ecoloxia arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com/tag/ecoloxia-2/ The Wild : Festival na natureza Thu, 08 Apr 2021 11:02:39 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.2.4 https://thewildfest.com/wp-content/uploads/2020/02/cropped-The-Wild-Simbolo@4x-e1581437191165-32x32.png ecoloxia arquivos - The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo https://thewildfest.com/tag/ecoloxia-2/ 32 32 Plásticos, un uso breve e unha longa pegada https://thewildfest.com/2021/04/08/plasticos-un-uso-breve-e-unha-longa-pegada/ Thu, 08 Apr 2021 13:02:37 +0000 https://thewildfest.com/?p=942 O desaforado emprego dos plásticos na nosa vida é un deses absurdos que o ser humano practica na súa galopada consumista. Podendo ser estes de moitas composicións diferentes, tardan entre cen e mil anos en descomporse. Digamos que son eternos. Juan de Castro Xestor e programador do The Wild Fest A nosa relación cos derivados […]

O artigo Plásticos, un uso breve e unha longa pegada publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>
O desaforado emprego dos plásticos na nosa vida é un deses absurdos que o ser humano practica na súa galopada consumista. Podendo ser estes de moitas composicións diferentes, tardan entre cen e mil anos en descomporse. Digamos que son eternos.

Juan de Castro Xestor e programador do The Wild Fest

A nosa relación cos derivados do petróleo naceu coa revolución industrial e da man da sofisticación do mercado e da demanda sen límite o seu uso non deixou de medrar e normalizarse. Mercamos unha mazá e levámola á casa nunha bolsa plástica cunha vida útil de 30 minutos e que permanecerá entre nós por séculos… xerando problemas para todo o noso ecosistema. Se nos paramos a pensalo un intre é terrorífico. De feito, os vasos de plástico tardan máis de mil anos e non se degradan totalmente senón que quedan reducidos a micro moléculas sintéticas que aínda que non se ven permanecen presentes. Pénseno ben cando pidan unha cervexa.

Un dos ecosistemas máis afectados é o mundo mariño debido, entre outras cousas, pola similitude entre as partículas de plástico e o zooplancton mariño. Os centos de especies que consomen estes lixos enferman, mutan ou morren. Tamén van ao noso prato pasando pois a formar parte do noso organismo. Un auténtico delirio.

Un bo xeito de adecuar o seu uso e tomar conciencia da magnitude do problema que legamos aos nosos descendentes pode ser o visionado de filmes como, A Plastic Ocean de Craig Leeson, impactante e desolador sen ambaxes, ás veces necesario para espertar e mudar a nosa mentalidade. Tédelo dispoñíbel en Netflix.

Fotograma do documental Plastic Planet

Outro traballo destacado, xa de 2009, é Plastic Planet de Werner Boote, tan revelador como devastador, amósanos a nosa relación co plástico, as multinacionais que o producen e as consecuencias do seu emprego sen control.

Bótenlle unha ollada a estes filmes. É moi probábel que nos fagan gañar consciencia da crise do plástico e pensemos en alternativas. Por que non modificamos os nosos hábitos de consumo?

O artigo Plásticos, un uso breve e unha longa pegada publicouse primeiro en The Wild Festival | Festival na natureza - San Miguel de Oia, Vigo.

]]>