Queremos demostrar como o deporte pode ser un elemento inclusivo do ser humano e da natureza, aproveitando os recursos que nos porporciona o medio natural, e que supoña un auténtico reto para os atletas.
XACOBEO WILD RACE é máis ca unha OCR, é unha carreira de obstáculos que se celebrará en Vigo, no Parque Forestal de San Miguel de Oia, e incluirá elementos adaptados doutras disciplinas como CrossTraining, Strongman ou PaleoTraining que farán a competición máis completa e espectacular.
A edición de Xacobeo Wild Race aumentou o percorrido a 10 km e contou con máis de 40 obstáculos e desafíos naturais.
Esta proba dividiuse en dúas modalidades. Unha individual onde o atleta afrontou os diferentes obstáculos en solitario e onde os corredores poderán escoller entre categoría Elite ou Popular. Outro xeito de participar será a modalidade Wolf por equipos onde a estratexia e a colaboración dos seus integrantes será decisiva no resultado final.
NOVIDADE Temos un plan TOP, para os máis pequenos faremos unha carreira adaptada para que eles tamén gocen do medio natural e ademais fomentando o deporte.
Hai dúas categorías para os máis pequenos de 4 a 7 anos e outra categoría de 8 a 12 anos, un evento con obstáculos adaptados e ademais a un prezo simbólico moi reducido. Toda información en CCNORTE
Xacobeo Wild Race, a carreira de obstáculos que se cerebra no marco do festival multidisciplinar The Wild Fest, abre o período de inscrición este venres,