Concertos

Arizona Baby

Marcaron un antes e un despois na música española co seu indeleble selo de marca: austeridade sonora e filosofía básica. Cando lles piden que definan o seu son, gústalles dicir: “simplemente, somos un grupo de rock. Nesa etiqueta entran unha chea de sons e influencias, desde o country ou o soul á psicodelia, o blues, o funk… Todo iso é Arizona Baby”.

Terbutalina

É un grupo galego, de Muros. A súa música é unha explosiva mestura de  garaxe e punk, que definen como  garaxe – punk festeiro.

Escuchando Elefantes

Son dúas voces que chegaron a soar como unha. A  dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos.

The Broke

É un grupo de Rock cunha forte presenza vocal e de riffs de guitarra acompañados dunha base rítmica sólida, nun estilo que eles mesmos denominan como  Broke’ n’ Roll.

Ollo Lostrego

É un trío galego de rock con tinguiduras, e certas influencias do rock alternativo e progresivo. Intentan nos seus temas conxugar a gran variedade de estilos musicais polos que se senten influenciados e  tratan nas súas letras a relación humana coa natureza.

EX Hereda

Banda nada entre Bilbao e Xirona e asentada finalmente en Vigo. As influencias de EX Hereda recorren un amplo espectro do Rock Alternativo e Progresivo, como pode ser The Mars Volta, Byffy Clyro ou Arcane Roots.

Blues do país

Blues. Si, señora,  blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país.  Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata  Missouri.

Cé Orquestra Pantasma

Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Espectáculo divertido e dinámico, dálle ao público a posibilidade de recuperar o protagonismo activo sobre a súa diversión

Protocolo Covid-19