The Wild promove un concepto de festival deseñado para toda a familia, onde os pequenos teñen o seu espazo, pero no que tamén as familias poderán desfrutar dun lugar para divertirse e aprender.
PETER PUNK
Con lingua propia
Domingo 7 ás 17:00
A compañía PETER PUNK PALLASO nace arredor de 2003 có espectáculo unipersoal CHUNGO QUE TE CAGAS, que perfilará o seu humor fresco, irreverente e orixinal. Nos seguintes anos terá unha evolución meteórica. Crea o seu segundo unipersoal, A CHUNGATRONA, no que mantén o seu estilo singular.
Máis tarde crea dous espectáculos dirixidos polo pallaso e dramaturgo Walter Velázquez: PETER PUNK E O NENO IMPERDIBLE, con música ao vivo, creada e interpretada por Brais das Hortas, con quen comparte elenco. E PEOR IMPOSIBLE, o espectáculo máis recente, e no que se confirma a madurez deste pallaso internacional. Actualmente prepara un novo espectáculo musical infantil con Brais das Hortas e dirixido de novo por Walter Velázquez: CONCERTO PUNKINFANTIL.

Olimpíadas Pallasas
Sábado 6 ás 16:00
As OLIMPÍADAS PALLASAS son unha serie de actividades que combinan probas deportivas, xogos teatrais e de clown, e xogos tradicionais. Dirixidas a un público familiar. Nenas, nenos, adolescentes e adultos. As Olimpíadas Pallasas pasarán olímpicamente da competitividade chunga. A única competición será a de cada quen consigo mesma. O máis importante é XOGAR, disfrutar facendo o pallaso, coñecerse e relacionarse con outras persoas. Peter Punk Pallaso será o árbitro e mestre de cerimonias.
Cé Orquestra Pantasma
CONCERTO: Sábado 6 ás 13:00
Ce Orquestra Pantasma presenta: Animalada.
Un espectáculo festeiro e participativo onde a música e as historias de animais de Xan de Outeiro convidan a cantar, bailar e rir en familia sen parar.
Obradoiro: Danzas do mundo
Domingo 7 ás 11:30
A Asociación Monteira, grupo de Danzas do Mundo con máis de 30 anos de vida, volve ao The Wild para buscar a participación mediante danzas que resulten asequibles a todo tipo de participantes e que permitan compartir a experiencia e o goce de bailarmos xuntos danzas de diversos países ao son de diferentes ritmos da música tradicional.
Pintacaras
Sábado 6 ás 16:30

Cata de viños
Sábado 6 e Domingo 7 ás 15:00



