O desaforado emprego dos plásticos na nosa vida é un deses absurdos que o ser humano practica na súa galopada consumista. Podendo ser estes de moitas composicións diferentes, tardan entre cen e mil anos en descomporse. Digamos que son eternos.
Juan de Castro Xestor e programador do The Wild Fest
A nosa relación cos derivados do petróleo naceu coa revolución industrial e da man da sofisticación do mercado e da demanda sen límite o seu uso non deixou de medrar e normalizarse. Mercamos unha mazá e levámola á casa nunha bolsa plástica cunha vida útil de 30 minutos e que permanecerá entre nós por séculos… xerando problemas para todo o noso ecosistema. Se nos paramos a pensalo un intre é terrorífico. De feito, os vasos de plástico tardan máis de mil anos e non se degradan totalmente senón que quedan reducidos a micro moléculas sintéticas que aínda que non se ven permanecen presentes. Pénseno ben cando pidan unha cervexa.
Un dos ecosistemas máis afectados é o mundo mariño debido, entre outras cousas, pola similitude entre as partículas de plástico e o zooplancton mariño. Os centos de especies que consomen estes lixos enferman, mutan ou morren. Tamén van ao noso prato pasando pois a formar parte do noso organismo. Un auténtico delirio.
Un bo xeito de adecuar o seu uso e tomar conciencia da magnitude do problema que legamos aos nosos descendentes pode ser o visionado de filmes como, A Plastic Ocean de Craig Leeson, impactante e desolador sen ambaxes, ás veces necesario para espertar e mudar a nosa mentalidade. Tédelo dispoñíbel en Netflix.
Outro traballo destacado, xa de 2009, é Plastic Planet de Werner Boote, tan revelador como devastador, amósanos a nosa relación co plástico, as multinacionais que o producen e as consecuencias do seu emprego sen control.
Bótenlle unha ollada a estes filmes. É moi probábel que nos fagan gañar consciencia da crise do plástico e pensemos en alternativas. Por que non modificamos os nosos hábitos de consumo?
Nestes tempos de confinamento e televisión, aproveitemos para revisar coas futuras habitantes da Terra pezas audiovisuais que lles transmitan realidade e esperanza. Promovamos tamén unha mirada crítica fronte ao consumismo irracional
Juan de Castro, Xestor e programador do The Wild Fest
Para comezar forte propoño unha viaxe máxica co filme brasileiro O menino e o mundo, de Alê Abreu. Cun estilo sinxelo e cunha creatividade desbordante, cóntanos a través dos ollos dun neno o descubrimento dun mundo hostil e complexo. Unha marabilla da animación infantil, cun ritmo quedo e silente, que fará tamén acougar os actuais cardíacos cativos.
Non poderían faltar nesta listaxe calquera título do Studio Ghibli, con Hayao Miyazaki á cabeza. Ben a entrañábel O meu veciño Totoro, ben a aventura total de A princesa Mononoke, poden ser un bo arranque para que nenos e nenas tomen conciencia e partido na defensa da natureza, xa que focalizan nos cativos a acción, empoderándoos nesta tarefa.
Aínda que resulte tópico, sempre lembrarei o filme Cairo Branco como un certeiro exemplo para entender a parte máis salvaxe da natureza e da fauna. A historia do gran Jack London pode causar unha gran pegada para os desnortados púberes, transmitíndolles esa igualdade entre todos os seres que poboamos o planeta.
Pouco coñecido e moi conmovedor é o filme Efraín de Yared Zeleke. Cóntanos a historia dun neno etíope que descobre unha nova relación coa natureza e cos animais. Ideal tamén para viaxar a outras realidades xeográficas. Para que os cativos entendan o que pode supor o derretemento dos polos, nada mellor que as imaxes do explorador Robert J. Flaherty en Nanook, o esquimó, filme que aló por 1922 amosaba a insólita vida cotiá dunha familia Inuit.
E remato cunha cinta ben recente e localizada no noroeste ibérico, Entre pastores e lobos, gañadora de dous premios no último Suncine, precioso e máxico relato da necesaria simbiose entre humanos e animais.
Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (5/1/2021)
Temos a sorte de contar na península co Suncine, o festival máis lonxevo sobre cinema ambiental e conciencia ecoloxista do mundo. Case nada.
Juan de Castro Programador do The Wild Cinema
Recentemente renomeado Suncine, este festival fundamentado no activismo leva repartindo os seus Soles de Ouro ao longo de 27 edicións.
Fundado en Barcelona en 1993 da man do carismático e entusiasta Claudio Lauria, este certame naceu cuns principios férreos no seu discurso: O medio ambiente é un dereito humano. Unha consigna que se fai patente na construción da súa programación que, ininterrompidamente, veñen amosando edición tras edición.
Pertence o Suncine á clase de festivais que non só promoven as artes cinematográficas senón que se move cunha poderosa vontade de denunciar, educar e sensibilizar. Podemos afirmar que todo o cinema sobre medio ambiente, activismo e ecoloxía pasou polas pantallas do Suncine. Os creadores e organizadores deste certame teñen a convicción de prestar “un servizo público necesario e comprometido”, tarefa esta imprescindíbel nestes anos de certa desesperanza.
Mais chegar á posición decana e reputada que atesoura agora non foi doado, anos de concienciación e pedagoxía nas salas de proxección amosando os máis recentes traballos. De feito, é un dos poucos certames que en competición non acepta proxectos de máis dun ano de produción, isto certamente favorece que as problemáticas ambientais máis urxentes sexan difundidas.
Unha estupenda novidade deste ano son as seccións Suncine For Future e Suncine Edu, a primeira para potenciar o activismo entre os novos e a segunda cun obxectivo de concienciar os máis pequenos. Estas novas actividades paralelas veñen traídas claramente polos recentes movementos sociais ecoloxistas que estouparon a nivel mundial nestes anos entre os mozos e mozas máis novos, con Greta Thunberg como símbolo.
A cantidade de realizadores, artistas e persoeiros que pasaron por este festival resulta mareante. Desde Jane Goodall a Ken Loach, Hebe de Bonafini, Jeremy Irons, Fernando Trueba ou Steve McCurry (o famoso fotógrafo da nena afgá). Na súa web acóllense os filmes que do que fomos, somos e seremos.
Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (5/12/2020)
Os mergullos do Capitán Cousteau, os lobos de Félix Rodríguez de la Fuente ou Sir David Attenborough percorrendo e amosándonos o planeta enteiro.
Por Juan de Castro Programador do ‘The Wild Cinema’
Seguro que algunhas das túas primeiras imaxes inesquecíbeis do mundo natural e da biodiversidade foron da man dalgúns destes pioneiros dos documentais.
A divulgación científica e da natureza sempre avanzou grazas a colosos como eles, que entraron nos nosos fogares pola segunda canle do noso vello televisor. Aínda agora, esta canle de televisión pública estatal segue a ser o buque insignia da difusión dos grandes documentais internacionais.
Antigamente só National Geographic, a BBC ou algunhas produtoras europeas sacaban adiante a produción e distribución destes filmes de natureza. Agora son moitos máis os que teñen a capacidade de producir e difundir estes contidos; empresas de roupa deportiva e de aventura como Patagonia ou de bebidas como Red Bull son xa grandes produtoras de documentais, podedes consultar nas súas webs numerosos contidos moi orixinais.
Nas plataformas de filmes a demanda ou tamén no universal YouTube existe moitísimo material de gran calidade á vosa disposición.
En YouTube, tendes de balde a serie de documentais Human, un intenso retrato da humanidade, ou a magnífica e imperdíbel Baraka. As mesmas canles en YouTube de National Geographic e de BBC Earth teñen múltiples e magníficos filmes que merecen un visionado.
Os abonados a Netflix podedes aproveitar para ver Our Planet do mítico Attenborough, narrado aquí por Penélope Cruz. Destaca tamén no plano máis activista o filme Ivory Game. Na canle Discovery Chanel podedes visionar a suxerente miniserie Planet Earth I e II.
Para os que teñades a estupenda plataforma Filmin recoméndovos a galega Tempo, de Manuel Valcárcel, a serie Human Planet, xa antiga mais merece un visionado. E un sinfín de pezas máis. Por citar algunhas: Nanook, el esquimal, Happy People: Un año en la Taiga, El viaje de Jane…
Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (2/10/2020)
Contra todo prognóstico e adversidades o festival multidisciplinar The Wild decorreu os días 5 e 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo), un dos lugares con mellores vistas ás Illas Cíes
Por Juan de Castro, Xestor e programador do “The Wild”
Un evento para familias e público cun alto nivel de concienciación nos seus hábitos de consumo e de ocio, xa que todas as accións do festival orbitan fervorosamente ao redor de tres eixos fundamentais: a ecoloxía, a natureza e vida saudábel.
Inicio con esta pequena crónica, unha serie de artigos co obxectivo de difundir pezas cinematográficas que, ademais de posuír unha rica linguaxe no sector, comungan coa protección do medio e co decrecemento enerxético e de consumo que precisa de nós o planeta.
Partirei da programación do The Wild Cinema, que este ano tivo como liña principal a urxente necesidade de coidado das árbores e das masas forestais. O filme escollido para abrir a sección oficial foiTreeline, the secret life of trees(Jordan Manley 2019), unha fermosa peza documental, galardoada co Gran Premio no Mendi Film Festival, que delata a perda daconexión entre o ser humano e o mundo natural.
Tiveron tamén un espazo importante os montes galegos con O monte é noso (Llorenç Soler 1977) e Eucalyptus (Elena R. Flores, Miguel Souto, 2018) os cales, xunto coa presentación e debate da directiva da Comunidade de Montes de San Miguel de Oia, puxo de manifesto o traballo de recuperación e xestión no último medio século dos montes do mancomún, un dos fenómenos máis ricos, democráticos e construtivos que temos nas nosas terras.
Emprázovos pois á vindeira edición do The Wild, co cinema e todas a súas actividades paralelas. A mensaxe é clara, xeremos conciencia e cultura ecolóxica utilizando para iso todas as ferramentas que temos da nosa man. A miña é o cinema.
Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (12/09/2020)
As labores de limpeza e hixiene tamén poden supoñer un foco de contaminación e afección á saúde humana que poucas veces temos en conta, máis aló do que o seu propio envase supón.
Na situación na que nos atopamos, na que a convivencia cun virus obríganos a lavarnos e desinfectar a nosa contorna máis do que estamos afeitos, é interesante reflexionar sobre os tipos de produtos que utilizamos para iso.
A maior parte dos produtos de limpeza e deterxentes que utilizamos no noso fogar conteñen químicos contaminantes e substancias potencialmente perigosas para o medio ambiente, a nosa saúde e a dos nosos.
Xa fomos advertidos pola OCU de que moitos dos produtos que utilizamos, é recomendable que os evitemos por conter unha gran cantidade de ácidos, disolventes potencialmente nocivos para a saúde ou ser demasiado corrosivos… Algúns destes produtos poden mesmo empeorar a asma dos que o padecen ou provocar dificultades respiratorias, bronquite e hemicrania, se os espazos nos que os utilizamos non se ventilan de maneira correcta. Estas son claras sinais do noso organismo de que algo non lle senta ben. Sinais que deben ser escoitadas e atendidas. Pero, escoitaremos da mesma forma ao medio ambiente?
Ao planeta tampouco lle sentan ben este tipo de produtos e hai que ser especialmente coidadoso con eles en espazos abertos nos que a contaminación do chan (e os acuíferos que se atopan baixo os nososos pés) é relativamente sinxela.
Por iso, en THE WILD, optamos por alternativas que respecten o medio ambiente sen arriscar a saúde das persoas. Nesta segunda edición, para a limpeza dos espazos máis susceptibles de ser invadidos polo covid utilizarase un produto viricida adecuado para tal fin, pero respectuoso co medio ambiente. Este será de fabricación local e estará composto exclusivamente de alcois, glicerina e aloe vera, para que non perxudique a nosa pel nin a dos máis cativos. Para o resto de labores de desinfección, da mesma maneira, utilizaranse limpadores biodegradables e de fabricación nacional baixo os estándares de medio ambiente (ISO 14001) e de calidade ( ISO 9001). A maiores, todos os produtos estarán contidos en envases reutilizados e novamente reutilizables.
Un esforzo máis para acadar os nosos obxectivos de sustentabilidade e seguridade.
◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗
Las labores de limpieza e higiene también pueden suponer un foco de contaminación y afección a la salud humana que pocas veces tenemos en cuenta, más allá de lo que su propio envase supone.
En la situación en la que nos encontramos, en la que la convivencia con un virus nos obliga a lavarnos y desinfectar nuestro entorno más de lo que estamos acostumbrados, es interesante reflexionar sobre los tipos de productos que utilizamos para ello.
La mayor parte de los productos de limpieza y detergentes que utilizamos en nuestro hogar contienen químicos contaminantes y sustancias potencialmente peligrosas para el medio ambiente, nuestra salud y la de los nuestros.
Ya hemos sido advertidos por la OCU de que muchos de los productos que utilizamos, es recomendable que los evitemos por contener una gran cantidad de ácidos, disolventes potencialmente nocivos para la salud o ser demasiado corrosivos… Algunos de estos productos pueden incluso empeorar el asma de los que lo padecen o provocar dificultades respiratorias, bronquitis y migrañas, si los espacios en los que los utilizamos no se ventilan de manera correcta. Éstas son claras señales de nuestro organismo de que algo no le sienta bien. Señales que deben ser escuchadas y atendidas. Pero, ¿escucharemos de la misma forma al medio ambiente?
Al planeta tampoco le sientan bien este tipo de productos y hay que ser especialmente cuidadoso con ellos en espacios abiertos en los que la contaminación del suelo (y los acuíferos que se encuentran bajo nuestros pies) es relativamente sencilla.
Por ello, en THE WILD, optamos por alternativas que respeten el medio ambiente sin arriesgar la salud de las personas. En esta segunda edición, para la limpieza de los espacios más susceptibles de ser invadidos por el covid, se utilizará un producto viricida adecuado para tal fin, pero respetuoso con el medio ambiente. Éste será de fabricación local y estará compuesto exclusivamente de alcoholes, glicerina y aloe vera, para que no perjudique nuestra piel ni la de los más peques. Para el resto de labores de desinfección, de la misma manera, se utilizarán limpiadores biodegradables y de fabricación nacional bajo los estándares de medio ambiente (ISO 14001) y de calidad (ISO 9001). A mayores, todos los productos estarán contenidos en envases reutilizados y nuevamente reutilizables.
Un esfuerzo más para alcanzar nuestros objetivos de sostenibilidad y seguridad.
Algunha vez cuestionástesvos sobre como inflúen os vosos hábitos no medio ambiente? Sobre cal é a vosa pegada de carbono?
Algún día falaremos máis detidamente sobre a pegada de carbono, indicador IMPORTANTÍSIMO para avaliar o comportamento ambiental dun individuo, organización, produto ou evento, xa que reflicte a cantidade de gases de efecto invernadoiro (GEI) que emiten estes directa e indirectamente. Entre eses GEI está un ao que todos estamos familiarizados (ou iso espero), o dióxido de carbono ou CO2. Aínda que este non é o malo malísimo da historia, é o que se toma como referencia pois conta cunha concentración maior na atmosfera, a cal os seres humanos nos encargamos de aumentar ás veces sen pararnos un cachiño a pensar nas consecuencias.
Un dos factores que inflúe en nosa propia pegada de carbono é precisamente o tema de hoxe, o transporte. A continuación, deixo unha boa comparación coa que se entenderá perfectamente a importancia de decidir ben o medio a través do cal nos desprazamos:
Imos tomar como exemplo unha persoa que traballe a 2 km do seu domicilio e desprácese aproximadamente a mesma distancia a fin de semana cara aos lugares de lecer que frecuenta. Se os traxectos realízaos a pé ou en bicicleta non emitirá absolutamente nada, pero se os realiza en metro ou tren deixará unha pegada de 36,50 kg de CO2 ao ano; se o fai en autobús, de 90,50 kg de CO2 ao ano; en moto, 175,20 kg de CO2 ao ano e en coche, 277,40 kg de CO2 ao ano. E si, isto ocorre polo potencial contaminante do medio de transporte do que se trate. Pero a elección é nosa.
Así que as preguntas rediríxense á nosa conciencia… podemos compartir o noso vehículo particular para ir ao traballo e evitar que saian á estrada outros vehículos para realizar o mesmo traxecto, á mesma hora? Tendo a opción de utilizar o transporte público, optamos polo privado por comodidade? por qué non eliximos un supermercado máis próximo para poder ir e volver a pé? Se a nosa cidade ten carril bici… por que non aproveitalo?
En THE WILD traballamos na medida do posible por fomentar o transporte público e que compartades os vosos vehículos privados. Baixo unha situación ideal reduciríase ao mínimo o aparcadoiro de coches sen deixar de completar o aforo do evento.
Unha vez máis vos pedimos axuda para conseguilo. Somos conscientes de que a accesibilidade do lugar da celebración non é moi boa, que non todo o mundo pode chegar cos pulmóns en bo estado se decide ir a pé ou en bicicleta. Pero queremos que tomedes en consideración as liñas de VITRASA que cada ano habilítanse para a chegada ao festival ou a opción de compartir o taxi cos colegas. E se non resulta viable ningunha desas opcións, que cheguen polo menos os vehículos privados con todas as prazas ocupadas.
Lanzaremos máis iniciativas neste sentido, pero gustaríanos que o incentivo sexa algo extra, non determinante. Que as conciencias este ano griten máis forte. Que se algo bo deunos o parón polo estado de alarma foi unha “nova normalidade”, unha nova oportunidade para facelo mellor.
◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗
¿Alguna vez os habéis cuestionado sobre cómo influyen vuestros hábitos en el medio ambiente? ¿Sobre cuál es vuestra huella de carbono? Algún día hablaremos más detenidamente sobre la huella de carbono, indicador IMPORTANTÍSIMO para evaluar el comportamiento ambiental de un individuo, organización, producto o evento, ya que refleja la cantidad de gases de efecto invernadero (GEI) que emiten éstos directa e indirectamente. Entre esos GEI está uno al que todos estamos familiarizados (o eso espero), el dióxido de carbono o CO2. Aunque éste no es el malo malísimo de la historia, es el que se toma como referencia pues cuenta con una concentración mayor en la atmósfera, la cual los seres humanos nos encargamos de aumentar a veces sin pararnos un ratito a pensar en las consecuencias.
Uno de los factores que influye en nuestra propia huella de carbono es precisamente el tema de hoy, el transporte. A continuación, dejo una buena comparación con la que se entenderá perfectamente la importancia de decidir bien el medio a través del cual nos desplazamos:
Vamos a tomar como ejemplo una persona que trabaje a 2 km de su domicilio y se desplace aproximadamente la misma distancia el fin de semana hacia los lugares de ocio que frecuenta. Si los trayectos los realiza a pie o en bici no emitirá absolutamente nada, pero si los realiza en metro o tren dejará una huella de 36,50 kg de CO2 al año; si lo hace en autobús, de 90,50 kg de CO2 al año; en moto, 175,20 kg de CO2 al año y en coche, 277,40 kg de CO2 al año. Y sí, esto ocurre por el potencial contaminante del medio de transporte del que se trate. Pero la elección es nuestra.
Así que las preguntas se redirigen a nuestra conciencia… ¿podemos compartir nuestro vehículo particular para ir al trabajo y evitar que salgan a la carretera otros vehículos para realizar el mismo trayecto, a la misma hora? Teniendo la opción de utilizar el transporte público, ¿optamos por el privado por comodidad? ¿por qué no elegimos un supermercado más cercano para poder ir y volver a pie? Si nuestra ciudad tiene carril bici… ¿por qué no aprovecharlo?
En THE WILD trabajamos en la medida de lo posible por fomentar el transporte público y que compartáis vuestros vehículos privados. Bajo una situación ideal se reduciría al mínimo el aparcamiento de coches sin dejar de completar el aforo del evento.
Una vez más os pedimos ayuda para conseguirlo. Somos conscientes de que la accesibilidad del lugar de la celebración no es muy buena, que no todo el mundo puede llegar con los pulmones en buen estado si decide ir a pie o en bici. Pero queremos que toméis en consideración las líneas de VITRASA que cada año se habilitan para la llegada al festival o la opción de compartir el taxi con los colegas. Y si no resulta viable ninguna de esas opciones, que lleguen por lo menos los vehículos privados con todas las plazas ocupadas.
Lanzaremos más iniciativas en este sentido, pero nos gustaría que el incentivo sea algo extra, no determinante. Que las conciencias este año griten más fuerte. Que si algo bueno nos ha dado el parón por el estado de alarma fue una “nueva normalidad”, una nueva oportunidad para hacerlo mejor.