Desde The Wild propoñemos esta actividade coa intención de intensificar a relación das persoas coa Natureza poñendo a proba a capacidade de orientación e o traballo en equipo, os coñecementos e as habilidades físicas, para que poidan vivir unha experiencia única e memorable.
Con estas premisas deseñamos unha competición de aventura por equipos accesible a todos os públicos que combina orientación con mapa, divertidas probas físicas e de coñecemento.
A encargada deste evento será a empresa colaboradora especializada en actividades outdoor, TERRITORIO COMANCHE (www.territorio-comanche.com) cunha ampla experiencia no deseño e organización de actividades deste tipo guiará esta orixinal actividade a través do Parque Forestal de San Miguel de Oia.


Cando
Domingo 25 de xuño ás 10:30h.
Prezos
- Inscripciones a partir do 1 de xuño en: https://www.territorio-comanche.com/agenda/
- 12€ (ata o 11 de xuño)
- 15€ (a partir do 12 de xuño)