Desde The Wild propoñemos esta actividade coa intención de intensificar a relación das persoas coa Natureza poñendo a proba a capacidade de orientación e o traballo en equipo, os coñecementos e as habilidades físicas, para que poidan vivir unha experiencia única e memorable.
Con estas premisas deseñamos unha competición de aventura por equipos accesible a todos os públicos que combina orientación con mapa, divertidas probas físicas e de coñecemento.
A encargada deste evento será a empresa colaboradora especializada en actividades outdoor, TERRITORIO COMANCHE (www.territorio-comanche.com) cunha ampla experiencia no deseño e organización de actividades deste tipo guiará esta orixinal actividade a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia.


Cando
Domingo 7 de setembro.
Hora de inicio: 11:00 am
Apertura de inscricións: luns 18 de agosto.
Prezos
Do 18 ó 27 de agosto: 10€
Do 28 de agosto ó xoves 4 de setembro: 15€

