OS ULTIMOS ARTESÁNS. (Arte e Artesanía)
THE WILD adica este espazo para aqueles que teñen o privilexio, a carga e o orgullo de formar parte de todo o proceso de creación do seu produto: dende o deseño e a selección de materiais ata a súa venda e distribución.
Pezas feitas por mans artesáns, pezas feitas para cumprir e durar. Os artesáns están intimamente ligados a sustentabilidade por razóns evidentes. Son sempre xente cun compromiso moi forte co contorno que lles rodea. A súa casa e o seu taller, sen grandes instalacións. Os seus produtos mércanse, nos se consumen, están feitos para durar porque non queren saber da “obsolescencia programada”.
THE WILD volve a organizar nesta II edicición este orixinal Mercadillo, caracterizado porque a técnica, oficio e creación desenvolvense a vista dos asistentes, e os artistas e artesáns expoñen as suas obras e productos alí, creando un percorrido de patrimonio vivo.