The Wild Cinema 2023

Construímos novamente unha escolma cos mellores e máis impactantes filmes nos que a temática está enfocada na natureza  e a sustentabilidade. Cunha curaduría feita por Juan de Castro, exdirector do Primavera do Cine e director do GFFF e do Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames,  programará unha sección oficial co traballos procedentes dos mellores festivais de cinema de temática ecolóxica, medioambiental e activista.

Exhibiranse unha selección de pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival , BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA, CineEcoSeia ou o Wilscreen coa intención de dotar ao de The Wild Cinema das máis actuais e premiadas producións do panorama do cinema mediambietal internacional.

Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao ar libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.

VENRES 23 DE XUÑO

SESIÓN 1 – 17:30

Quixotes

Pablo Lozano Chavarría, España, 2022, 14´

O cambio climático está a forzar a instalación de novas enerxías verdes. O desenvolvemento masivo e desordenado da enerxía eólica está a causar a morte de miles de aves e morcegos. María e José Antonio, dous naturalistas, decidiron coñecer a verdade. Son dous Quixotes contra muíños de vento xigantes.

O río volverá

María Ignacia Ibarra Eliessetch, Wladimir Riquelme Maulén, Chile, 2022, 23´

Fiado polo relato dos seus habitantes, tinguido polas augas e tecido pola poesía de Daniela Catrileo e Daniela Millaleo, este filme transmite as feridas do río Huenehue e a loita para que as augas volvan moverse. Wiñotuay chi lewfü, o río volverá, transmítese a través do proceso de loita e recuperación do río desde as voces de habitantes do territorio.eno del siglo XX al canalizar las aguas del Huenehue en una hidroeléctrica para dar luz a las ciudades y las mineras del norte. Pero, en los albores del siglo XXI, la Central está apagando la vida de las y los ribereños del Huenehue.

The Sprayer

Farnoosh Abedi, Irán, 2022, 9´

Nos terreos ocupados polo exército de fumigadores, ninguén ten dereito a sementar ningún tipo de plantas nin en público nin en privado.

SESIÓN 2 – 18:30

Fons Vitae: unha nova era para o planeta

Eduardo Soutullo GarcÍa, Galicia, 2023, 10´

Fons Vitae (A fonte da vida), un supercomputador internacional instalado nun satélite, foi programado para acabar cun virus que está a destruír a vida na Terra. O seu éxito inicia unha nova era de perfecto equilibrio ecolóxico para o planeta, pero con consecuencias insospeitadas para a especie humana… O supercomputador lanza unha nova cápsula do tempo, como o “Disco de Ouro” das dúas sondas espaciais Voyager, para actualizar a información sobre a Terra e explicar o sucedido.

HAULOUT

Maxim Arbugaev, Evgenia Arbugaeva, Rusia-UK, 2022, 25´

Segue a un home que espera na súa chabola na desolada extensión do Ártico ruso. Está á espera de observar un evento natural que acontece aquí todos os anos, pero o quecemento do océano está a pasar factura.

Ruído rosa

(Bruit rose)

Arthur Lemaître, Ulysse Lefort, Martin Wiklund, 2022, 2´

Unha interpretación simbólica e poética da vida que medra no ventre dunha futura nai.

WROUGHT

Joel Penner, Anna Sigrithur, Canadá, 2022, 19´

Cunha videografía secuencial de podredume en acción, Wrought crea un mundo íntimo e inmersivo onde a decadencia pode ser fermosa, tenra e incluso sorprendentemente humana.

SÁBADO 24 DE XUÑO

SESIÓN 3 – 11:30

PLSTC

Laen Sanches, Francia, 2022, 2´

Unha distopía submarina que afonda na inquietante realidade da contaminación plástica dos nosos océanos. Unha chamada de atención sobre as devastadoras consecuencias do noso estilo de vida na vida mariña.

Frota de luras

(Squid fleet)

Ed Ou, Will N. Miller, USA, 2023, 13´

Squid fleet é unha exploración poética das motivacións dos pescadores, a brutalidade dos abusos laborais sistemáticos na industria pesqueira chinesa e a destrución causada pola mercantilización das persoas e da natureza no noso mundo globalizado. Está baseado en dous anos de rigorosos informes de investigación do equipo gañador do premio Pulitzer de The Outlaw Ocean Project.

A invención de Less

(The invention of Less)

Noah Erni, Suiza, 2021, 4´

En 2031, debido ao quecemento global un oso polar novo ten que abandonar a súa casa e trasládase a Zúric. Xunto cos outros animais que fuxiron, gáñase a vida con traballos ocasionais. Pero entón ten unha idea que cambia o mundo!

O esforzo dos homes

(L’ EFFORT DES HOMMES)

Jean-Gabriel Périot, Francia, 2022, 12´

A caza de baleas existe desde hai séculos. Semella o froito da violencia do home, que se destrúe a si mesmo. Acompañando ao auxe do capitalismo, a práctica sobrevive hoxe en día, reflectindo a eterna destrución da natureza por parte da humanidade e das criaturas incapaces de contraatacar.

Memoria

Nerea Barros, Galicia, 2022, 15´

A desaparición do Mar de Aral foi un paso previo, adiantado en décadas, ao que hoxe en día supón o cambio climático. Un antigo pescador e a súa neta, saen en busca dese mar que nunca volverá.

Despertólogo ambiental

Joaquín Tucci, Arxentina, 2021, 13´

Somos conscientes do impacto que os humanos temos no medio ambiente? Canto plástico chega ao mar? Que podemos facer para reverter a situación actual do planeta? Gastón hai máis de 10 anos que dedica o seu tempo para loitar polo medio …

Salmón salvaxe

(WILD Summon)

Karni Arieli & Saul Freed, Reino Unido, 2023, 15´

Narrado por Marianne Faithfull. Unha película de fantasía e de historia natural, que segue o dramático ciclo vital do salmón salvaxe en forma humana.

DOMINGO 25 DE XUÑO

SESIÓN 4 – cans – 11:45

Que andas a soñar León?

Roger Gariépy, Francia, 2022, 8´

Léon é vello, o seu corpo fállalle. Por iso dorme. Pero, sobre todo, Léon soña. Co amor e as salchichas, coa liberdade e o desenfreo. Unha auténtica vida de can.

A luz do resplandor

(Kaamoksen valossa)

Niko Väistö, Finlandia, 2022, 27´

Antti, un musher do norte de Finlandia, non renuncia ao seu estilo de vida a pesar de que lle aconsellen o contrario. No mundo das zorras tiradas por cans non hai volta atrás. Kaamoksen valossa é un breve documental de amor polos cans de zorra. A película segue a Antti durante a noite polar mentres a súa liberdade para facer o que quere vese comprometida.

Pepedrilo

Vïctor Cartas, México, 2021, 19´

Pepedrilo e a súa conexión coa natureza maniféstanse na protección dun crocodilo, constantemente ameazado polo home.

SESIÓN 5 – INFANTIL – 18:00

Chimborazo

Keila Cepeda, España, 2022, 7´

Os hieleros do Chimborazo sometéronse durante centenares de anos á inclemencia deste volcán de Ándes Ecuatorianos a cambio de picar un pouco do seu xeo e así prover ao seu pobo. Hoxe en día é unha profesión a piques da extinción, de non ser por Baltazar Ushca.

E despois

(Und dänn…)

Leo Graf, Tanja Nuijten, Raphael Stalder, Suiza, 2021, 2´

Tres nenos inventan a historia dunha balea que salta dun lago e despega nun globo aerostático.

Estrelas no mar

(Stars on the sea)

Seung-Wook Jang, Corea do sur, 2021, 6´

É un día calquera. A casa está a encherse de auga.

(PLASTIK)

Philip Rom, Malasia, 2022, 3´

Unha nena mira a través dun telescopio que fabricou cunha botella de plástico e albisca o noso futuro contaminado polo plástico.

Cando as andoriñas marchan

(Quand les hirondelles s´en vont)

Sebastien Pins, Bélxica, 2022, 19´

Nunha pequena cidade rural, un mociño faise amigo de Fernand e Andrée, unha parella de labregos de 80 anos que teñen problemas para alimentar o gando que lle queda.

As aventuras do Capitán Spriki: Siluro plastificado

Daniel Esteban, España, 2023, 5´

Alicia está merendando coa súa familia a beiras do Río Ebro, en Zaragoza. Tras lanzar o envoltorio dunha chocolatina ao río, un siluro, cansado de que non paren de tirar plásticos á súa casa, sairá da auga para comerse á nena. A súa familia, asustada, chama con urxencia ao Capitán Spriki, un peculiar superheroe da cidade, que axudará a Alicia das maneiras máis inesperadas e divertidas.

Aquí podes consultar a Sección Oficial do ano pasado