The Wild Cinema

Construímos novamente unha escolma cos mellores e máis impactantes filmes nos que a temática está enfocada na natureza, a aventura e a sustentabilidade. Cunha curaduría feita por Juan de Castro, exdirector do Primavera do Cine e director do GFFF,  programará unha selección oficial con traballos procedentes dos mellores festivais de cinema de temática ecolóxica, medioambiental e activista.

Exhibiranse unha selección de pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMACineEcoSeia ou o Wilscreen coa intención de dotar ao de The Wild Cinema das máis actuais e premiadas producións do panorama do cinema mediambietal internacional.

Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao ar libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.

Programación The Wild Cinema 2025

VENRES 5 DE SETEMBRO

SESIÓN 1 – 20:00

A xeración da rexeneración

La generación de la regeneración

Saúl González Abejón, España, 2024, 24′

Nunha viaxe do sur ao norte da vasta provincia de Burgos, ‘A xeración da rexeneración’ pinta un fresco do mundo rural castelán e dos principais problemas que axexan aos seus poboadores e poboadoras a través de diversos proxectos produtivos e sociais que teñen como eixo principal o desenvolvemento sostible e o respecto pola contorna.

Unha viaxe temporal que se articula ao redor dunha cuestión: que podemos aprender do pasado para construír un futuro sostible?

Marabillas da evolución

Maravillas de la evolución

Francisco Arango, Colombia, 2024, 15′

Os Membrácidos son insectos extraordinarios, con formas que parecen saídas dun conto de fantasía.

Camúflanse de maneira asombrosa e comunícanse mediante vibracións a través das plantas, mostrando unha adaptación única.

A súa vida está chea de loitas e traxedias, ditadas por millóns de anos de evolución.

A illa

Ada (The island)

Mahmut Taş, Turquía, 2024, 5′

Mentres a súa familia considera mudarse, Ada visita a illa que leva o seu nome, no centro dun lago que antes estaba cheo de auga.

SÁBADO 6 DE SETEMBRO

SESIÓN 1 – 14:30

A tarea

Alfonso O´Donnell, España, 2025, 28′

Os furtivos e o cambio climático están a acabar coa Ameixa Fina e a Babosa nas rías de Galicia.

Un grupo de mariscadoras a pé loitan para remediar este desequilibrio.Un traballo durísimo cuxa tradición se extingue con cada xeración.

O experimento

The experiment

Maxim Akbarov, Kazakhstan, 2024, 14′

Despois de que unha gran corporación pouco ética instale unha planta industrial tóxica nunha zona remota, un veciño local invita aos representantes dos medios de comunicación para mostrar ao mundo como a operación da planta afecta á saúde humana.

O método que escolle para a demostración sorprende incluso aos invitados máis cínicos.

Voa, érguete e voa

Vole… soulève toi et vole

Paola Andrea Suesca, Tuchí Ortiz, Colombia/Francia, 2024, 6′

A Piranga Roja migra desde o norte de Canadá ata o volcán Azufral e outros lugares emblemáticos, onde as nubes do Pacífico se converten en auga e frailexóns.

Un documental experimental que emprega a voz das aves e os paisaxes para transmitir coñecemento e poesía, como se acariñasen as copas das árbores.

SESIÓN 2 – 15:45

A arte de dar

The art of giving

Mickael Couturier, Indonesia, 2023, 12′

Unha nova cociñeira, unha nena de 8 anos e un artista únense para axudar aos nenos recolectores de lixo de Bali, que viven ao pé dunha montaña de lixo de 40 metros de altura.

DOMINGO 7 DE SETEMBRO

SESIÓN 1 – 15:30

Eu, o meu, me, comigo

Yo, mi, me, conmigo

Alicia Van Assche, España, 2024, 14′

Nemesio pastorea ovellas en Babia. Vive como hai un século, sen auga corrente e ás veces sen luz. A súa forma de vida é hoxe unha posible opción para un grupo de persoas que necesita calma, que busca silenciar o ruído mental.

Zume de laranxa

Jus d´orange

Alexandre Athané, Francia, 2023, 14′

Toni cultiva laranxas. Encántanlle, son o seu tesouro. Ata que un día, estraños cargueiros atracan no val. Cargueiros cargados de… Laranxas VERDES!

Testemuñas dunha illa

Borja Duarte Quintáns , Elian Mercedes Antigua , Guillermo Artero García, Galicia, 2025, 19′

En setembro de 1985, a construción dunha ponte que unise a Illa de Arousa co continente transformou a vida dos seus habitantes. Antes, complicacións como a falta de cableado eléctrico, auga quente e transporte eran habituais.

Como se vivía naquela época? Como se resolvían as urxencias médicas? O documental recolle as vivencias dos arousanos que foron testemuñas deste cambio histórico.

Greenwash

Andres Bronnimann, Costa Rica, 2024, 3′

Un poema visual e unha crítica contundente ao movemento “verde” comercializado, e á explotación enganosa do activismo ambiental con fins de lucro no século XXI.

A lenda do colibrí

La Légende du colibri

Morgan Devos, France, 2025, 10′

Un incendio prende na selva amazónica, e os animais asustados deixan o seu hábitat para refuxiarse na outra beira. Só un pequeno colibrí persiste en loitar contra o lume cando ve un preguizoso e a súa cría atrapados nas chamas.


SESIÓN 2 – 18:00

Marea negra

Marée noire

Chantal Caron, Canadá, 2024, 12′

Marea Negra é un berro da especie, un sobresalto de supervivencia fronte aos elementos. Un último suspiro de vida antes de ser arrasado pola Terra ou quizais, en cambio, unha loita que librar contra vento e marea para aferrarse a ela antes da extinción.

A tartaruga e a lebre

The tortoise and the hare

KCTOO, Italia, 2024, 5′

Dous vellos rivais enfróntanse na carreira máis famosa de todas, pero o que parece ter un epílogo obvio esconde unha amarga verdade.

Os fillos do paxaro

A madár gyermekei

Julis Tudisco, Hungría, 2024, 11′

Unha historia mitolóxica de ficción que explora de xeito lúdico o equilibrio simbiótico entre a creación e a destrución, mentres dous nenos divinos dan forma e descobren o mundo xuntos.


Así foi The Wild Cinema 2024