Dende The Wild propoñemos esta actividade coa intención de intensificar a relación das persoas coa Natureza poñendo a proba a capacidade de orientación e o traballo en equipo, os coñecementos e as habilidades físicas, para que vivir unha experiencia única e memorable.

Deseñamos con estas premisas unha competición de aventura por equipos accesible a todos os públicos que combina orientación con mapa, divertidas probas físicas e de coñecemento.
A encargada deste evento será a empresa viguesa, especializada en actividades ao aire libre, TERRITORIO COMANCHE, cunha ampla experiencia no deseño e organización de actividades de este tipo e que guiará está orixinal actividade a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Cando
Sábado, 4 de setembro do 2021, ás 10:30.
Prezos
- Adultos: 15€
- Menores de idade: 12€
- Adultos + Entrada ao Festival: 25€


