El Drogas é un músico pamplonés de renome e figura clave do rock en español, coñecido por ser durante case trinta anos cantante e baixista da banda Barricada, con quen gravou quince discos.
Ademais da súa inconfundible voz, El Drogas é un recoñecido compositor, responsable de himnos do rock estatal como “En blanco y negro”, “No hay tregua” ou “Todos mirando”.
O seu carisma e enerxía no escenario convertérono nunha icona dos anos 80 e 90.
Sr. SALVAJE
Tras percorrer Galicia de punta a punta e parte do territorio nacional, a banda compostelá Sr.Salvaje pechaba con broche de ouro o primeiro ano da súa xira VOA cunha marca próxima ás 70 datas.
Xa coñecidos no panorama galego polo seu directo tremendamente explosivo a fórmula parece sinxela:
Base clásica de Rock de alta octanaxe que xunto a unha afiada voz e unha agresiva guitarra, completan o atractivo pack que enganchará aos máis fieis do Rock patrio.
Netta Rufina
A banda viguesa NETTA RUFINA (antes The Mirror) son unha das propostas máis singulares e potentes da escena musical galega. Con 7 anos como formación ás súas costas a banda percorreu co seu potente directo coñecidas salas e festivais galegos da contorna, o que lles levou a nominacións a mellor directo e mellor videoclip nos premios Maketon dos 40 principales, entre outros recoñecementos. Na actualidade, como NETTA RUFINA, a agrupación presenta un segundo disco, con letras en castelán, galego e incluso francés cun álbum moito máis potente, ecléctico e directo, co que pretenden cautivar ao público galego e tamén saltar ao panorama nacional. As súas coidadas harmonías de dúas voces, guitarras afiadas e directos salvaxes prometen non deixar a ninguén indiferente nesta edición do Wild Fest.
Los Mortymer
Os Mortymer é un grupo de rock de Vigo, creado en 2014 por varios amigos músicos da cidade. O obxectivo á hora de crear a súa música era claro, facer gozar ao público, ofrecendo un rock divertido e bailable que bebe do garage rock, rock, punk, surf…
Os Mortymer son animais de directo onde alcanzan todo o seu potencial, o seu estilo pasa por baleirarse ante o público e facer que este sexa parte da experiencia. Fieis ás súas influencias, basean os seus shows nas súas composicións propias así como homenaxes a clásicos do xénero desde a súa propia perspectiva.
SUPERGIGANTE

Supergigante é o proxecto persoal de Eduardo Valcárcel, que nace no 2012 entre Madrid e Tenerife. Actualmente a banda complétana á batería Alejandro García, e Raphael Souza ao baixo, todos cunha carreira musical en diferentes bandas e proxectos musicais. Cun EP Publicado en 2012 “Crisálida” e un LP “Espazos infinitos” en 2014.
Supergigante móstranos un son fresco con cancións directas mesturando sons e referencias do rock británico, o grunge e a música independente.
EXERIA
Aínda quedan namorados dos sons analóxicos e crus, amantes da distorsión coma Exeria, sendo románticos no detalle e na sutileza. O seu estilo estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 e mesmo o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquer proxecto, e o sentimento de pertenza a un lugar e tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións.
GARGANTÚA
Gargantúa é unha banda ourensá formada por tres músicos que non inventaron a roda, pero si un son propio e unha forma honesta de contar a súa historia.
Tanto o seu LP “Modelo Uno”, como o máis recente EP chamado “Dramabot”, gravado nos Estudos Norton Town, está a ter unha boísima acollida de público, con SOLD OUT en varias salas galegas.
Acaban de participar no Ourensefest 2024 xunto a bandas como Sidonie, Shinova, Arde Bogotá, (…); son finalistas no actual The Wild Fest 2025; e pisaron as táboas no Festival Acento 2024 no día da música xunto a Carlos Ares ou De Vacas, como gañadores do concurso de creación musical da fundación SGAE, nun laboratorio dirixido polo cantante de León Benavente (David Boba) e Pablo Nóvoa (Produtor de Iván Ferreiro).
MARTIN HUMAN
Martin Human é un power trío formado por Richi no baixo, Marcos na batería e Martín na guitarra e voz.
O seu estilo está influenciado polas músicas norteamericanas como o rock, o grunge e o country.
Teñen un traballo publicado, un EP titulado ‘Anomaly’ totalmente autoproducido e en 2024 levan lanzados dous novos temas propios.











