
O próximo 4 de setembro organizarase novamente integrada no THE WILD, unha andaina a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia, cun percorrido de 6 km. Será guiada pola Comunidade de Montes de San Miguel de Oia.

O percorrido levaranos polos puntos máis emblemáticos do parque, a zona de petróglifos, ou os miradores (onde poderemos desfrutar das mellores vistas da Ría de Vigo e das Illas Cíes).
Tamén amosarannos a flora e a fauna da zona, e aprenderemos como desde a Comunidade de Montes organizan e xestionan os bens e recursos do Parque Forestal.
Esta andaina terá un fin solidario, polo que parte da recadación será doada a Asociación Bicos de Papel, a cal dedica os seus esforzos a acompañar e apoiar aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo) e as súas familias.

Prazas: 100 persoas.
Apta para todas as idades e condición físicas.
De balde para os menores de 14 anos.