eco arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com The Wild : Festival na natureza Thu, 22 Apr 2021 13:41:42 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.1.1 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png eco arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com 32 32 “Entre pastores e lobos”, a historia do home e a terra https://thewildfest.com/2021/05/06/entre-pastores-e-lobos-a-historia-do-home-e-a-terra/ Thu, 06 May 2021 11:55:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=977 Juan de Castro · Xestor e programador do The Wild Fest O documental galego ‘Entre pastores e lobos’ vén de gañaro Premio do público e o de Cine Sostíbel no prestixiosoFestival Internacional de cine do Medio Ambiente Suncine.Merecida lombeirada para un filme de fermosa riquezaetnográfica e natural. Coa fecunda produción cinematográfica galega de ficción adoitan […]

O artigo “Entre pastores e lobos”, a historia do home e a terra publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Juan de Castro · Xestor e programador do The Wild Fest

O documental galego ‘Entre pastores e lobos’ vén de gañar
o Premio do público e o de Cine Sostíbel no prestixioso
Festival Internacional de cine do Medio Ambiente Suncine.
Merecida lombeirada para un filme de fermosa riqueza
etnográfica e natural.

Coa fecunda produción cinematográfica galega de ficción adoitan ser escasos os traballos de carácter medioambiental e de natureza. Unha sorte, pois que Manuel Pedrosa e o seu equipo tiveran a ben traernos un filme tan redondo e puro.

A película lévanos aos vales e prados da Serra da Queixa, aos montes bastos e senlleiros do macizo central ourensán. Estes montes noutrora máis poboados e activos comezan a amosar o seu declive poboacional. Son as testemuñas dos poucos pastores que aínda resisten, os que nos amosan a vida sen domingos nin festivos nestas terras bravas de cabras, lobos e corzos.

Os teimudos e quedos pastores, e a pastora poeta Nieves, por suposto, introdúcennos nunha vida de inmersión e comuñón coa vida apegada a terra e aos seus ritmos, de vagar e en conivencia coas “bestas”, en especial cos queridos por uns e temidos por outros, os lobos. Un animal magnífico, que ligado ao home desde tempos ancestrais está sempre no debate dunha convivencia aínda sen resolver. Sempre perde o máis feble cando o instinto loita contra a orde e o desenvolvemento.

Fotograma do documental Entre Pastores e Lobos

Acompaña en toda a peza unha banda sonora exquisita e o bo facer dos realizadores e biólogos, que ademais dun esmerado guión, construíron con tesón unhas gravacións dos lobos no seu hábitat natural da serra loitando pola súa supervivencia, coma nós. O filme non deixa atrás as tradicións máis místicas e lúdicas desas terras como o adorado Entroido, do cal os galegos somos devotos.

Os nosos montes e os seres que o habitan están mudando. Nuns casos para ben e noutros para mal, segundo para quen, é o equilibrio propio dos ecosistemas. Cando os humanos desaparecen os animais voltan, uns son necesarios pero outros son continxentes. Cales?

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (27/03/2021)

O artigo “Entre pastores e lobos”, a historia do home e a terra publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>