Condicións xerais de venta de entradas

Unha vez se adquira a entrada, non poderá ser cambiada nin será posible a súa devolución. A ORGANIZACIÓN resérvase o dereito de alterar ou modificar os datos do evento pero comprométese a avisar da debida forma. A ORGANIZACIÓN resérvase o dereito de admisión. En especial denegando o acceso ou expulsando a aqueles ASISTENTES que: Non presenten a súa entrada cando o organizador o requira, xa sexa en formato dixital ou impreso. Modificasen, manipulasen, falsificasen a entrada ou a presenten deteriorada ou sexa ilexible. A entrada xa fora utilizada anteriormente. O titular da entrada non coincida co nome do portador. Adquirisen a súa entrada en puntos de venta distintos ós oficiais. Non cumplan os puntos esixidos pola ORGANIZACIÓN para o acceso de menores ao Festival. Poida racionalmente presumirse que vai implicar unha situación de risco ou perigo para si mesmo ou outros, por alboroto ou por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente o portador en todos os casos coas súas propias accións e omisións que causen lesións a terceiros ou danos a cousas. Que incumplan algunha das normas de este documento, outras normas que o organizador expresase ou vaian en contra do Reglamento Xeral de Policía de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, en especial no que fai referencia aos artígos 59, 60 e 61. Para o cal tomaranse as medidas oportunas como por exemplo o rexistro para evitar portar obxectos perigosos.

1.- O ASISTENTE recoñece e acepta que A ORGANIZACIÓN ostenta e é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual, industrial e calquer outro, incluidos os de imaxen, derivados, directa ou indirectamente, das representacións artísticas ou calquera outra que tivera lugar con motivo da celebración do evento, sen limitación territorial nin temporal, e sen ningunha outra limitación máis que as dispostas na vixente Lei de Propiedade Intelectual. De igual maneira, os asistentes poderán portar móviles, cámaras ou outros dispositivos para o seu uso expresamente persoal.

2.- Pola mera tenencia da entrada, non estará permitido o seu uso con fins publicitarios, marketing ou promoción (incluidos concursos, regalos e/ou sorteos) e quedará anulada a licencia de acceso ao evento.

3.-Calquer reclamación deberá acompañarse obligatoriamente coa presentación de esta entrada.

Privacidade na venta de entradas:

1.- De acordo coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Persoales e garantía dos dereitos dixitales os seus datos serán incluidos nun ficheiro do que é titular O ORGANIZADOR e poderán ser utilizados para xestionar a súa participación no evento DO ORGANIZADOR así como para ser informado de cuestións relativas ao evento. Asimismo, infórmaselle sobre a posibilidade de exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no domicilio DO ORGANIZADOR.

2- De acordo co dereito de imaxe reconocido no artígo 18 da Constitución e regulado pola Lei 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e o Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016. O ASISTENTE poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios para a súa posterior difusión a través de calquera medio. No caso de ser éste maior de idade baixo o seu propio nome e sendo menor de idade tamén baixo o nome do seu pai/nai/titor, autoriza/n expresamente e a título gratuito: A captación de imaxes, video, voz e nome coa finalidade de permitir a máxima explotación das grabacións que poidan realizarse durante a celebración do evento e a súa posterior difusión pola ORGANIZACIÓN ou terceiros autorizados por ésta.  A cesión AO ORGANIZADOR, o contido patrimonial do dereito á propia imaxe, sen limitación temporal e espacial.                            

3. O consentimento que o uso de estes medios audiovisuais e o nome terán a finalidade de ser difundidos e explotados en calquer medio ou mediante calquer forma de comunicación, tipo de publicidade, promoción, publicación (incluido Internet), ou calquer outro medio, incluso con fins promocionais ou informativos, así como a súa exhibición en calquer medio e/ou soporte.