Zona Cativos

THE WILD promete un concepto de festival deseñado para toda a familia, onde os máis pequenos terán tamén o seu espazo, un lugar para se divertiren e aprender.

Obradoiros

The Wild aposta pola educación e a sensibilización dos máis pequenos xa que ben e certo que o futuro estará nas súas mans.

Contaremos cunha ampla variedade de obradoiros nos que poderán participar tódolos rapaces, e na que non so pretendemos que os cativos pasen un bo rato se non que ademais aprendan e conecten coa natureza e cos valores que defende o festival.

Obradoiro de Coiro

Como facer pulseiras e diferentes trenzados con coiro.

Obradoiro de reciclaxe e consumo sostible

Busca do Tesouro

Orientación, probas e busca de “tesouros” no recinto do festival.

Representacións e actuacións infantís

Para os peques non soamente haberá obradoiros en The Wild. Unha ampla oferta de actuacións están previstas para facelas delicias dos mais cativos. Diferentes actividades adicadas o público infantil completarán a oferta neste apartado. Unha mostra son:

Pallaso Popín

Máis de 40 anos dedicado ao mundo da animación e actuación, facendo rir (inevitablemente) a todos os asistentes polo seu descaro, desvergoña, ocorrencias e permanente improvisación.

Cé Orquestra Pantasma

Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país, coa música como elemento común.

Espectáculo de Maxia

Os espectáculos familiares de Magia en la Manga están pensados ao detalle para ofrecer diversión, sorpresas e imposibles a todos os públicos en practicamente calquera situación. Maxia visual, entretida, participativa e impactante que gustará a cativos e adultos por igual.

Contacontos e moito máis…