Volve Salvaxesons,
o concurso de bandas emerxentes de The Wild!
A terceira edición de Salvaxesons repartirá 1.800 € en premios. As inscricións xa están pechadas e en breve anunciaremos as bandas seleccionadas.
Moita sorte a todos e todas as participantes.
Os duelos celebraranse no escenario da praza do Centro Comercial Vialia.
Agardámoste!
PRESENTADOR

RAFA VALERO
Rafa Valero é periodista, cofundador de CÍES Podcast e corresponsal de Marca en Vigo.
Comezou nos medios en Radio ECCA e máis tarde desenvolveu boa parte da súa carreira na Cadena Cope, donde traballou durante 22 anos. Posteriormente incorporaríase a Radio Marca, emisora na que permaneceu nove temporadas. Tamén é coautor do libro “Diez años sin el diez”.
XURADO
Arancha Vilas

Arancha Vilas é coñecida na contorna musical como ARiMagritte, a autora do disco Oráculo, Premio Maketón como mellor disco autoeditado. Arancha, licenciada en Publicidade e RRPP, dedicouse desde fai máis de 25 anos á comunicación offline e online, especialmente centrada en cultura, eventos e tecnoloxía.
Alfredo Dourado

Nado en Vigo é o baixista e cantante de A Roda. A súa formación é de filólogo e músico, atende ás dúas linguaxes, a literaria e a musical. A súa paixón é o baixo eléctrico, instrumento ao que se adica todos estes anos. En “A Roda” comezou de novo e xa leva toda unha vida, 32 anos nesta formación. Unha bagaxe ininterrompida, que combina coa súa participación en outras, moitas, diversas formacións de diferentes estilos. Actualmente é xurado na tvg en programas de corte tabernario, e centra a súa actividade na música tradicional/popular.
Roberto Penas

Avogado de formación, e escritor de vocación, naceu en Vigo en maio de 1965, nos anos nos que había tempo para todo. Estudiou en “los Maristas”, donde aprendeu os rudimentos do español, que non do galego, iso veu despois e con gran pracer. Finalmente, estudiou Dereito na Facultade de Santiago de Compostela. Durante anos miraba de esguelloo mundo literario e musical, e se aventuraba por él en escaramuzas ocasionais (poesía e contos), concertos, ata que gañou un premio. Malia que Roberto non ten formación musical regulada e non toca ningún instrumento, di ter bo oído e que gusta de descubrir o talento, ese que fai levantar a cabeza. Ainda que gusta do rock, blues, folk, new age, etc, o seu estilo preferido é o soul (alma). Roberto Penas (de seudónimo Robert White) resume a súa filosofía de vida nunha frase “Eu cando vexo un marciano, paro”.
Carlos Segovia

Titulado en Música. Doctor en Filosofía. Imparte clases na súa propia escola, músicaLaCarta, e en Musikenza. Dirixe La Portátil Big Band e colabora como músico de sesión con diferentes artistas e formacións. Compositor, arreglista e instrumentista de formación clásica e jazzística. Realizou estudos como alumno de Julius Andrejevas (Director do Teatro da Ópera de Lituania) e de Aldona Dvarionate (recoñecida concertista e alumna de Nehuaus en Moscú). Formou parte e colaborou con diferentes formacións dos máis diversos estilos musicais. O seu último proxecto é CAST, trío de piano, contrabaixo e batería co que interpreta as súas propias composicións.
