Organizarase novamente a Andaina a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia, cun percorrido de 6 km, será guiada pola Comunidade de Montes e levarános polos puntos máis emblemáticos do Parque, os miradores (onde poderemos desfrutar das mellores vistas da Ría de Vigo), etc…Tamén amosaranos a flora e a fauna da zona, e coma estes organizan e xestionan os recursos do Parque Forestal.
Prazas: 100.
Data: Domingo 1 ás 10:30h.
Apta para todas as idades e condición físicas.
De balde para todo o mundo.