CEIP Ría de Vigo arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com/tag/ceip-ria-de-vigo/ The Wild : Festival na natureza Wed, 26 May 2021 15:46:59 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.2.4 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png CEIP Ría de Vigo arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com/tag/ceip-ria-de-vigo/ 32 32 Alumnos do CEIP Ría de Vigo crean o Bosque da Lingua: Xela Arias https://thewildfest.com/2021/05/14/alumnos-do-ceip-ria-de-vigo-crean-o-bosque-da-lingua-xela-arias/ Fri, 14 May 2021 17:28:00 +0000 https://thewildfest.com/?p=1021 Celeste Conde | Responsable de Prensa The Wild O festival multidisciplinar The Wild leva a cabo un programa de concienciación medioambiental cos alumnos de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo. Un evento no que a dirección do centro de ensino facilitou e apoiou xunto coa Comunidade de Montes. Así, este venres 14 de […]

O artigo Alumnos do CEIP Ría de Vigo crean o Bosque da Lingua: Xela Arias publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>

Celeste Conde | Responsable de Prensa The Wild

O festival multidisciplinar The Wild leva a cabo un programa de concienciación medioambiental cos alumnos de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo. Un evento no que a dirección do centro de ensino facilitou e apoiou xunto coa Comunidade de Montes.

Así, este venres 14 de maio, o alumnado de 6º de primaria do colexio, puido gozar dunha camiñada polos sendeiros de San Miguel de Oia, coñecer o conxunto etnográfico de Os Muíños de Gontade e crear o Bosque da Lingua: Xela Arias, composto por un total de 12 carballos, un
por cada aula do centro, conmemorando deste xeito o Día das Letras Galegas.

Neste sentido, os rapaces e rapazas puideron aprender e executar todo o proceso de plantación, así coma coñecer as características botánicas da especie. Posteriormente, os diferentes cursos de primaria da escola irán visitar a zona e deixarán os seus poemas e escritos na árbore correspondente ao seu curso.

Miriam Gesteiro, coordinadora do proxecto, afirma que esta actividade “non só é saudable, senón tamén divertida e educativa para os nenos, conseguindo que coñezan mellor a súa contorna, que descubran a importancia de respectar o medio ambiente. Ao mesmo tempo, conmemoran dun xeito diferente o Día das Letras Galegas e a escritora e poeta Xela Arias, tan vencellada a cidade de Vigo e con ligazóns na nosa zona ”.


O artigo Alumnos do CEIP Ría de Vigo crean o Bosque da Lingua: Xela Arias publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>