Construímos novamente unha escolma cos mellores e máis impactantes filmes nos que a temática está enfocada na natureza, a aventura e a sustentabilidade. Cunha curaduría feita por Juan de Castro, exdirector do Primavera do Cine e director do GFFF, programará unha sección oficial co traballos procedentes dos mellores festivais de cinema de temática ecolóxica, medioambiental e activista.
Exhibiranse unha selección de pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen coa intención de dotar ao de The Wild Cinema das máis actuais e premiadas producións do panorama do cinema mediambietal internacional.
Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao ar libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.

VENRES 8 DE XULLO
SESIÓN 1 – 18:00
Yo soy cenote
Daan Verhoeven, Reino Unido, 2020, 3´
A apneísta Camila Jaber, quen a base de esforzo e disciplina desenvolveu a capacidade de ir ás entrañas da Terra, o mundo acuoso onde todo nace. Trae consigo unha mensaxe importante: a conservación dunha das reservas de auga e do patrimonio cultural máis importantes do mundo.

El silencio de las flores
Julio Mas Alcaraz, España, 2021, 16´
Como todas as mañás, Dania deixa a Ruth na escola e vai cara á súa florería. O que comeza como un día normal na tenda tórnase estraño cando acontece un evento inesperado.

Un vestige
Robin Iff, Francia, 2021, 2´
Francia, 2050. Nunha praia de Normandía, unha nena fai un abraiante descubrimento…

Först här (Not until now)
Clara Bodén, Suecia, 2021, 7´
O autor estadounidense Wendell Berry escribiu: “A conexión coa terra, coas orixes das comunidades locais e as economías agrícolas, faise cada vez máis abstracta e caracterízase cada vez máis por unha falta de conciencia”. Que supón esta falta de conciencia na nosa percepción do bosque?

Monkey Domino
Ulf Grenzer, Alemaña, 2021, 5´
Un mono ten morriña da súa vida na selva. No zoolóxico coñece a un pai e á súa filla, que é unha amente dos animais. O ocupado pai non acouga do traballo a través do móbil e do portátil, mentres que o orangután e a nena divírtense xuntos. Unha cadea de acontecementos vai mudar a súa engailada vida para sempre.

Motvind (Headwind)
Jon Vatne, Noruega, 2021, 13´
Nun penedo azotado polo vento, Birgit libra unha batalla contra os aeroxeradores e polo seu matrimonio e contra Trond, o policía que veu disuadila. Con agarimo, bolo de chocolate e vontade de aceiro, ela desafía ao seu marido nun inesperado duelo .

SESIÓN 2 – 19:30
Churchill, Polar Bear Town
Annabelle Amor, Francia, 2021, 38´
Todos os anos no norte de Canadá, os osos polares migran á baía Hudson para cazar focas. De outubro a novembro, á espera de que se forme as placas de xeo, residen nos arredores da cidade de Churchill. Cazados durante moito tempo, son agora protagonistas dos safaris. Os osos convertéronse nunha atracción turística e, polo tanto, nunha fonte de ingresos para Churchill.
Premios: Special Mention of the Jury – 2022 en Clermont Ferrand.

Nowhere
Alexander Gudmestad, Noruega, 2021, 11´
Nowhere é unha viaxe meditativa pola paisaxe relaxante da natureza e a realidade caótica da humanidade en busca da épica beleza e crúa realidade. O filmes está musicalizado polo trío de jazz Past Present & Tortusa.

The Burning life of Burney
Maurine Fauvert, Noelina Faury, Jordan Placé, Benjamin Makki, Benjamin Gachot, Samuel Besseau, Thomas Langlois, Marjorie Sautel, Francia, 2021, 6´
Barney, unha bolsa de plástico ansiosa por ter unha nova vida, parte en busca dun camión de reciclaxe, pero as rúas da cidade van ser despiadadas con el.

Blue moon
Vytautas Kazlauskas, Lituania, 2021, 9´
A alegórica viaxe dunha balea polo espazo, revivindo a súa vida, que sorprendentemente, se asemella á nosa.

SÁBADO 9 DE XULLO
Eating our way to extinction
Ludovic & Otto Brockway, EEUU, 2021, 81´
Este filme leva ao público nunha viaxe cinematográfica por todo o mundo, desde as profundidades das selvas amazónicas ata as montañas taiwanesas, o deserto de Mongolia, o Dust Bowl dos Estados Unidos, os fiordos noregueses e as costas escocesas, contando a historia do noso planeta. A través de testemuños impactantes, relatos conmovedores dos indíxenas máis afectados polo constante cambio no noso planeta, figuras de renome mundial e destacados científicos. Este poderoso documental envía unha mensaxe sinxela pero impactante ao descubrir verdades duras e abordar, na pantalla grande, o tema máis apremiante da nosa xeración: o colapso ecolóxico.

DOMINGO 10 DE XULLO
Stolen Fish
Gosia Paulina Juszczack, España/Reino Unido/Polonia, 2020, 30´
O país máis pequeno de África, Gambia, está quedando sen peixe. Desde que apareceron as fábricas chinesas de fariña de peixe, a maioría delas son transformadas en alimento para animais e enviadas a China e a Europa. A pesar das protestas, os grandes negocios neocoloniais florecen, e as promesas de novas estradas e centos de empregos resultan un espellismo ilusorio. As historias dos pescadores Paul e Abou e a vendedora de peixes Mariam crean un marco íntimo para a historia do desenvolvemento roubado á África Occidental e a urxencia de buscar unha vida mellor en Europa.

Mondo Domino
Suki, Francia, 2021, 7´
Cun ruído ensordecedor de motoserras, os madeireiros tararean felices mentres talan árbores para ser usadas como decoración nun desfile de moda. Unha sátira de debuxos animados contemporáneo, en forma de traxicomedia musical de acción burlesca, lévanos a un remuíño delirante de reaccións en cadea tan caóticas como grotescas…

Machine Age
Sarah Stirk, Reino Unido, 2020, 7´
Machine Age é unha experiencia visceral do mundo mecanizado da produción industrial de ovos. Usando material de investigación, esta curtametraxe mergúllanos nas imaxes e sons da vida detrás dos muros dunha granxa industrial.

Packing a wave
Edu Glez, España, 2021, 8´
Unha pequena náufraga chega inconsciente a unha illa deserta aparentemente paradisíaca. Despois de espertar explora a illa e descobre que, máis ben, é un vertedoiro.

Fire Season
Quinn Else, EEUU, 2021, 8´
Mentres os incendios forestais asolan California, os espectadores rexistran a ira da natureza. Fire Season documenta os estraños espectadores que se reúnen arredor dos incendios forestais no sur de California. A película recolle os grandes incendios que se produciron entre 2017 e 2020.

My Last Day of Summer
Kristina Wayte, EEUU, 2019, 9´
É o último día do verán e Julia está na tenda local de bicicletas coa esperanza de que lle arranxen a súa bicicleta. Mentres agarda percorre a tenda ata que se atopa cun cómic. Mesturada coa súa imaxinación, introdúcese nun paseo único.

Aquí podes consultar a Sección Oficial do ano pasado