THE WILD CINEMA

The Wild Cinema presenta unha seleción de filmes nos que as protagonistas serán a natureza, a aventura e a sustentabilidade. Proxectados nun entorno natural, coas estrelas como teito e as árbores coma compañeiras de butaca. Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao aire libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.
Unha escolma de traballos audiovisuais nos que gozaremos da beleza e da forza do noso planeta, con especial foco no ser humano, o seu habitante co comportamento máis particular.
Apadriñados polo director de “Primavera do Cine” e “Galician Freaky Film Festival”, compracenos presentarvos este festival de Cine na Natureza.
“Unha boa película e coma un bo viño; dura un instante e deixache na boca un sabor a gloria; é novo en cada sorbo e, como ocorre cos bos bos viños, nace e renace en cada saboreador”
Federico Fellini
THE WILD CINEMA exhibirá pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA ou o Wilscreen coa intención tamén de abrir mentes e xerar conciencias. Estes filmes serán o espello no que poderemos recoñecernos tal como somos, responsables, osados, comprometidos e xenerosos pero tamén contaminantes, consumistas e egocénticos. Non podemos esquecer que este planeta no é soamente noso, e valores como a cultura a solidariedade e a empatía deben estar en alza!
Esta mostra está construída por Juan de Castro, vén profesionalmente do eido da enxeñería e a arquitectura, mais no último lustro concentra todas as súas enerxías na xestión cultural, como Experto Universitario en Xestión Cultural pola USC, e na produción de proxectos cinematográficos e eventos culturais. É presidente de Reencanto Producións, entidade organizadora da Mostra do Posible, o Festival Primavera do Cine e do Galician Freaky Film Festival, sendo o director destes dous últimos. Foi convidado como xurado e programador en festivais de cinema en España e Portugal.
O NOSO PROGRAMA
As sesions de THE WILD CINEMA mais cineastas xamais vistas. VENRES 28 a partir das 20:00CHASING THE THUNDER
Documental ambientado na alta mar sobre a persecución dun barco de pesca ilegal: o Thunder. A organización activista Sea Shepherd —ao mando do Capitán Peter e do Capitán Sid— perseguiu ao Thunder durante 16.000 km a través de icebergs antárticos e tormentas austrais, pasando polo océano Índico e polas augas de África Oriental e do Atlántico Meridional. As tripulacións do Sea Shepherd fustrigaron durante máis de tres meses e por todos os océanos, ao barco de pesca furtiva máis famoso do mundo.
Director: Mark Benjamin, Marc Levin
Duración: 96 min
Ano: 2018
O QUE MEDRA POR DENTRO
Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a piques de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable disto tratando de arranxar ese anterior intento errado. Cris fará o posible por impedilo de novo.
Director: Nacho Ozores
Duración: 17 min
Ano: 2019
VIACRUXIS
Marcel e Andrezj son unha lexendaria parella de montañeiros que acadaron as maiores fazañas a pesar dos seus temperamentos tan diferentes. Agora enfrontaranse ao reto máis difícil, e a convivencia entre ambos será cada vez máis complicada.
Director: Ignasi López
Duración: 11 min
Ano: 2018
EOS
Esta peza é unha narrativa experimental na tradición de rarezas cinematográficas existencialistas como Baraka, Koyaanisqatsi e Samsara. Invocando metáforas etéreas de "A viaxe do heroe", a través da homenaxe das antigas filosofías orientais e os fenómenos arquetípicos, e reflectida na maxistral ícono do surf longboarding, Kassia Meador. EOS examina a odisea que é a conciencia. O espectador segue a unha muller que está vinculada a unha existencia temporal, mentres se embarca nun éxodo a través das forzas da marea da vida, a morte e unha dualidade metafísica.
Director: Bruce Muller
Duración: 25 min
Ano: 2018
M6NTHS
M6NTHS é unha película empática sobre un animal en cautiverio, que
anhela o exterior.
Un animal que comparte con nós a capacidade de soñar, que é
intelixente, curioso, social y sensible, e no que podemos recoñocer
claramente unha alma. Un animal que pode vivir ata dez anos en
liberdade, pero so seis meses baixo o noso coidado.
Sen efectos, voz en off ou presentador, este filme mudará para
sempre a túa
Director: Eline Helena Schellekens
Duración: 12 min
Ano: 2018

ONE BREATH AROUND THE WORLD
Apaga a luz, pon os teus auriculares e mergúllate na miña apnea ao redor do mundo.
Director: Julie Gautier Guillaume Néry
Duración: 13 min
Ano: 2019
CINE E NATUREZA
