Artesáns

ARTESANÍA VIVA: OS DERRADEIROS ARTESÁNS

The Wild dedica este espazo para aqueles que teñen o privilexio, a carga e o orgullo de formar parte de todo o proceso de creación do seu produto: dende o deseño e a selección de materiais ata a súa venda e distribución.

Pezas feitas por mans artesáns, pezas feitas para cumprir e durar.

Os artesáns están íntimamente ligados á sustentabilidade por razóns evidentes. Son sempre xente cun compromiso moi forte coa contorna que lles rodea. A súa casa é o seu taller, sen grandes instalacións. Os seus produtos mércanse, non se consumen, están feitos para durar porque non queren saber da “obsolescencia programada”.

The Wild volve a organizar, nesta V Edición este orixinal Mercadillo, caracterizado porque a técnica, oficio e creación desenvólvense á vista dos asistentes, e os artistas e artesáns expoñen as súas obras e produtos alí, creando un percorrido de patrimonio vivo.