Corizonas

O que comenzou como unha insólita colisión entre dúas bandas tan dispares, musical e xeracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas (Dúas Bandas e Un Destiño) só podía converterse nunha fulgurante traxectoria dunha nova proposta musical, habitual nos principais festivais de verán, cun riff demoledor de guitarras ácidas que cabalgan a tormenta sónica que só unha banda como Corizonas é capaz de conxurar.
Aurora & The Betrayers

Esta banda é unha especie de rara avis de calidade indiscutible e personalidade irresistible. O é porque soubo poñer a mirada no pasado e aderezando o seu son cara a un toque persoal e arriscado. A maxia e enerxía dunha voz inconfundible, a de Aurora García, un ciclón de alma soul e rock a partes iguais.
Aphonnic

Se hai unha banda que saiba diferenciarse e que sexa experta en asomar o fuciño por encima do resto de raposos, eses son os vigueses Aphonnic. O seu potente son en directo e a súa irresistible posta en escena, acompañada con bases de samplers, dan un toque máis conceptual.
WONDERCOVERS

Fai homenaxe aos grupos pioneiros dos 60’ s, 70’ s, 80’ s e 90’ s desde un punto de vista respectuoso e persoal. Este grupo está formado por músicos da escena galega, e ofrece un concerto dinámico e cheo de adredanalina, entregando ao público a enerxía que o xénero esixe, xogando cun cancioneiro variado e reconocible.
IVÁN ALONSO


Iván é un DJ nacido en Vigo que conta cunha traxectoria de máis de 500 shows en discotecas galegas. estivo presente en festivais tales como O Marisquiño e realizou sesións especiais para Europa FM, Aquasella On Road, Vigo Street Stunts, etc. Tamén actuou na maioría de salas viguesas, así como outras da Comunidade Autónoma.
Destaca por presentar un amplo abanico musical, cunha elaborada técnica con sets a catro canais.
CRISS GLOSS

Bailarina con Juan Magan, david Guetta, tiesto,…. actuando en salas referentes de España Portugal, Santo da el salto a las cabinas en 2019 con influencias Afrohouse, dance, electrónico…..