ACTIVIDADES

Cinema
Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao aire libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.

Cativos e familia
Un festival deseñado para toda a familia, onde os máis pequenos terán tamén o seu espazo, un lugar para se divertiren e aprender.

Andaina
Andaina solidaria a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia e guiada pola Comunidade de Montes de San Miguel de Oia.

Orientaventura
Desde The Wild propoñemos esta actividade coa intención de intensificar a relación das persoas coa Natureza.

Gastro
Nun evento coma este, por suposto, non podemos deixar de lado a cociña. Comer nun festival pode ser unha mera parada técnica para repoñer enerxía ou toda unha experiencia gastronómica.

Artesáns
The Wild dedica este espazo a aqueles que teñen o privilexio, a carga e o orgullo de formar parte de todo o proceso de creación do seu produto.
MÁIS WILD CA NUNCA
Así foi a edición The Wild 2023