Queremos demostrar como o movemento pode ser un elemento inclusivo do ser humano e da natureza, aproveitando os recursos que nos porporciona o medio natural, e que supoña un auténtico reto para os atletas.
XACOBEO WILD RACE é máis ca unha OCR, é unha carreira de obstáculos que se celebrará en Vigo, no Parque Forestal de San Miguel de Oia, e incluirá elementos adaptados doutras disciplinas como CrossTraining, Strongman ou PaleoTraining que farán a competición máis completa e espectacular.
A nova edición de Xacobeo Wild Race aumentará o percorrido a 8 km e contará con máis de 35 obstáculos e desafíos naturais.
Esta proba dividirase en dúas modalidades. Unha individual onde o atleta afrontará os diferentes obstáculos en solitario e onde os corredores poderán escoller entre categoría Elite ou Popular. Outro xeito de participar será a modalidade Wolf por equipos onde a estratexia e a colaboración dos seus integrantes será decisiva no resultado final.
Afronta o desafío, inscríbete xa!
Inscrición Wild Race
Información
Modelo : OCR
Dificultade: MEDIA
Distancia: 8 km e máis de 35 obstáculos
Data: 5 de Setembro do 2021
Lugar: Monte San Miguel de Oia (Vigo)
Máis info en: thewildrace@thewildfest.com
Permanece salvaxe!
Continúa a túa preparación durante o confinamento. Aquí tes algúns adestramentos que podes facer en casa para permanecer salvaxe!