Nun evento como este, por suposto, non podemos deixar de lado a cociña. Comer nun festival pode ser unha mera parada técnica para repoñer enerxía ou toda unha experiencia gastronómica. Para iso e seguindo os valores do festival tentaremos irmandar variedade, sostibilidade e calidade para satisfacer todo tipo de padais.
Nesta edición teremos a:
A LEÑEIRA
As mellores pizzas feitas no momento nun forno de pedra e con ingredintes naturais.


KASTAMI´S
Kastami´S é o primeiro Fast Food ecolóxico de España, e o primeiro do mundo cunha filosofía baseada en que o teu alimento sexa a túa medicina.


Utilizamos só alimentos ecolóxicos certificados. Lembras o sabor dos tomates da horta? En Kastami´S todo é así!
Os nosos pratos están pensados e desenvoltos por nutricionistas, tendo en conta as combinacións de alimentos para que o efecto no teu corpo sexa óptimo.
A nosa carta é unha variedade de comidas de todo o mundo. Versións de pratos americanos, xaponeses, hindúes, mexicanos, tailandeses, etc.
Non utilizamos ningún produto refinado ou procesado. Só alimentos enteiros, que entran coa súa pel, follas ou raíces na nosa cociña.
Temos opcións veganas e paleo, case toda a carta é sen glute, e nada ten leite nin proteína de vaca. Non usamos trigo e tampouco usamos azucres refinados. Por suposto, sempre produtos ecolóxicos certificados.
Imaxinas un sitio onde poidan compartir mesa un amante da hamburguesa de tenreira, un fan de comida exótica internacional, un vegano e unha persoa con intolerancias? Kastami´S é ese sitio!
CRÊPE & ROLL
Crêpe & Roll é o “food truck” crepería máis orixinal e musical que atoparedes no camiño. Temos unha oferta de crêpes moi ampla, que pasa por doces, salgadas e mixtas.


Usamos produtos de primeira calidade e acompañámolos sempre de dous ingredientes principais; amor e boa música. Encántanos ir a todo tipo de eventos, desde festivais de música, festas de pobo, feiras, festas de aniversario, vodas, eventos de empresa… en fin, encántanos estar en todos lados!
BOCATERÍA LALO´S
Bocatería Lalo´s leva desde el 2002 no mercado con bocadillos e hamburguesas artesáns.
Empregamos produtos de primeira calidade e traballando sempre con provedores da zona.

