The Battle of Bands

Actualización:

Por mor do estrito protocolo de seguridade, este concurso foi CANCELADO.

The Wild pretende promover e fomentar os grupos e artistas locais. Por elo se propón o concurso de bandas BATTLE OF BANDS onde grupos e artistas que están a comenzar no mundo musical terán a oportunidade de mostrar o seu traballos. Procuramos que as bandas locais teñan un trampolín co que darse a coñecer non so noso contorno  se non tamén en Galiza.

Invitamos a tódolos grupos e bandas que queiran participar, a enviar unha maqueta co seu mellor tema. Os finalistas darán un concerto no certame The Wild o 4 de setembro en San Miguel de Oia, lugar onde se escollerá o gañador.

Condicións para participar en The Battle of Bands

Pódese participar ata o próximo 15 de xullo e está aberto a todos os grupos e solistas de calquera estilo sempre que un dos integrantes sexa nado en Galicia. Ademais, non deben ter máis dun disco editado.

Así, nunha primeira fase o xurado, composto por cinco persoas especializadas no eido musical, elixirán a 10 bandas do total dos inscritos que deberán competir para gañarse o favor do público, os encargados de escoller aos 5 finalistas que darán un concerto no certame The Wild previsto para o 4 de setembro en San Miguel de Oia.

Finalmente, e tras dalo todo sobre o escenario, o xurado decidirá ao gañador e a dous finalistas, que levarán unha dotación económica. Ademais, o solista ou a banda que consiga o primeiro premio abrirá os concertos do sábado 5 de setembro de grupos recoñecidos.