Desde The Wild propoñemos esta actividade coa intención de intensificar a relación das persoas coa Natureza poñendo a proba a capacidade de orientación e o traballo en equipo, os coñecementos e as habilidades físicas, para que poidan vivir unha experiencia única e memorable.
Con estas premisas deseñamos unha competición de aventura por equipos accesible a todos os públicos que combina orientación con mapa, divertidas probas físicas e de coñecemento.
A encargada deste evento será a empresa colaboradora especializada en actividades outdoor, TERRITORIO COMANCHE (www.territorio-comanche.com) cunha ampla experiencia no deseño e organización de actividades deste tipo guiará esta orixinal actividade a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia.


Cando
10 de xullo ás 10:30h.
Prezos
- Ata o 26 de xuño: 12€ por persoa.
- Do 27 de xuño ó 6 de xullo: 15€ por persoa.
- Menores de 6 anos: de balde.