
dZetta Music Center é un dos referentes en Galicia no ensino de música moderna.
Centro oficial Rockschool desde 2013 e un dos máis importantes dos case 100 repartidos por toda a península, leva todos estes anos preparando aos seus alumnos para os exames anuais da prestixiosa titulación recoñecida mundialmente, logrando unha taxa de aprobados superior ao 97 %.
Ademais, dZetta Music Center tamén imparte clases de música para aqueles que non queiran optar a ese diploma.
Cun cualificado profesorado, con varios anos de experiencia docente, as materias ofertadas son: batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, guitarra acústica, ukelele, piano, violín, canto lírico, canto moderno, teoría musical e harmonía contemporánea.
Para a edición de 2021 de The Wild Fest preparouse unha coidada selección de éxitos atemporais coñecidos por todos, que serán interpretados por máis de 80 dos seus alumnos para deleite do público asistente na tarde do domingo 5 de setembro.