Zona Gastro

Nun evento como este, por suposto, non podemos deixar de lado a cociña. Comer nun festival pode ser unha mera parada técnica para repoñer enerxía ou toda unha experiencia gastronómica. Para iso e seguindo os valores do festival tentaremos irmandar variedade, sostibilidade e calidade para satisfacer todo tipo de padais. Nesta edición teremos a:

ROCK & DOG

Están destinados a ser unha alternativa de calidade aos postos de comida tradicional. Fomentan o consumo de materias primas de calidade fóra da casa, estar nunha festa ou nun concerto non significa ter que comer peor. Rock & Dog é un posto de Street Food, que quere ofrecer diversión e boa comida en abundancia. O lugar onde comer é moito máis que comer. Neste Come and Street ofrecerán a súa versión máis doce con algúns gofres espectaculares entre outras interesantes propostas.

Cada prato está deseñado para ser degustado. Isto non é só comer, é gozar.

LA PEPITA

La Pepita naceu cun claro obxectivo, revolucionar a hamburguesa tradicional, simplemente apostamos por carnes de primeira clase elaboradas na grella, acompañadas dos mellores e máis frescos ingredientes combinándoos dun xeito sorprendente e onde todo está feito no momento.

#Lapepitaontheroad: Convertemos un autobús do campo de Inglaterra do sur, un Lodekka do 66 no noso restaurante móbil para gozar dunha Pepita ao aire libre.

LA CRÊPE DE LA CRÊPE

LA CRÊPE DE LA CRÊPE pode gustarvos salgado ou doce !! As nosas crêpes son perfectas para aqueles que queiran comer unha boa comida (gozar do bocadillo bretón de xamón, queixo de cebola caramelizada e tomate…) ou simplemente gozar dunha nota doce con chocolate, doce de leite, froitas, froitos secos, etc.

LOLO PIZZAS

As mellores pizzas feitas no momento nun forno de pedra e con ingredintes naturais.