THE WILD promete un concepto de festival deseñado para toda a familia, onde os máis pequenos terán tamén o seu espazo, un lugar para se divertiren e aprender.
Representacións e actuacións infantís
Para os peques non soamente haberá obradoiros en The Wild 2021. Unha ampla oferta de actuacións están previstas para facelas delicias dos mais cativos. Diferentes actividades adicadas o público infantil completarán a oferta neste apartado.
Magia en la Manga

É posible transformar o lixo en maxia? Óscar Fernández, de Magia en la Manga, traeranos o espectáculo “Maxia sen desperdicio” no que demostraranos que facer maxia e aprender a coidar o medio ambiente non fan falta aparellos extraños nin grandes accións, senón simplemente cousas de cotío e moita imaxinación.
Peter Punk Pallaso

Peter Punk traeranos o seu espectáculo “Chungo que te cagas” no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, mostrando a súa destreza (ou non) con todo tipo de elementos que van aparecendo da súa maleta.
Tarabelos Espectáculo

Tarabelos Espectáculos farán soñar aos máis pequerrechos coa súa obra de títeres “Sabela e o paxaro máxico”.
Obradoiros
The Wild aposta pola educación e a sensibilización dos máis pequenos xa que ben é certo que o futuro estará nas súas mans.
Contaremos cunha serie de obradoiros nos que poderán participar tódolos rapaces, e cos que non só pretendemos que os cativos pasen un bo rato se non que ademais aprendan e conecten coa natureza e cos valores que defende o festival.
Escalada
A partir das 12:30h do sábado os pequenos poderán amosar a súa pericia gabeando nun búlder preparado polos compañeiros de Mapache Climbing.

«Merendas divertidas tras a escola»
No taller, impartido por Eatlike, realizaranse diferentes elaboracións sinxelas, onde os nenos participantes poderán aprender a preparar unha rica e divertida merenda escapando das típicas e dos produtos ultraprocesados.

Cosmética natural
No obradoiro impartido por Os xabóns de Noe os participantes terán a oportunidade de crear as súas propias sales de baño con aquel aroma que máis lles guste. Antes de comezar Noe proporá aos cativos participantes un xogo de recoñecemento de cheiros. Serán capaces de recoñecer o arrecendo da piña, o caramelo ou os flocos de millo?