Unha escolma cos mellores e máis impactantes filmes nos que a temática é de novo a natureza, a aventura e a sostibilidade.
SÁBADO
Treeline, The Secret Life of Trees

Dir.: Jordan Manley
Nun mundo no que corremos o risco de que a conexión entre a humanidade e o mundo natural se perda, Treeline, dirixida por Jordan Manley, foi galardoada co Gran Premio Mendi Film Bilbao-Bizkaia 2019.
O filme dá a coñecer unha orde superior e unha rede de intelixencia natural que existiu desde fai millóns de anos, moito antes que a nosa. Con imaxes evocadoras, personaxes sutís, a ciencia como protagonista, unha banda sonora misteriosa e un argumento convincente, a película transmite unha mensaxe que deberiamos escoitar, para poder protexernos e protexer aquilo que nos rodea.
Rewild

Dir.: Ernest Zacharevic, Nicholas Chin
Esta película forma parte da campaña de arte activista Splash and Burn dentro dun novo proceso de restauración forestal ás beiras do ecosistema Leuser, que amosa un símbolo de Rewind gravado nunha plantación de aceite de palma en Sumatra, Indonesia.
A narración discurre ao revés, rebobinando o reloxo da deforestación para desfacer os danos causados pola produción insostible dunha das mercadorías máis versátiles do mundo.
Where the Wild Things Keep Playing

Dir.: Krystle Wright
Serie de traballos da directora Krystle Wright amosando a faceta deportiva e aventureira das mulleres do século XXI, diante e detrás da cámara.
Sleepless, Repeat Until Death

Jorik Dozy, Sil Van Der Woerd
Precioso filme no que un mineiro mongol leva á súa filla enferma dende a contaminada cidade para ver ao chamán. Ao atopar un novo fogar cos pastores de renos no bosque, decátase de que este mundo tamén está cambiando.
Ulán Bator, en Mongolia, é a capital máis contaminada do mundo. Cada inverno, ata 220.000 fogares queiman carbón, no mellor dos casos, para manterse quentes.
A tribo nómade Tsaatan (pastores de renos) vense obrigados a retirarse da natureza por un clima en constante cambio que debilita aos seus animais e ameaza coa extinción de toda a súa cultura. Hoxe só quedan 40 familias tsaatanás.
DOMINGO
O monte é noso

Dir.: Lorenzo Soler
Documental sobre a defensa do monte mancomunal en Galicia, relata a historia da loita das persoas do rural galego polo dereito ao monte, que historicamente sempre foi de propiedade comunal, onde as persoas ían buscar leña, colocaban os animais para pastar e recadaban produtos alimenticios naturais, como a castaña ou as landras.
Eucalyptus

Dir.: Elena R. Flores, Miguel Souto
“Non debemos chamarlle bosque ao que non o é” Esta produción audiovisual reúne a voz de diversos expertos para relatar como as reforestacións baseadas na priorización desta especie foránea afectan e destrúen a biodiversidade autóctona en favor dun modelo económico e forestal moi concreto.
In Perpetual Motion

Dir.: Krystle Wright
Unha viaxe visual a través do momento no que a fotógrafa é golpeada no fondo do océano, In Perpetual Motion capta a mistura de ambición e medo na procura de imaxes incribles. A directora, Krystle Wright sae de detrás da cámara e comparte connosco un autorretrato da súa vida como fotógrafa de aventuras.
DreamRide

Dir.: Ryan Gibb
Entra nun mundo de soños onde os sendeiros nunca rematan. Onde a promesa de ledicia e liberdade existe en cada curva. Fai unha viaxe máxica por fermosas paisaxes e únete a nós neste DreamRide. Filmado en Utah, Nevada, California, Oregón e Washington no outono de 2015.
Where the Wild Things Play

Dir.: Krystle Wright
As mulleres están cada vez máis presentes no mundo deportivo e da aventura, como protagonistas diante e detrás da cámara.
Ashes and Snow

Dir.: Gregory Colbert
Escrita, dirixida, producida e filmada por Gregory Colbert, o filme Ashes and Snow captura momentos extraordinarios de contacto entre persoas e animais visto dende a lente da cámara do artista en máis de trinta expedicións a algúns dos lugares máis remotos da terra. , un estudo poético que representa o mundo non como é, senón como podería ser, un mundo no que non existen as fronteiras naturais e artificiais que separan aos humanos doutras especies. A experiencia visual é unha sorte de marabilla e contemplación, serenidade e esperanza.
Curadoría
Juan de Castro, director do GFFF e ex-director do Primavera do Cine, formula unha programación con traballos procedentes dos mellores festivais de cinema de temática ecolóxica, ambiental e de activismo.
Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao aire libre e con todas as vantaxes dun festival total como The Wild.
Unha selección de pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA ou o Wilscreen coa intención tamén de abrir mentes e xerar conciencias.
