
The Wild promove un concepto de festival deseñado para toda a familia, onde os pequenos terán tamén o seu espazo, un lugar para divertirse e aprender.
OBRADOIROS
The Wild aposta pola educación e a sensibilización dos máis pequenos xa que ben e certo que o futuro estará nas súas mans.
OBRADOIRO DE ESCALADA
A escalada e a trepa son unhas das actividades das que máis disfrutan os cativos, e son moi recomendables para eles non só polas sensacións que provoca, senón porque son unhas disciplinas moi completas, tanto a nivel físico como mental.
Impartido por Javier Rodríguez Fernández membro do Clube de Escalada dos Montañeiros Celtas.
Sábado e Domingo de 15:00 h. a 17:00 h.
Para nenos de 5 a 14 anos.

OBRADOIRO PINTURA
Obradoiro de pintura na Natureza. Trátanse de mostrar técnicas de pintura para nenos e maiores que fomentan o gusto e a curiosidade polas manifestacións artísticas.
Ademáis haberá unha sección para os máis cativos de PintaCaras.
Impartido por Sara Iglesias Licenciada en Bellas Artes.
Sabado e Domingo de 15:00 a 18:00
Para Nenos e Maiores de 3 a 99.


WILD CIRCUS
Trátase básicamente de amarrarse, trepar e colgarse das teas aéreas poñendo en forma o seu corpo, ademáis de experimentar a impresionante sensación de estar a flotar.
Tania (@aerialtry) que é a responsable de este obradoiro, realizará ademáis pola noite, un espectáculo / performance titulado: MAXIA CELTA.
Sábado de 15:00 a 18:00
REPRESENTACIÓNS e ACTUACIÓNS INFANTÍS (CONCERTOS, CONTACONTOS, ETC…)
Para os pequechos non soamente haberá obradoiros en The Wild. Unha ampla oferta de actuacións están previstas para facer as delicias dos máis cativos. Diferentes actividades dedicadas ao público infantil completarán a oferta neste apartado.
Unha mostra son:
Concerto de Punk Infantil
- Con Peter Punk e Brais das Hortas. Dous cantantes, un de punk e outro infantil, condenados a compartir escenario o que acabará nun delirio musical. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos onde está presente o concepto punk máis aló do superficial, unido directamente co mundo infantil e as inquietudes dos pequenos.

Ce Orquesta Pantasma
- Consigue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas mais arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento.

Contacontos
- Xornada de contos para os mais cativos a cargo de Miguel Angel Alonso Diz.


E máis….