The Salt of Earth arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com The Wild : Festival na natureza Sat, 26 Jun 2021 19:36:19 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.1.1 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png The Salt of Earth arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com 32 32 “La sal de la Tierra”, unha homenaxe ao planeta e a Sebastião Salgado https://thewildfest.com/2021/07/01/la-sal-de-la-tierra-unha-homenaxe-ao-planeta-e-a-sebastiao-salgado/ Thu, 01 Jul 2021 11:45:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=1174 Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest A potencia deste filme do gran Wim Wenders resulta conmovedora ata o extremo. É difícil non estremecerse fronte ao tratamento das imaxes dun dos fotógrafos máis impresionantes e personais do século XX. Lembro ben aínda as reportaxes de Sebatião Salgado que aparecían de cando en […]

O artigo “La sal de la Tierra”, unha homenaxe ao planeta e a Sebastião Salgado publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

A potencia deste filme do gran Wim Wenders resulta conmovedora ata o extremo. É difícil non estremecerse fronte ao tratamento das imaxes dun dos fotógrafos máis impresionantes e personais do século XX.

Lembro ben aínda as reportaxes de Sebatião Salgado que aparecían de cando en vez no Semanal de El País. Eu era ben cativo pero eses ollos dos míseros traballadores das minas de ouro non se me esquecerán xamais. A forza e textura do seu branco e negro metálico quedaron para sempre gravadas no meu imaxinario da crudeza desas vidas tan alonxadas das nosas.

O motivo de traervos esta película neste derradeiro artigo é o desexo de que sexa revisada como epílogo do que poderíamos valorar como o mellor e o peor da nosa tola presencia neste planeta que nos acolle, e que redunda na perenne mensaxe de coidado entre os seres humanos e o medio natural.

O filme de Win Wenders e Juliano Ribeiro Salgado, fillo de Sebastião, percorre a vida deste artista a través das súas viaxes e proxectos. Pola súa cámara pasaron as maiores desgracias humanas e medioambientais da época, imaxes desgarradoras ata o pranto, imaxes no que se perde, como lle pasou ao autor delas, a esperanza no ser humano e a súa inxustiza cega.

Fotograma de La Sal de la Tierra

Certamente Wim Wenders pasa de soslaio pola moral dos terribeis retratos, e nárranos como Sebastião Salgado queda totalmente baleiro despois da observación e divulgación de tamañas miserias. O filme é o relato e a vida dun home honesto, que despois de retratar tanto horror e quedar destruido, é quen de construir unha esperanza, persoal e global.

Coido que é bo que de cando en vez revisemos este filme. O poder da imaxe é inmenso en mans de xenios coma Sebastião, cando as palabras non son dabondo, cando os nosos ollos nunca estarán nese lugar, eses lugares e eses seres humanos recuperan a súa dignidade e tórnanse eternos.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (05/2021)

O artigo “La sal de la Tierra”, unha homenaxe ao planeta e a Sebastião Salgado publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>