Contacto
Podes contactar connosco enviando un correo a thewild@thewildfest.com
Autorización a menores
Os menores de 14 anos non pagarán entrada. Os menores con máis de 14 anos terán que abonar a entrada, no caso que corresponda, igual que un adulto.
Os menores de idade, poderán acceder a todalas actividades e eventos de THE WILD, quedando en todo caso prohibido o consumo de alcohol e tabaco, e podendo procederse á expulsión do menor que infrinxa ditas prohibicións.
A Organización do Festival se reserva a facultade de solicitar o DNI, pasaporte ou calquer documento que acredite a idade do asistente á entrada do recinto ou porteriormente, dentro do mesmo.
Os menores de 16 anos deben ir acompañados polos seus pais ou titores, os cales deberán levar a documentación que os identifique como tales.
Durante a súa estancia no recinto, o acompañante será responsable de calquera acción que o menor realice.
Se o acompañante non é o pai, nai o titor legal, deben levar unha autorización de asistencia por parte do devandito pai, nai ou titor legal, acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.
Acceso animais
O The Wild permite o acceso ao recinto do festival de animais. Os cales deberán estar con correa en todo momento. Habilitaranse recipientes con auga para eles.
Cámping
THE WILD dispón de zona de acampada para os 3 días para que poidas disfrutar ao máximo e non perdas ningunha actividade.
A zona de acampada está situada lindeira ao recinto do Festival e contará con duchas e sanitarios para mellorar a túa experiencia e comodidade no evento.
A acampada abre o venres 30 ás 15:00h e pecha o luns 2 de setembro ás 12:00h.
O pago dos 5€ do camping coa entrada da dereito as estancias de venres, sábado e domingo.
Está totalmente prohibido o acceso ao recinto do camping con bebidas e comida, excepto para bebés ou alérxicos. Será motivo de expulsión do recinto sen reembolso da entrada.
O aforo é limitado e neste espazo permitirase só a instalación de tendas de campaña.
Furgos e autocaravanas
THE WILD habilita unha zona especial para furgos e autocaravanas durante os 3 días de festival.
O espazo para furgos e autocaravanas está situado lindeiro ao recinto do Festival e conta con todos os servicios cos que conta tamén o cámping.
Esta zona abre o venres 30 ás 15:00 h e pecha o luns 2 de setembro ás 12:00 h.
O aforo está limitado a 50 plazas segundo orde de chegada. As prazas son numeradas e non transferibles.
Como chegar
THE WILD terá lugar no Merendeiro situado no Parque Forestal de San Miguel de Oia situado a 10 km do centro de Vigo.
EN COCHE:
EN BUS:
- VITRASA Liña 11. E tamén dispón, de luns a venres, da liña 12A que terá parada en Camposancos, á altura do Camiño Esteriz a 1.5 km camiñando ata THE WILD.
Accesibilidade
Unha das pretensións de THE WILD é de consolidarse como un evento integrador. Un dos obxectivos é que o evento, o cal desenvolvese nun entorno natural sexa accesible para todo tipo de público.
Por esa razón, THE WILD non escatimará en esforzos e medios para que as actividades e espectáculos sexan o máis inclusivas posibles, para unha sociedade tan diversa como a nosa.
Co fin de achegar o festival ao maior número de persoas, desenvolveremos as seguintes propostas que faciliten a accesibilidade:
- Zona de aparcadoiro exclusiva para persoas de mobilidade reducida próxima a entrada do recinto.
- Persoal de apoio para persoas con necesidades especiais.
- Folletos, rótulos e mapas de sinalización para identificar as diferentes zonas do festival. Colocaranse carteis de maior tamaño, iconas e pictogramas con alto contraste cromático para facilitar a lectura ás persoas con visión reducida.
- Proxección dos filmes subtitulados para persoas con deficiencia auditiva.
- Zonas acoutadas e preferentes próximas aos escenarios para gozar das actuacións para unha óptima visibilidade e comodidade.
Estacionamento
- Vehículos particulares:
- Habilitarase un so sentido de circulación dende Camiño Esteriz posibilitando o estacionamento na beira esquerda da devandita vía.
- Estacionamento nas proximidades do Campo de Fútbol do Coruxo en Fragoselo. A 1.5 Km a pé ata THE WILD.
- Vehículos eco:
- Bicicletas e vehículos eléctricos 100% e outros respectuosos co medio ambiente terán un lugar reservado nas proximidades ao recinto do festival.
- Zona reservada a discapacitados:
- Haberá unha zona reservada na entrada o festival de uso exclusivo para persoas con mobilidade reducida.