Construímos novamente unha escolma cos mellores e máis impactantes filmes nos que a temática está enfocada na natureza, a aventura e a sustentabilidade. Cunha curaduría feita por Juan de Castro, exdirector do Primavera do Cine e director do GFFF, programará unha selección oficial con traballos procedentes dos mellores festivais de cinema de temática ecolóxica, medioambiental e activista.
Exhibiranse unha selección de pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen coa intención de dotar ao de The Wild Cinema das máis actuais e premiadas producións do panorama do cinema mediambietal internacional.
Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao ar libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.


Programación The Wild Cinema 2025
VENRES 5 DE SETEMBRO
SESIÓN 1 – 20:00
A xeración da rexeneración
La generación de la regeneración
Saúl González Abejón, España, 2024, 24′
Nunha viaxe do sur ao norte da vasta provincia de Burgos, ‘A xeración da rexeneración’ pinta un fresco do mundo rural castelán e dos principais problemas que axexan aos seus poboadores e poboadoras a través de diversos proxectos produtivos e sociais que teñen como eixo principal o desenvolvemento sostible e o respecto pola contorna.
Unha viaxe temporal que se articula ao redor dunha cuestión: que podemos aprender do pasado para construír un futuro sostible?

Marabillas da evolución
Maravillas de la evolución
Francisco Arango, Colombia, 2024, 15′
Os Membrácidos son insectos extraordinarios, con formas que parecen saídas dun conto de fantasía.
Camúflanse de maneira asombrosa e comunícanse mediante vibracións a través das plantas, mostrando unha adaptación única.
A súa vida está chea de loitas e traxedias, ditadas por millóns de anos de evolución.

A illa
Ada (The island)
Mahmut Taş, Turquía, 2024, 5′
Mentres a súa familia considera mudarse, Ada visita a illa que leva o seu nome, no centro dun lago que antes estaba cheo de auga.

SÁBADO 6 DE SETEMBRO
SESIÓN 1 – 14:30
A tarea
Alfonso O´Donnell, España, 2025, 28′
Os furtivos e o cambio climático están a acabar coa Ameixa Fina e a Babosa nas rías de Galicia.
Un grupo de mariscadoras a pé loitan para remediar este desequilibrio.Un traballo durísimo cuxa tradición se extingue con cada xeración.

O experimento
The experiment
Maxim Akbarov, Kazakhstan, 2024, 14′
Despois de que unha gran corporación pouco ética instale unha planta industrial tóxica nunha zona remota, un veciño local invita aos representantes dos medios de comunicación para mostrar ao mundo como a operación da planta afecta á saúde humana.
O método que escolle para a demostración sorprende incluso aos invitados máis cínicos.

Voa, érguete e voa
Vole… soulève toi et vole
Paola Andrea Suesca, Tuchí Ortiz, Colombia/Francia, 2024, 6′
A Piranga Roja migra desde o norte de Canadá ata o volcán Azufral e outros lugares emblemáticos, onde as nubes do Pacífico se converten en auga e frailexóns.
Un documental experimental que emprega a voz das aves e os paisaxes para transmitir coñecemento e poesía, como se acariñasen as copas das árbores.

SESIÓN 2 – 15:45
A arte de dar
The art of giving
Mickael Couturier, Indonesia, 2023, 12′
Unha nova cociñeira, unha nena de 8 anos e un artista únense para axudar aos nenos recolectores de lixo de Bali, que viven ao pé dunha montaña de lixo de 40 metros de altura.

DOMINGO 7 DE SETEMBRO
SESIÓN 1 – 15:30
Eu, o meu, me, comigo
Yo, mi, me, conmigo
Alicia Van Assche, España, 2024, 14′
Nemesio pastorea ovellas en Babia. Vive como hai un século, sen auga corrente e ás veces sen luz. A súa forma de vida é hoxe unha posible opción para un grupo de persoas que necesita calma, que busca silenciar o ruído mental.

Zume de laranxa
Jus d´orange
Alexandre Athané, Francia, 2023, 14′
Toni cultiva laranxas. Encántanlle, son o seu tesouro. Ata que un día, estraños cargueiros atracan no val. Cargueiros cargados de… Laranxas VERDES!

Testemuñas dunha illa
Borja Duarte Quintáns , Elian Mercedes Antigua , Guillermo Artero García, Galicia, 2025, 19′
En setembro de 1985, a construción dunha ponte que unise a Illa de Arousa co continente transformou a vida dos seus habitantes. Antes, complicacións como a falta de cableado eléctrico, auga quente e transporte eran habituais.
Como se vivía naquela época? Como se resolvían as urxencias médicas? O documental recolle as vivencias dos arousanos que foron testemuñas deste cambio histórico.

Greenwash
Andres Bronnimann, Costa Rica, 2024, 3′
Un poema visual e unha crítica contundente ao movemento “verde” comercializado, e á explotación enganosa do activismo ambiental con fins de lucro no século XXI.

A lenda do colibrí
La Légende du colibri
Morgan Devos, France, 2025, 10′
Un incendio prende na selva amazónica, e os animais asustados deixan o seu hábitat para refuxiarse na outra beira. Só un pequeno colibrí persiste en loitar contra o lume cando ve un preguizoso e a súa cría atrapados nas chamas.

SESIÓN 2 – 18:00
Marea negra
Marée noire
Chantal Caron, Canadá, 2024, 12′
Marea Negra é un berro da especie, un sobresalto de supervivencia fronte aos elementos. Un último suspiro de vida antes de ser arrasado pola Terra ou quizais, en cambio, unha loita que librar contra vento e marea para aferrarse a ela antes da extinción.

A tartaruga e a lebre
The tortoise and the hare
KCTOO, Italia, 2024, 5′
Dous vellos rivais enfróntanse na carreira máis famosa de todas, pero o que parece ter un epílogo obvio esconde unha amarga verdade.

Os fillos do paxaro
A madár gyermekei
Julis Tudisco, Hungría, 2024, 11′
Unha historia mitolóxica de ficción que explora de xeito lúdico o equilibrio simbiótico entre a creación e a destrución, mentres dous nenos divinos dan forma e descobren o mundo xuntos.


