O verdadeiramente xenial deste documental radica na sensibilidade coa que está filmada esta unión case obsesiva entre os dous seres que da compañía e costume constrúen unha intimidade e un intenso apego, que súa vez ten un poder sanador para que Craig volva novamente a súa vida e familia.

Fotograma de Mi Maestro el Pulpo

A relación do ser humano cun animal concreto e a súa complicidade como feito de revolución interior xa o temos visto en moitos filmes, mais coido que o curioso desta vez é esta figura tan habitual para os galegos como é o polbo, máis apreciado con pemento moído e aceite que como compañeiro empático de bar ou diván. Ben certo é que os camiños de respecto á natureza son múltiples.

Como buceador e pescador submariño que son, teño moitas veces a oportunidade de relacionarme cos polbos, case sempre con final desgraciado para eles, mais cando son pequenos podo relaxarme observándoos de vagar, e non podo conter a miña admiración por un animal intelixente e marabilloso, seguro que, como para moitas outras relacións o lugar e o momento non foi o noso. O que si teño claro, e esa é a mensaxe da película, é que é un ser moi especial.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (06/2021)

O artigo “Mi maestro el pulpo”, ou como facer psicoterapia cun polbo publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>
O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ https://thewildfest.com/2021/05/27/o-cinema-de-montana-non-tan-rara-avis/ Thu, 27 May 2021 11:50:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=1039 Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest Como en toda especialidade, canto máis se afonda, máis grande é a nosa ignorancia do mesmo, e o caso do cinema de montaña é un fenómeno canto menos curioso polo número e o nivel dos festivais e das producións que podemos enfeixar neste eido. A […]

O artigo O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

Como en toda especialidade, canto máis se afonda, máis grande é a nosa ignorancia do mesmo, e o caso do cinema de montaña é un fenómeno canto menos curioso polo número e o nivel dos festivais e das producións que podemos enfeixar neste eido.

A orixe desta temática cinematográfica vén reclamada sobre todo polos numerosos practicantes destas disciplinas deportivas, tan ligadas á introspección e á superación persoal como ao respecto polo planeta (e polas montañas).

Na península temos un festival moi destacado pola súa traxectoria e capacidade de convocatoria: o Bilbao Mendi Festival, que vén exhibindo os
mellores traballos do mundo de alpinismo, escalada, deportes extremos e
de temática medioambiental. É tamén un evento itinerante que adoita pasar polas nosas terras con notábel éxito.

Outro certame de calidade tremenda é o Festival de Cinema de Montanya de Torelló, con 39 edicións ás súas costas non acouga e cada ano exhibe filmes dunha beleza extrema.

Fotograma do documental Free Solo

Son decenas os certames a nivel mundial, todos decorridos acertadamente
en cidades e vilas montañosas. Destes destaco sen dúbida o canadense Banff Mountain Film. E máis que un festival, leva sendo o maior divulgador de contidos audiovisuais e gráficos para esquiadores, alpinistas e amantes do montañismo desde 1976.

Como recomendación cinematográfica cardíaca: Free Solo co inmenso escalador Alex Honnold, e para “descender” máis placidamente, a beleza dos cumes contada por Willem Dafoe en Mountain.

Algo único que transcende en case todos os filmes é que os protagonistas son dous: a montaña e o home. Isto é fascinante e o fundamento da paixón que xera. O público víveo sempre moi de preto porque son escaladores, esquiadores ou montañeiros que, sobre todo, aman a natureza e a presenza insuperábel e magnífica das montañas.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (24/04/2021)

O artigo O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>