Categorías
THE WILD NEWS

Sr. Salvaje, Netta Rufina e Los Mortymer

Primeiras confirmacións de The Wild.

The Wild publica o primeiro avance do cartel, que incluirá unha banda principal aínda por anunciar.

The Wild celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia do 5 ao 7 de setembro con música, cine, natureza e actividades para toda a familia.

As entradas para o sábado xa están á venda por 10,00 € na web do festival.

Fotografías, carteis e materiais para prensa

26.06.2025 | O festival The Wild volve con forza do 5 ao 7 de setembro a Vigo e presenta o primeiro avance do seu cartel musical no que destacan os artistas galegos. Nesta primeira quenda de confirmacións destacan Sr. Salvaje, Netta Rufina e Los Mortymer, tres bandas cun directo potente ás que se suman Cé Pantasma e Peter Punk para o deleite do público familiar. Música, cultura e natureza danse a man nesta cita que pecha o verán en Vigo con espírito salvaxe.
O festival anunciará nas vindeiras semanas o cabeza de cartel, unha banda nacional de primeiro nivel que reforzará a aposta de The Wild polo rock con carácter e calidade. Trátase dun dos poucos festivais deste estilo que se manteñen en Galicia, converténdose xa nun referente. En anteriores edicións pasaron polo seu escenario artistas como Ángel Stanich, Arizona Baby, Los Zigarros, Aphonnic, SÉS ou Familia Caamagno.Ademais de música os asistentes poderán gozar tamén de cine ao aire libre, actividades infantís, rocódromo, andaina e a xincana de orientación pola natureza Orientaventura. Este formato multidisciplinar e familiar busca poñer en valor o Parque Forestal de San Miguel de Oia. The Wild é tamén unha celebración da comunidade: colabora coa veciñanza e a comunidade de montes, promove o consumo local a través do mercado de artesanía e a zona gastro e celebra un concurso de bandas galegas emerxentes. A final do concurso de bandas Salvaxesons terá lugar o venres 5 e repartirá 1.800 € en premios entre as catro bandas finalistas: Supergigante, Exeria, Martin Human e Gargantúa.

EntradasAs entradas para o sábado están xa á venda en www.thewildfest.com por 10,00 €. A entrada do venres e domingo é de balde, así como para os menores de 14 anos. Haberá zona de acampada e espazo para furgonetas con baños e duchas. O festival manté un prezo asequible reafirmando o seu compromiso coa accesibilidade cultural e a defensa dun modelo sostible e de proximidade. Desde a súa creación, The Wild defende unha forma diferente de vivir a música e a cultura: sen masificacións, co foco posto na calidade artística, o coidado da contorna e a creación dunha experiencia compartida para todas as idades.