Festival Ecolóxico arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com The Wild : Festival na natureza Wed, 26 May 2021 16:47:45 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.1.1 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png Festival Ecolóxico arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com 32 32 O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ https://thewildfest.com/2021/05/27/o-cinema-de-montana-non-tan-rara-avis/ Thu, 27 May 2021 11:50:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=1039 Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest Como en toda especialidade, canto máis se afonda, máis grande é a nosa ignorancia do mesmo, e o caso do cinema de montaña é un fenómeno canto menos curioso polo número e o nivel dos festivais e das producións que podemos enfeixar neste eido. A […]

O artigo O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

Como en toda especialidade, canto máis se afonda, máis grande é a nosa ignorancia do mesmo, e o caso do cinema de montaña é un fenómeno canto menos curioso polo número e o nivel dos festivais e das producións que podemos enfeixar neste eido.

A orixe desta temática cinematográfica vén reclamada sobre todo polos numerosos practicantes destas disciplinas deportivas, tan ligadas á introspección e á superación persoal como ao respecto polo planeta (e polas montañas).

Na península temos un festival moi destacado pola súa traxectoria e capacidade de convocatoria: o Bilbao Mendi Festival, que vén exhibindo os
mellores traballos do mundo de alpinismo, escalada, deportes extremos e
de temática medioambiental. É tamén un evento itinerante que adoita pasar polas nosas terras con notábel éxito.

Outro certame de calidade tremenda é o Festival de Cinema de Montanya de Torelló, con 39 edicións ás súas costas non acouga e cada ano exhibe filmes dunha beleza extrema.

Fotograma do documental Free Solo

Son decenas os certames a nivel mundial, todos decorridos acertadamente
en cidades e vilas montañosas. Destes destaco sen dúbida o canadense Banff Mountain Film. E máis que un festival, leva sendo o maior divulgador de contidos audiovisuais e gráficos para esquiadores, alpinistas e amantes do montañismo desde 1976.

Como recomendación cinematográfica cardíaca: Free Solo co inmenso escalador Alex Honnold, e para “descender” máis placidamente, a beleza dos cumes contada por Willem Dafoe en Mountain.

Algo único que transcende en case todos os filmes é que os protagonistas son dous: a montaña e o home. Isto é fascinante e o fundamento da paixón que xera. O público víveo sempre moi de preto porque son escaladores, esquiadores ou montañeiros que, sobre todo, aman a natureza e a presenza insuperábel e magnífica das montañas.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (24/04/2021)

O artigo O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’ publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>