Categorías
THE WILD NEWS

Aberta a convocatoria de artesáns de The Wild

O mercado Os últimos artesáns celebra a súa sétima edición como escaparate de oficios tradicionais e produtos sostibles. 

A inscrición de artesáns está aberta ata o 1 de agosto.

22.04.2025 | The Wild organiza na súa sétima edición o mercado Os últimos artesáns,  un espazo para artesáns que destacan por valerse de técnicas tradicionais, creando unha experiencia de patrimonio vivo para os asistentes. O mercado estará composto por trinta postos e a inscrición está aberta ata o 1 de agosto.

Os últimos artesáns terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia, de xeito paralelo às demais actividades de The Wild: concertos, The Wild Cinema, zona gastro, actuacións infantís e actividades para desfrutar da natureza. 


A convocatoria está aberta a artistas e artesáns orixinais que sexan os creadores dos seus produtos. Darase prioridade a aqueles artesáns que traballen técnicas tradicionais, como olaría, carpintería, ebanistería, cantería, tallista, tapicería, téxtil, ourivería, luteiría, perfumería, restauración, pintura ou escultura. Ademáis da capacidade para manter un oficio tradicional vivo, tamén se valorará a estética do posto, a utilización de materiais respectuosos co medio ambiente, o valor artístico e a orixinalidade.

Para entrar no proceso de selección, deberanse ler coidadosamente as bases dispoñibles así coma as FAQ e cubrir o formulario de inscrición. Permitirase o acceso de ata tres persoas por posto ás que se lles facilitará un lugar de estacionamento e, de solicitarse, unha parcela na zona de cámping.


The Wild quere involucrar aos creadores da contorna na programación da súa sétima edición e neste momento ten abertas outras dúas convocatorias que se suman á de artesáns. As bandas emerxentes galegas poden participar en Salvaxesons, o concurso musical que chega a súa terceira edición e repartirá 1.800 € en premios. Os realizadores de cine teñen a oportunidade de participar en The Wild Cinema un certame internacional de cine medioambiental e de aventura único en Galicia que se proxecta ao aire libre durante os días do festival. As persoas interesadas en calquera das tres modalidades atoparán toda a información precisa na web de The Wild.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Cinema busca os mellores filmes de natureza e aventura.

O festival de cine medioambiental abre a recepción de propostas para a súa vindeira edición ata o 30 de xuño.

O certame forma parte da programación de The Wild, que se celebra do 5 ao 7 de setembro en San Miguel de Oia (Vigo) con música, mercado, actividades infantís e deportivas.

07.04.2025 | O festival The Wild Cinema, abre o prazo para a recepción de obras audiovisuais. Este evento cinematográfico único distínguese polo seu enfoque en temáticas de natureza, aventura e sustentabilidade e nas súas seis anteriores edicións proxectou curtametraxes  e longametraxes nominadas nos premios Goya e Óscar e seleccionadas en certames de referencia como Wild & Scenic Film Festival de California, e o BANFF Mountain Film Festival de Huesca.

The Wild Cinema é parte da ecléctica programación de The Wild, que se celebra en San Miguel de Oia (Vigo) os días 5, 6 e 7 de setembro, no que tamén teñen lugar concertos, actividades deportivas e espectáculos familiares. A aposta polas proxeccións de cine dentro da programación convirte a The Wild nun festival único dentro do panorama de festivais en Galicia. As proxección lévanse a nunha gran pantalla led no merendeiro do Parque Forestal, ofrecendo unha experiencia cinematógrafica diferente e ao aire libre.

O prazo de presentación de filmes está aberto ata  o 30 de xuño de 2025 a través do formulario dispoñible na web e a plataforma Festhome. Como en anos anteriores, as curtametraxes proxectadas optan a tres premios: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.

As pezas presentadas deberán ter unha duración máxima de 30 minutos para as curtas e 150 minutos para as longas. Aceptaranse traballos realizados no ano 2023 ou posterior. As obras presentadas deberán respectar a igualdade, a diversidade e a non discriminación e ter como eixo temático central a natureza, fauna, ameazas medioambientais, activismo ecolóxico ou deportes de aventura e montaña. As obras en calquera lingua diferente ao castelán ou galego deberán incluír subtítulos en calquera destas dúas linguas.


Categorías
THE WILD NEWS

Volve Salvaxesons

O concurso de bandas emerxentes de The Wild

A terceira edición de Salvaxesons repartirá 1.800 € en premios. As inscricións están abertas ata o 11 de maio.

20.03.2025 

O festival The Wild abre o período de inscrición para a terceira edición do concurso de bandas Salvaxesons.

Tras o éxito das edicións anteriores, esta iniciativa volve co obxectivo promover e difundir a música independente, así como fomentar os novos talentos musicais dentro de Galicia. O festival The Wild busca apoiar a música emerxente de calquera xénero, premiando a orixinalidade, a innovación, a experimentación e a fusión de sons e linguaxes diversos.

O concurso aumenta este ano a cuantía e número de bandas premiadas e repartirá un total de 1.800 €.

O primeiro premio será de 900 € e a oportunidade de abrir os concertos principais de The Wild, o sábado 5 de setembro. Os gañadores do segundo, terceiro e cuarto posto recibirán 400€, 300€ e 200€, respectivamente. Este ano, só catro bandas chegarán á final, polo que todas optan a un premio remunerado. Outra das novidades é que as bandas que cheguen á fase de duelos recibirán 50 € para transporte e gastos de viaxe, así como acceso gratuíto ao festival The Wild.

A dinámica do concurso será idéntica á de edicións anteriores. Unha vez pechado o período de inscrición, o 11 de maio, un xurado profesional seleccionará ás oito propostas que pasan á seguinte fase, os duelos. Na fase de duelos, a partir do 23 de maio, os grupos ou solistas batiranse en batallas musicais de dous en dous. Os duelos terán lugar a partir do 23 de maio e será o público quen elixa a banda gañadora de cada un deles cos seus votos, máis o voto de calidade do xurado. A organización atópase en negociacións con Vialia Centro Comercial para volver a celebrarlos no seu escenario exterior. As catro bandas vencedoras dos duelos pasarán á final do concurso que se celebrará no escenario principal de The Wild, o venres 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Nesta ocasión será competencia única do xurado o fallo dos premios.

Os artistas solistas e bandas interesados poden consultar as bases na web do festival e rexistrarse enviando un correo electrónico a salvaxesons@thewildfest.com co asunto “SALVAXESONS III + nome do grupo ou solista”.

Para ser elixibles, os aspirantes deben enviar tres cancións orixinais e contar con material suficiente para ofrecer un concerto de 45 minutos, no que se permite interpretar unha versión. A solicitude debe incluír o nome artístico, dirección completa, detalles dos membros (nome, idade, DNI), material gráfico, tres arquivos de audio en formato MP3/MP4, WAV, un dossier actualizado e a información de contacto do representante.

Categorías
THE WILD NEWS

OFERTA DE EMPREGO

A.C. The Wild comunica:

Posto ofertado e perfil solicitado:

1 AXUDANTE DE DIRECCIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS

Requisitos xerais:

  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2024.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
  • Posuír o perfil para o posto solicitado.

Outros requisitos:

  • Experiencia en proxectos/festivais artísticos / coñecementos audiovisuais.

Presentación de currículums:

  • Prazo de remate de recepción de CV: 5 de marzo de 2025.
  • Enderezo de envío e/ou de entrega: xerencia@thewildfest.com

Ligazón á oferta

Categorías
THE WILD NEWS

OFERTA DE EMPREGO

A.C. The Wild comunica:

Posto ofertado e perfil solicitado:

1 RESPONSABLE INFORMÁTICO.


Requisitos xerais:

  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2024.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
  • Posuír o perfil para o posto solicitado.


Outros requisitos:

  • Experiencia na creación de webs e plataformas de venda de entradas.

Presentación de currículums:

  • Prazo de remate de recepción de CV: 28 de febreiro de 2025.
  • Enderezo de envío e/ou de entrega: xerencia@thewildfest.com

Ligazón á oferta

Categorías
THE WILD BLOG

“Mi maestro el pulpo”, ou como facer psicoterapia cun polbo

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

Cando pensabamos que xa o miraramos todo, este inusual documental sudáfricano codirixido por Pippa Ehrlich y James Reed achéganos a unha historia de amor e simbiose entre unha polbiña e un humano en horas baixas. Si, leron ben.

Os feitos e a obra tráennos o relato do descubrimento por parte Craig Foster, un realizador baixo unha forte depresión, de que a súa terapia sanadora atopábase baixo o mar.

Como no filme Arrival, Denis Villenueve (2016), no que a protagonista experimenta unha conexión moi profunda e sublime con xigantescos cefalópodos extraterrestres, unha conexión emocional e dialéctica; nesta realidade-ficción, é un home e un polbo femia os que tecen unha relación de convivencia e diálogo.

A cinta está confeccionada episódicamente, guiándonos por estes cambios internos que se van producindo nos protagonistas, especialmente grazas á atractiva e suxerente música composta por Kevin Smuts para cada unha destas fases da relación.

O verdadeiramente xenial deste documental radica na sensibilidade coa que está filmada esta unión case obsesiva entre os dous seres que da compañía e costume constrúen unha intimidade e un intenso apego, que súa vez ten un poder sanador para que Craig volva novamente a súa vida e familia.

Fotograma de Mi Maestro el Pulpo

A relación do ser humano cun animal concreto e a súa complicidade como feito de revolución interior xa o temos visto en moitos filmes, mais coido que o curioso desta vez é esta figura tan habitual para os galegos como é o polbo, máis apreciado con pemento moído e aceite que como compañeiro empático de bar ou diván. Ben certo é que os camiños de respecto á natureza son múltiples.

Como buceador e pescador submariño que son, teño moitas veces a oportunidade de relacionarme cos polbos, case sempre con final desgraciado para eles, mais cando son pequenos podo relaxarme observándoos de vagar, e non podo conter a miña admiración por un animal intelixente e marabilloso, seguro que, como para moitas outras relacións o lugar e o momento non foi o noso. O que si teño claro, e esa é a mensaxe da película, é que é un ser moi especial.

Categorías
THE WILD BLOG

“La sal de la Tierra”, unha homenaxe ao planeta e a Sebastião Salgado

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

A potencia deste filme do gran Wim Wenders resulta conmovedora ata o extremo. É difícil non estremecerse fronte ao tratamento das imaxes dun dos fotógrafos máis impresionantes e personais do século XX.

Lembro ben aínda as reportaxes de Sebatião Salgado que aparecían de cando en vez no Semanal de El País. Eu era ben cativo pero eses ollos dos míseros traballadores das minas de ouro non se me esquecerán xamais. A forza e textura do seu branco e negro metálico quedaron para sempre gravadas no meu imaxinario da crudeza desas vidas tan alonxadas das nosas.

O motivo de traervos esta película neste derradeiro artigo é o desexo de que sexa revisada como epílogo do que poderíamos valorar como o mellor e o peor da nosa tola presencia neste planeta que nos acolle, e que redunda na perenne mensaxe de coidado entre os seres humanos e o medio natural.

O filme de Win Wenders e Juliano Ribeiro Salgado, fillo de Sebastião, percorre a vida deste artista a través das súas viaxes e proxectos. Pola súa cámara pasaron as maiores desgracias humanas e medioambientais da época, imaxes desgarradoras ata o pranto, imaxes no que se perde, como lle pasou ao autor delas, a esperanza no ser humano e a súa inxustiza cega.

Fotograma de La Sal de la Tierra

Certamente Wim Wenders pasa de soslaio pola moral dos terribeis retratos, e nárranos como Sebastião Salgado queda totalmente baleiro despois da observación e divulgación de tamañas miserias. O filme é o relato e a vida dun home honesto, que despois de retratar tanto horror e quedar destruido, é quen de construir unha esperanza, persoal e global.

Coido que é bo que de cando en vez revisemos este filme. O poder da imaxe é inmenso en mans de xenios coma Sebastião, cando as palabras non son dabondo, cando os nosos ollos nunca estarán nese lugar, eses lugares e eses seres humanos recuperan a súa dignidade e tórnanse eternos.

Categorías
THE WILD NEWS

Sete bandas galegas completan o cartel do The Wild Fest 

O festival de música, cinema e lecer na natureza celebra a súa sexta edición do 30 de agosto ao 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

The Wild Fest consolídase como o único festival de pequeno formato no verán vigués.

As entradas xa están á venda!

25.06.2024 | The Wild Fest publica o cartel completo da súa sexta edición revalidando o seu apoio ás bandas galegas coa incorporación de A polémica Banda dos Bechudos, Mad Martin Trío, Sanny, Law, The Kelly Kelly’s, Superglú e The BrokeEstes sete concertos incorpóranse a un cartel con catro grandes nomes: Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon que serán o prato forte do festival na noite da xornada do sábado 31 de agosto.
Na xornada do venres 30 de agosto o escenario do Parque Forestal de Oia acollerá a final do concurso de bandas emerxentes Salvaxesons na que participan Sanny, LAW, The Kelly Kelly’s, Superglú e The Broke. Neste caso será traballo do xurado decidir á banda gañadora da segunda edición do concurso e outorgar un segundo e tercer premio. O gañador recibirá 1.000 € e tocará de novo o sábado, abrindo as actuacións da xornada forte do festival. O segundo e terceiro recibirán 400 e 200 € respectivamente.

A Polémica Banda dos Bechuchos é un grupo creado por veciños de San Miguel de Oia, a parroquia viguesa na que ten lugar o festival. Crean un ambiente festivo alá onde despregan a súa mestura de rock con ritmos populares da música galega.  Mad Martin Trío son unha banda compostelana influenciada pola música norteamericana dos anos 50 que porán o público a bailar rockabilly, swing, blues e boogie woogie. Ambos grupos tocarán nas sesións vermú do sábado e domingo.

Festival único en Vigo

The Wild Fest chega á súa sexta edición como un dos poucos certames musicais autoxestionados de Vigo, xa que non conta con grandes sumas de cartos públicos para financiarse. A cidade e a súa contorna levan anos experimentando a perda de festivais feitos por e para a comunidade, coa desaparición de Barbeira Season Fest, Vive Nigrán, Morrasound, Freixo Rock, Son das Mamoas, 85C… en beneficio dos macrofestivais.
Na época das grandes citas multitudinarias apoiadas con millóns de cartos públicos, a organización de The Wild Fest aposta desde o inicio por unha programación na que o rock, escaso nas programacións públicas da cidade, é o protagonista do cartel e o ambiente tranquilo e familiar un dos seus grandes atractivos. O festival mantén a súa personalidade ano tras anos, afianzando unha comunidade que procura unha proposta de calidade, con prezos populares e non masificada.

Entradas á venda

As entradas están dispoñibles na web do festival con prezo reducido de 20,00 € ata o 15 de xullo. A única xornada de pago é a do sábado 31 de agosto, cando que se celebrarán os concertos de  Julián Maeso, Dakidarría, Moura e Moonshine Wagon, entre outros. Os nenos menores de 14 anos entran gratis todos os días e non precisan reservar a entrada.

Para as persoas que desexen pasar a noite, o festival habilita unha zona de descanso na que acampar por un coste extra de 5,00 € por persona. Como na pasada edición, tamén haberá unha área reservada para furgonetas, cun coste de 10,00 € por vehículo.
A entrada do venres e domingo é de balde e nestas xornadas celebraranse proxeccións de cinema medioambiental The Wild Cinema, actividades infantís e a ximcana polo parque forestal Orientaventura. Durante os tres días poderá desfrutarse do mercado de artesanía e da zona gastro.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Cinema abre a convocatoria para participar na súa sexta edición

The Wild Cinema abre o período de inscrición de filmes de temática medioambiental ata o 24 de xuño.

O festival celebrarase do 30 de agosto ao 1 de setembro, dentro do festival The Wild Fest, nunha gran pantalla no Parque Forestal de San Miguel de Oia

Baixo a sombra das árbores, cos pés na herba e os ollos ben abertos reúnense desde hai seis anos ducias de persoas no Parque Forestal de San Miguel de Oia para desfrutar de The Wild Cinema, un festival de cinema medioambiental único que reúne longas e curtas de todo o mundo.

The Wild Cinema abre o prazo de inscrición de filmes ata o 24 de xuño.

The Wild Cinema abre hoxe o período de inscrición de filmes que optarán a ser proxectados os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro nunha gran pantalla instalada no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Os organizadores procuran curtametraxes e longametraxes de calquera parte do mundo de temática natureza, fauna, activismo ecolóxico, deportes de aventura ou montaña. A inscrición pode realizarse ata o 24 de xuño por algunha das dúas vías habilitadas: un formulario propio na web do certame e a plataforma Festhome.

As cintas poden ir destinadas tanto a público infantil como adultos e admítense tanto pezas documentais como de ficción. Por segundo ano, os filmes seleccionados optarán a tres premios que serán decididos por un xurado: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.

As bases completas de participación están xa dispoñibles na web de The Wild Fest.

Unha programación gañadora

O certame cinematográfico, que naceu en 2019 no seo do festival multidisciplinar vigués The Wild Fest, e o único festival de temática medioambiental en Galicia. Este ano continúa crecendo, repetindo fórmulas gañadoras como o bloque destinado á mocidade e a combinación de pezas de diferentes temáticas e técnicas, propiciando o deleite, a sorpresa, a adrenalina e a concienciación do público.
Na pasada edición, os asistentes puideron ver pezas como a rusa Haulout, nominada ao Oscar na categoría de curta documental; a francesa L’ Effort des Hommes e a estadounidense Squid Fleet, ambas proxectadas na pasada edición do Festival de Cannes; ou a británica Wild Summon, unha alegoría da vida dos salmóns que vén de recibir dous premios no Festival Internacional de Cortometraxes de Clermont-Ferrand.

Categorías
THE WILD NEWS

O concurso de bandas SalvaxeSons II celebrará osseus duelos nos escenarios de Vialia Vigo

.O festival de música, cinema e na natureza The Wild Fest, que celebrará a súa sexta edición entre o 30 de agosto e o 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia pechará as inscricións o vindeiro luns 8 de abril.

.Os duelos serán os días 3,10, 24, 31 Mayo 7 Junio no C.C. Vialia Vigo.

.A organización incrementa os premios en metálico ata os 1600€.

O festival multidisciplinar The Wild, como en edicións anteriores, programará concertos de bandas galegas e nacionais, proxeccións de cinema medioambiental e actividades infantís, ademais de zona gastro, mercadiño e propostas para coñecer a contorna.

Os gañadores escolleranse en tres fases. A primeira criba será realizada por un xurado composto por Roberto Penas, Alfredo Dourado e Pablo Vázquez a partir dos tres temas gravados que as bandas entreguen no momento de facer a inscrición. O festival The Wild acadou un acordo de colaboración no cal o Centro Comercial Vialia de Vigo apoiara esta fase do concurso. Esta segunda fase terá lugar os dias 3,10, 24, 31 Mayo 7
Junio no C.C. Vialia Vigo
e realizarase en formato duelo por parellas. A final será o propio concerto en The Wild Fest, onde se decidirá ao gañador en directo.

O concurso de bandas SalvaxeSons II busca descubrir e impulsar novos talentos da música galega. A competición terá cinco finalistas que poderán tocar o sábado 31 de agosto no escenario principal de The Wild. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un premio en metálico de 1000€, 400€ e 200€ respectivamente, e as dez bandas clasificados para os “duelos” terán acceso gratuíto a The Wild Fest durante toda a fin de semana.

Poden participar bandas e solistas de calquera estilo, coas únicas condicións de ter un membro galego e non ter máis de un disco editado. As inscricións poderán realizarse no email salvaxesons@thewildfest.com adxuntando información da banda e tres
cancións. As bases poden consultarse na web do festival.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Fest convoca o seu concurso de bandas SalvaxeSons II

  • O festival de música, cinema e deporte na natureza The Wild Fest, que celebrará a súa sexta edición entre o 30 de agosto e o 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia convoca o concurso de bandas SalvaxeSons. 
  • O prazo de candidaturas ábrese este 12 de febreiro e pecharase o 1 de abril.
  • A organización incrementa os premios en metálico ata os 1600€.

09.02.2024 O festival multidisciplinar The Wild, como en edicións anteriores, programará concertos de bandas galegas e nacionais, proxeccións de cinema medioambiental e  actividades infantís, ademais de zona gastro, mercadiño e propostas para coñecer a contorna.

O concurso de bandas SalvaxeSons II busca descubrir e impulsar novos talentos da música galega. A competición terá cinco finalistas que poderán tocar o sábado 31 de agosto no escenario principal de The Wild. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un premio en metálico de 1000€, 400€ e 200€ respectivamente, e as dez bandas clasificados para os “duelos” terán acceso gratuíto a The Wild Fest durante toda a fin de semana. 

Os gañadores escolleranse en tres fases. A primeira criba será realizada por un xurado a partir dos tres temas gravados que as bandas entreguen no momento de facer a inscrición. A segunda fase terá lugar durante o mes de maio nunha sala de Vigo ou arredores e realizarase en formato duelo por parellas. A final será o propio concerto en The Wild Fest, onde se decidirá ao gañador en directo. 
Poden participar bandas e solistas de calquera estilo, coas únicas condicións de ter un membro galego e non ter máis de un disco editado. As inscricións poderán realizarse no email salvaxesons@thewildfest.com adxuntando información da banda e tres cancións. As bases poden consultarse aquí.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Fest xa ten datas para a súa sexta edición e convocará de novo un concurso de bandas Salvaxesons

  • O festival de música, cinema e deporte na natureza The Wild Fest celebra a súa sexta edición entre o 30 de agosto e o 1 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia.
  • O concurso de bandas Salvaxesons busca impulsar a carreira de novos artistas musicais galegos. A convocatoria e as bases serán difundidas o vindeiro 9 de febreiro.

06.02.2023 O festival multidisciplinar The Wild volverá celebrarse este verán e anuncia as datas da súa sexta edición, en 2024, que ocupará a fin de semana do 30, 31 de agosto e o 1 de setembro. Como en edicións anteriores o festival programará concertos de bandas galegas e nacionais, proxeccións de cinema e  actividades infantís, ademais de zona gastro, mercadiño e propostas para coñecer a contorna.

O Parque Forestal de San Miguel de Oia volverá ser o escenario do The Wild. Trátase dun espazo de merendeiro cun miradoiro privilexiado á ría de Vigo que é xa nun dos emblemas do festival, que ten como leimotiv facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

A vindeira edición mantén a vontade das pasadas de englobar un gran número de actividades nunha soa cita e integralas no medio natural: concertos de folk e rock, The Wild Cinema, andaina, ximcana de orientación, obradoiros, mercadiño e espectáculos infantís. 

O concurso de bandas Salvaxesons volta para descubrir e impulsar novos talentos da música galega. A competición terá cinco finalistas que poderán tocar o sábado 31 de agosto no escenario principal de The Wild. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un premio en metálico.

Os gañadores escolleranse en tres fases. A primeira criba será realizada por un xurado a partir dos tres temas grabados que as bandas entreguen no momento de facer a inscrición. A segunda fase terá lugar durante o mes de abril nunha sala de concertos e realizarase en formato duelo por parellas das 10 bandas finalistas. A final será o propio concerto en The Wild Fest, onde se decidirá ao gañador en directo. 

A convocatoria e as bases serán difundidas o vindeiro 9 de febreiro.

Categorías
THE WILD NEWS

Entrevista a Jeremy Rifkin

Investigador do impacto dos cambios científicos e tecnolóxicos na economía e no medio ambiente

Jeremy Rifkin, na súa entrevista con EATING OUR WAY TO EXTINCTION, fala de como o cambio climático é un problema desbocado en tempo real, que nos leva a un abismo e, a non ser que abordemos o ‘Elefante na sala’, é dicir, a agricultura animal como principal contribuínte ao gases de efecto invernadoiro, non conseguiremos gozar dos froitos da 3a revolución industrial.

Jeremy Rifkin é un teórico económico e social estadounidense, escritor, orador público, asesor político e activista. Rifkin é o autor de 21 libros sobre o impacto dos cambios científicos e tecnolóxicos na economía, a forza de traballo, a sociedade e o medio ambiente.

O Sr. Rifkin tamén está aconsellando no liderazgo da República Popular Chinesa sobre a creación e ampliación da infraestrutura da Terceira Revolución Industrial de Internet Plus para iniciar unha economía sostible e baixa en carbono. O Huffington Post informou desde Pekín o 29 de outubro de 2015 que “o primeiro ministro chinés, Li Keqiang, non só leu o libro de Jeremy Rifkin, A Terceira Revolución Industrial, e o tomou en serio. El e os seus colegas tamén o converteron no núcleo do décimo terceiro Plan Quinquenal do país…” O Huffington Post continúa dicindo que “este proxecto para o futuro de China sinala o cambio de dirección máis trascendental desde a morte de Mao e a chegada de Reforma e apertura de Deng Xiaoping en 1978.

Segundo EurActiv, “Jeremy Rifkin é un economista e autor estadounidense cuxo best-seller Terceira Revolución Industrial, sen dúbida, proporcionou o modelo para a transición de Alemaña a unha economía baixa en carbono e a aceptación estratéxica da política climática de China”.

Rifkin é o principal arquitecto da visión económica e do plan de desenvolvemento a longo prazo da Terceira Revolución Industrial da Unión Europea para introducir unha infraestrutura dixital de Internet destas accións en toda a Unión Europea e as súas rexións de colaboración para crear unha economía intelixente post-carbono, sociedade ecolóxica, e o mercado económico único integrado máis grande do mundo. O plan chámase “Europa intelixente”.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Fest celebra cinco duelos de bandas galegas

Este sábado, 15 de abril en Cañaveral, comezan os duelos de Salvaxesons o concurso de bandas celebrado ao abeiro de The Wild Fest.

11.04.2022| O concurso de bandas Salvaxesons, organizado polo festival The Wild Fest, chega á súa segunda fase: os duelos de bandas, nos que dez grupos galegos enfrontaranse de dous en dous para pasar á seguinte fase. Os duelos son concertos abertos e gratuítos que se celebran Cañaveral (Porta do Sol, 6) os sábados 15, 22, 29 de abril, 13 e 27 de maio ás 21h. Os gañadores de cada duelo serán elixidos a través do voto do público e de dous membros do xurado presentes en cada batalla.

Os dez grupos que actuarán en Cañaveral foron seleccionados por un xurado profesional entre máis de 40 bandas presentadas e teñen estilos moi diferentes, desde o pop ao punk, pasando por todas as cores do rock, a americana e o soul. As bandas que competirán son The Broke, Carla Lourdes, The Riggos, Visions of Johanna, The Mob Swing, Sanny, Blue Merrow, Another Wasted Year, The Mirror e Mad Mission. Os duelos foron emparellados ao azar, mediante un sorteo que se retrasmitiu nas redes sociais do festival o pasado 17 de marzo.

As cinco bandas gañadoras dos duelos recibirán un abono para desfrutar dos tres días de The Wild Fest e pasarán á terceira e última fase de Salvaxesons: unha actuación no escenario principal de The Wild Fest o 23 de xuño onde o xurado decidirá aos tres gañadores. Os premios serán de 600€, 300€ e 100€.

O xurado está formado por catro profesionais da música galega desde diferentes ámbitos. Alberto Cunha, músico, imitador e humorista con 30 anos de experiencia sobre os escenarios; Patricia Hermida, mánager e produtora de artistas como Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, fundadora da Asociación MIM e presidenta da Agem (Asociación Galega Empresas Musicais); Pablo Vázquez, xornalista cultural en A Movida e autor do libro Son da cidade, sobre a música viguesa no século XXI; e Rafa Valero, xornalista radiofónico, cofundador de CÍES podcast e corresponsal de Marca en Vigo.

Programa de duelos de Salvaxesons

Todos os concertos son ás 21h en Cañaveral 

Sábado 15 de abril  – The Broke vs. Carla Lourdes

Sábado 22 de abril  – The Riggos vs. Abrigo

Sábado 29 de abril – Sanny vs. The Mob Swing

Sábado 13 de maio – Blue Merrow vs. Another Wasted Year

Sábado 27 de maio – The Mirror vs. Mad Mission

THE WILD FEST 2023

A quinta edición do festival multidisciplinar The Wild Fest celébrase os días 23, 24 e 25 de xuño e este ano contará cos concertos de Ángel Satanich, Sés, Biznaga e Zeltia Irevire. Ademais haberá proxeccións de cinema, actividades infantís, zona gastro, mercadiño e propostas para coñecer a contorna.

O Parque Forestal de San Miguel de Oia volverá ser o escenario do The Wild Fest. Trátase dun espazo de merendeiro cun miradoiro privilexiado á ría de Vigo que é xa nun dos emblemas do festival, que ten como leimotiv facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

O venres 23 e domingo 25 o acceso ao festival é gratuíto. Para o sábado é necesario adquirir unha entrada na web https://thewildfest.com/entradas/. Na mesma billeteira pode reservarse praza no camping, tanto para tendas, como para furgonetas e autocaravanas.


Categorías
THE WILD NEWS

SÉS e Biznaga únense ao cartel de The Wild Fest 

SÉS, Biznaga e Ángel Stanich actuarán no parque forestal de San Miguel de Oia o 24 de xuño
As entradas están á venda a prezo de lanzamento ata o 31 de marzo

15.03.2022. A galega SÉS e os madrileños Biznaga únense ao cartel do The Wild Fest que xa contaba coa presenza de Ángel Stanich. Con estas dúas incorporacións anuncianse os tres cabezas de cartel desta edición, na que tamén haberá sesións vermú, a final do concurso Salvaxesons e actuacións para público familiar.

O festival celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia os días 23, 24 e 25 de xuño, un espazo natural con merendeiro, bosque autóctono e miradoiros á ría e as Illas Cés. Ademais da posibilidade de desfrutar de música e cultura na natureza o entorno propicia a realización de actividades como Orientaventura, actividade de orientación por equipos que cada ano enche as súas prazas; e Canicross, carreira na que os participantes van acompañados do seu can.

As entradas están á venda na web thewildfest.com a prezo reducido ata o 31 de marzo. Só será de pago o sábado 24, xornada na que se celebrarán os concertos de SÉS, Ángel Stanich e Biznaga, entre outros. A entrada do venres e domingo é de balde.  O certame ofrece a posibilidade de pernoctar nun camping acondicionado para a ocasión no que tamén hai cabida para furgonetas e autocaravanas.

SÉS e Biznaga actuarán o sábado 

A cantautora SÉS é a aposta galega para a quinta edición do The Wild Fest. Coñecida polo seu arrasador talante sobre os escenarios e a forza da súas letras. Sés mestura música tradicional con blues, rock & roll e canción de autor e os seus concertos están marcados pola súa personalidade carismática, honesta e combativa. No seu último disco Diante un eco, lanzado o pasado novembro, SÉS volve aos seus incios da súa carreira, pero desde a madurez e experiencia de quen ten oito discos publicados e quince anos de carreira musical.

Biznaga é unha das bandas máis eloxiadas do novo punk español. O grupo de malagueños afincados en Madrid fai temas de pop contundente e punk renovado que falan de temas actuais como a xentrificación, a vixilancia tecnolóxica ou a precariedade cun son moi guitarreiro. Co seu último disco, Bremen no existe, xiraron tanto por España como por Latinoamérica e Europa.

Entradas xa á venda

As entradas para o sábado (único día de pago) están desde hoxe á venda na plataforma Vivetix. As primeiras 400 venderanse a prezo especial de lanzamento de 15,00 €. As persoas que desexen durmir no cámping poderán reservar xa a súa praza por un suplemento de 5,00€. O acceso ao cámping estará aberto entre o venres 23 ás 15:00h e o luns 26 ás 12:00h.

Como novidade deste ano, e debido ao gran número de preguntas e suxerencias recibidas en anteriores edicións, este ano habilitarase un espazo para furgos e autocaravanas. A reserva nesta zona, con capacidade para 50 vehículos, ten un custe de 10,00 € por vehículo.

Categorías
THE WILD NEWS

OFERTA DE EMPREGO

A.C. The Wild comunica:


Posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:

1 AXUDANTE DE DIRECCIÓN DE PROXECTOS CULTURAIS.
1 RESPONSABLE COMERCIAL E ADMINISTRACIÓN.


Requisitos xerais:

  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2022.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
  • Posuír o perfil para o posto solicitado.


Outros requisitos:

  • Experiencia en proxectos/festivais artísticos / finanzas/contabilidade.

Presentación de currículums:

  • Prazo de remate de recepción de CV: 21/marzo/2023
  • Enderezo de envío e/ou de entrega: xerencia@thewildfest.com

Ligazón á oferta

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Cinema busca filmes medioambientais

The Wild Cinema abre o período de inscrición de filmes de temática medioambiental ata o 1 de maio.

O festival celebrarase os días 23, 24 e 25 de xuño, dentro do festival The Wild Fest, e as proxeccións serán ao aire libre.

21.02.2022. The Wild Cinema cumpre cinco anos e prepara a súa edición máis ambiciosa. O certame de cinema con foco na natureza naceu en 2019 no seo do festival multidisciplinar vigués The Wild Fest e creceu ata adquirir a súa propia identidade e consolidarse como o único festival de temática medioambiental en Galicia.

Este ano continuará a crecer aumentando o número de filmes proxectados e de ralizadores convidados, creando sesións especialmente pensadas para a rapazada, repartindo tres galardóns e incorporando a posibilidade de desfrutar do certame en versión online.

The Wild Cinema abre o prazo de inscrición de filmes ata o 1 de maio

The Wild Cinema abre o período de inscrición de filmes que optarán a ser proxectados os días 23, 24 e 25 de xuño nunha gran pantalla instalada no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Os organizadores procuran curtametraxes e longametraxes de calquera parte do mundo de temática natureza, fauna, activismo ecolóxico, deportes de aventura ou montaña. A inscrición pode realizarse ata o 1 de maio por algunha das dúas vías habilitadas: un formulario propio na web do certame e a plataforma Festhome.

As cintas poden ir destinadas tanto a público infantil como adultos, xa que, por primeiro ano, The Wild Cinema contará con sesións especialmente pensadas para a cativada. Tamén se aceptarán tanto pezas documentais como de ficción.

Os filmes serán seleccionados pola súa capacidade para sensibilizar á audiencia tanto coa beleza como cos problemas medioambientales, facela reflexionar sobre o impacto da raza humana na súa contorna ou deixala abraiada coa pericia dos deportistas máis aventureiros.

The Wild Cinema crece na súa quinta edición

O certame é o único festival de temática medioambiental que existe nestes momentos en territorio galego e quere aproveitar o seu carácter singular para converterse na cita de referencia para os amantes da natureza e os seus defensores. 

Por este motivo, o festival crecerá este ano en varios aspectos. A nova máis importante é a creación de tres premios que serán dedicidos por un xurado: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.
Outra das grandes novidades é a incorporación da modalidade online. Os filmes estarán dispoñibles para o visionado a través dunha plataforma en liña durante a fin de semana do evento e a semana posterior, multiplicando a audiencia e repercusión do certame. Ademais aumentan o número de filmes proxectados e de realizadores convidados e separaranse as sesións en adultos e cativos.

Categorías
THE WILD NEWS

Ángel Stanich cabeza de cartel do The Wild Fest

The Wild Fest cambia a súa data de celebración: 23, 24, 25 de xuño.

16.02.2022. O cantautor de rock alternativo Ángel Stanich é o primeiro artista confirmado no cartel musical de The Wild Fest. O cántabro actuará no escenario principal do Parque Forestal de San Miguel de Oia o sábado 24 de xuño, xunto a outras bandas españolas e galegas que o festival desvelará nas próximas semanas.

Outra novidade importante é o cambio de datas do certame, que trasládase á fin de semana anterior á anunciada en novembro. Finalmente, The Wild Fest celebrarase entre o 23 e o 25 de xuño, con entrada gratuíta tanto o venres como o domingo.

Nestas dúas xornadas os asistentes desfrutarán das proxeccións ao aire libre de The Wild Cinema, actividades infantís, sesións vermú con concertos, mercado, zona gastro e todo o bo ambiente e desfrute da natureza que distingue ao festival.

As entradas para o sábado e o camping xa están á venda na plataforma Vivetix a prezo de lanzamento ata o 31 de marzo. A petición popular, este ano haberá un espazo especialmente acondicionado para autocaravanas e furgonetas.

Ángel Stanich, cabeza de cartel

Esquivo, misterioso e personalísimo. Ángel Stanich converteuse non últimos anos nunha das voces referencia do panorama indie rock en España. Grazas ás súas letras irónicas e as súas melodías pegañentas, o cántabro sorprende disco tras disco co seu sentido do humor ácido e o seu talento compositivo.

Polvo de Battiato é o seu último traballo, un conxunto de temas que oscilan entre o pop, o rock e o folk e que o volven situar como un dos artistas máis interesantes do panorama musical nacional.

O artista demostrou o seu tirón o ano pasado, enchendo durante dúas noites consecutivas a Sala Riviera de Madrid, onde subiu ao escenario acompañado de artistas da altura de Quique González ou Mikel Erentxun.

Cambio de datas e celebración de San Xoán

O festival multidisciplinar The Wild cambia de datas. Pasa aos días 23, 24 e 25 de xuño.

Isto fai que o festival coincida coa celebración de San Xoán, algo que non pasa por alto a organización que, xunto ás asociacións de Liñares e San Miguel de Oia, organizará unha festa de San Xoán na noite do venres 23 na que non faltarán as sardiñas á brasa, e o conxuro da queimada. A música está asegurada coa celebración da final do concurso de bandas SALVAXESONS:

Entradas xa á venda

As entradas para o sábado (único día de pago) están desde hoxe á venda na platorma Vivetix. As primeiras 400 venderanse a prezo especial de lanzamento de 15,00 €. As persoas que desexen durmir no cámping poderán reservar xa a súa praza por un suplemento de 5,00€. O acceso ao cámping estará aberto entre o venres 23 ás 15:00h e o luns 26 ás 12:00h.

Como novidade deste ano, e debido ao gran número de preguntas e suxerencias recibidas en anteriores edicións, este ano habilitarase un espazo para furgos e autocaravanas. A reserva nesta zona, con capacidade para 50 vehículos, ten un custe de 10,00 € por vehículo.

Categorías
THE WILD NEWS

Máis dun milleiro de persoas pasaron por The Wild Fest

The Wild Fest pecha a súa cuarta edición e consolídase como un festival capaz de aunar potentes directos de rock con ambiente familiar.

A organización está xa coa mirada posta na quinta edición.

13.07.2022 | Os pasados 8, 9 e 10 de xullo o Merendeiro do Parque Forestal de San Miguel de Oia albergou The Wild Fest, un festival único, pensado para poñer en valor o coidado pola natureza e ofrecer unha oferta cultural afastada da habitual.

Durante os tres días de celebración máis dun milleiro de persoas achegáronse a desfrutar da música, o cinema, as faladoiros, os postos de comida e as actividades infantís. Estas últimas atraeron a centos de maiores e pequenos ás actuacións de Peter Punk e Brais das Hortas e Cé Orquestra Pantasma, ou aos obradoiros de circo, pintura e escalada.

Outro dos puntos fortes do The Wild Fest é que se trata do único en Vigo e a súa contorna no que ver grandes concertos de rock, un estilo desprazado nas úlmas décadas nos carteis dos festivais. Proba disto foron os potentes directos de Aurora & The Betrayers, Corizonas e Moonshine Wagon; así como o de Aphonnic, a banda viguesa referente en nu metal galego, que pechou a noite do sábado.

O lugar de celebración é un dos aspectos máis destacados polos asistentes e insignia do certame. O merendeiro e miradoiro arbolado resagardou aos asistentes das altas temperaturas da pasada fin de semana, e propiciou unha sensación térmica de ata 6 grados por debaixo do centro da cidade. Os organizadores, que xa están a pensar na próxima edición, destacan ademais o traballo coa comunidadede San Miguel de Oia, xa que veciños, comuneiros e negocios locais son vitais para levar a cabo un festival que ten o respecto da contorna no seu ADN. Actividades como o Bosque de Xela Arias, as xornadas co fogar e clínica San Rafael, a andaina solidaria con Bicos de Papel ou a presenza no recinto dunha mesa informativa de Aldeas Infantís, contribúen a poñer en valor a zona.

THE WILD FEST

The Wild naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e culturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia. 

Busca destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Categorías
THE WILD NEWS

The Wild Cinema, cinema medioambiental en plena natureza

O festival internacional The Wild Cinema celebra a súa cuarta edición entre o 8 e o 19 de xullo e afiánzase como a única mostra de cinema medioambiental que se celebra en Galicia actualmente.

Nunha gran pantalla instalada no merendeiro de San Miguel de Oia proxectaranse filmes premiados en certames internacionais que son estreas en Galicia, como Eating our Way to Extintion, un documental producido e narrado por Kate Winslet sobre a industria alimentaria.

As entradas están á venda na páxina web de The Wild Fest.

Por cuarto ano consecutivo o festival multidisciplinar The Wild Fest
acollerá The Wild Cinema, unha mostra de cinema medioambiental que aborda temas como a ecoloxía, o activismo, a vida salvaxe ou o deporte de aventura na natureza. Os filmes serán proxectados nunha gran pantalla instalada no merendeiro do Parque Forestal de San Miguel de Oia, ao aire libre e rodeados de natureza.


A programación estará dividida en catro sesións: dúas o venres (18 e 19:30h), unha o sábado (15h) e outra o domingo (17:30h). Para acceder o venres e o sábado será preciso ter a entrada a The Wild Fest, que pode comprarse na web do festival. O domingo a entrada é de balde a todas as actividades, incluído o cinema.

A escolma está formada por títulos españois e internacionais, seleccionados pola súa capacidade para facernos empatizar cos problemas derivados da intervención humana na natureza, plantexarnos as nosas accións diarias ou deixarnos coa boca aberta ante a pericia de certos deportistas de aventura ou a beleza do noso planeta.

Destaca o documental Eating our way to extintion, peza gañadora do festival Suncine de Barcelona en 2021 que aínda non foi proxectada en Galicia. Producida e narrada por Kate Winslet, esta película leva ao público a unha viaxe cinematográfica arredor do mundo, desde as profundidades das selvas amazónicas ata as montañas de Taiwan, o
deserto de Mongolia, ou as costas escocesas, contando a historia do noso planeta a través de testemuños impactantes, relatos conmovedores dos pobos máis afectados pola industria da alimentación, figuras de renome mundial e científicos destacados. Será proxectada na sesión do sábado a mediodía.

Tamén poderemos ver Stolen Fish, un poderoso documental sobre a explotación da costa de Gambia por parte das fábricas chinesas de fariña de peixe, poñendo en perigo a principal fonte de riqueza e alimentación do país máis pequeno de África. Unha curta dirixida pola polaca Malgorzata Juszczak e tamén premiada en Suncine, así como
Sheffield International Documentary Festival, en Reino Unido ou Tallinn Black Nights Film Festival.


Ofelia de Pablo e Javier Zurita codirixen dúas das curtas que serán proxectadas: Doñana´s Beating Heart e Sharing the Land. Doñana´s Beating Heart afonda na delicada situación do lince ibérico no maior humedal de España coa apertura do parque nacional a cazadores, agricultores e moreas de turistas. A historia está contada polas persoas activistas que denuncian a situación e traballan para evitar que Doñana
entre na lista de Patrimonio mundial en perigo da UNESCO. Sharing the Land aborda a delicada situación do lobo ibérico e a, ás veces non moi harmoniosa, convivencia da especie cos pastores e o gando. Foi galardoada no Wildscreen Festival de Reino Unido.

Todo os filmes proxectados en The Wild Cinema serán estreas en Galicia e amosan o compromiso do certame por exhibir traballos audiovisuais dirixidos por mulleres ou nos que elas son as protagonistas.
Entradas
As entradas están á venda a través da billeteira Vivetix con opción á compra por días ou abono completo. En todos os casos hai posibilidade de acampar por un pequeno suplemento. A entrada o domingo é gratuíta ata completar o aforo do recinto. Os nenos ata 14 anos non pagan entrada.

Categorías
THE WILD NEWS

Wöyza, Boyanka Kostova, Músculo! e Blues do País actuarán no The Wild Fest

.- The Wild Fest anuncia o seu cartel musical completo coa incorporación de sete bandas galegas: Wöyza & The Galician Messengers, Boyanka Kostova, Músculo!, Wondercovers e Blues do País e Sindicato da Verbena, para adultos. Peter Punk e Brais das Hortas e Cé Orquestra Pantasma, para público infantil.

.- Os abonos xa están á venda na plataforma Vivetixcon posibilidade de mercar entradas por días e opción con acampada.

.- The Wild Fest celébrase entre o 8 e o 10 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo)

06.04.2022 |O festival multidisciplinar The Wild anuncia o seu cartel completo que, un ano máis, combina bandas relevantes a nivel nacional con forte presenza de artistas galegos que se darán cita no Parque Forestal de San Miguel de Oia do venres 8 ao domingo 10 de xullo. Xa estaba anunciada a presenza de Aurora & The Betrayers, Corizonas, Aphonnic, Moonshine Wagon e A Roda.

A eles súmanse Wöyza and the Galician Messegers, que fusionan con orixinalidade o soul e o hip-hop con repertorio tradicional galego; Boyanka Kostova, o dúo de trap con máis retranca, formado por Saibran Yiyi e o Chicho do Funk; e Músculo!, reis da electrónica galega e gañadores dos premios Martín Códax nesta categoría. Os tres actuarán na noite do venres.

O vermú do sábado estará amenizado por A Roda, a banda de música tradicional fundada en Teis en 1976 e pola noite será o turno do grupo de versións de coñecidos temas dos 70, 80 e 90, Wondercovers; seguidos pola madrileña Aurora & the Betrayers, o toque bluegrass dos Moonshine Wagon, o indie rock dos Corizonas e a potencia metaleira dos vigueses Aphonnic.

O domingo poderemos desfrutar en sesión vermú do dúo Blues do País acompañado pola banda Sindicato da Verbena, que nos farán bailar coa súa retranqueira mestura de cantigas galegas levadas ao terreo do blues e o R&B.

O ambiente familiar en The Wild Fest é un dos aspectos máis coidados pola organización do festival e nunca faltan as actuacións dirixidas a público infantil. Este ano, os encargados de facer rir á rapazada serán Peter Punk e Brais das Hortas o sábado, un dúo irreverente que combina circo e música con grandes doses de comedia; e Cé Orquestra Pantasma, o domingo, unha orquestra completa interpretada por un só home, César Freiría. Tamén o domingo haberá unha sesión de contacontos con Miguel Anxo Alonso Diz, escritor de literatura infantil que acaba de publicar O país da choiva.

Como nas edicións anteriores, a proposta multidisciplinar de The Wild Fest incluirá proxeccións de cinema medioambiental, faladoiros, zona gastro, zona de mercadiño e encontros con artesáns. Outro dos piares importantes de The Wild Fest desde os seus inicios é animar á cidadanía a desfrutar da natureza de xeito activo, mediante a organización dunha andaina, unha actividade de orientación e a carreira de obstáculos Xacobeo Wild Race, que este ano terá lugar o domingo anterior, 3 de xullo coa novidade dunha categoría específica para nenos, a Pequerace.

Entradas

As entradas están á venda a través da billeteira Vivetix con opción á compra por días ou abono completo. En todos os casos hai posibilidade de acampar por un pequeno suplemento. A entrada o domingo é gratuíta ata completar o aforo do recinto.

A inscrición na carreira de obstáculos pode realizarse a través da plataforma CCNorte.

THE WILD FEST

The Wild naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e culturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará entre o 3 e o 10 de xullo de 2022, buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Categorías
THE WILD NEWS

Aurora & The Betrayers, Corizonas, Aphonnic e Moonshine Wagon, primeiros concertos confirmados de The Wild Fest

| O festival multidisciplinar na natureza, The Wild Fest, confirma a presenza de catro bandas no seu escenario principal e unha sesión vermú coa formación tradicional A Roda.

| Os abonos saen hoxe á venda na plataforma Vivetixa un prezo especial de 26 € para os 100 primeiros compradores.

| The Wild Fest celébrase entre o 8 e o 10 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo)

24.03.2022 O festival The wild Fest confirma os primeiros artistas do seu cartel que un ano máis está dominado por bandas de rock galegas e españolas. A madrileña Aurora & the Betrayers, o toque bluegrass dos Moonshine Wagon, o indie rock dos Corizonas e a potencia metaleira dos vigueses Aphonnic son algúns dos concertos que poderemos desfrutar nas noites do venres e o sábado no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Tamén está confirmada a presenza do grupo de música tradicional A Roda para a sesión vermú do sábado.

O cartel completarase con máis concertos no escenario principal, que serán desvelados nas próximas semanas, así como propostas musicais durante o día, tanto para adultos como para a cativada. O publico familiar poderá desfrutar dun completo programa con teatro, contacontos e outras actividades lúdicas e creativas pensadas especialmente para que os pequenos da casa desfruten dunha xornada na natureza. Como nas edicións anteriores, a proposta multidisciplinar de The Wild Fest incluirá tamén proxeccións de cinema medioambiental, faladoiros, zona gastro, zona de mercadiño e encontros con artesáns.

Outro dos piares importantes de The Wild Fest desde os seus inicios é animar á cidadanía a desfrutar da natureza de xeito activo, mediante a organización dunha andaina, unha actividade de orientación e a carreira de obstáculos Xacobeo Wild Race, que este ano terá lugar o domingo anterior, 3 de xullo coa novidade dunha categoría específica para nenos, a Pequerace.

As entradas están á venda a partir de hoxe con opción a compra por días ou abono completo. O abono ten un prezo de lanzamento de 27€ para as 100 primeiras persoas que se fagan con el a través da billeteira Vivetix. Unha vez vendidos eses 100, o abono pasará a custar 30€. A entrada o domingo é gratuíta ata completar o aforo do recinto.

THE WILD FEST

The Wild naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e culturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará entre o 3 e o 10 de xullo de 2022, buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

==Equipo comunicación The Wild==

Categorías
THE WILD NEWS

O CEIP Ría de Vigo recibe o galardón Vigueses distinguidos e agradece a The Wild o traballo conxunto nas accións solidarias co seu alumnado

Comunicado do CEIP Ría de Vigo (San Miguel de Oia)

Estimada famiRIA:

Hoxe estamos moi felices xa que é un día especial para o noso centro e por suposto para toda a famiRIA que formamos esta pequena pero gran comunidade educativa. Como sabedes hoxe o noso centro CEIP PL. Ría de Vigo recibe a distinción de VIGUÉS DISTINGUIDO polo seu 50 aniversario.

Levamos cincuenta anos de ensino, e tamén de aprendizaxes, na parroquia de San Miguel de Oia tentando sempre facer as cousas do mellor xeito posible. En tanto tempo de seguro que se cometeron, e cometen, erros, pero tamén é ben seguro que houbo moitos máis acertos. Acertos necesarios para medrar día a día no obxectivo de ser un cole PÚBLICO de todos e todas, e para todas e todos.

Desde logo que é moita xente a que ten traballado, e traballa, por e para o noso centro. Por tanto sirva tamén de agradecemento imprescindible a todas elas e eles esta distinción por tantas horas e esforzos, a maioría das veces nen sequera recoñecidos. Especial mención a todo o profesorado actual e ao que leva pasado polo cole nestes anos así como aos anteriores equipos directivos que foron colocando os chanzos necesarios para ter un cole no que estamos orgullosos de ser o que somos, de ser como somos, de facer como facemos e de sentir coma sentimos.

Agradecemento agarimoso e infinito ao meu actual equipo directivo que nunha sorte de moeda tiveron a cruz xestionando unha dificilísima situación derivada do covid pero que a casualidade quiso que, en certo modo, a cara sexa este histórico momento de celebración do medio século do Ría.. E por suposto, mención especialísima ao noso querido alumnado, esencia absoluta do Ría e para quenes van tódolos nosos esforzos, esperanzas e ilusións.

Alumnos e alumnas que neste tempo foi mudando de bando. Quenes antes eran alumnado, en moitos casos, agora son pais e nais de alumnado. Esta tarde unha comitiva da famiRIA estaremos no Teatro Afundación neste irrepetible e seguro que emocionante acto para quenes sentimos o Ría. Xunto co profesorado do centro tamén estarán cando nós diferentes persoas representando diferentes estamentos e entidades sen as que non se podería entender a nosa escola. É moito de agradecer a boa disposición e o entusiasmo destas persoas ao recibir o convite para celebrar estes 50 anos do que tamén é o seu cole. Estamos felices de que nos acompañen:

Representantes do persoal non docente do centro. Imprescindibles no día a día do centro: cociña, limpeza, coidadores comedor, conserxes… Imposible que o cole funcionara como o fai sen o seu compromiso e implicación.

Representantes da ANPA. Representando ás familias e alumnado. Nunca será suficientemente agradecido o traballo das diferentes ANPAs que levan pasado polo noso centro e que son imprescindibles para seguir sendo o que somos.

Representantes da Comunidade de Montes. Sempre coa porta aberta para axudar ao cole todo o que poden. Agradecidos é pouco.

Representantes empresa autobuses “La Florida”, 40 anos ao noso carón. 40 anos de facer máis do que tocaba. Nada máis que decir.

Representantes da AVV. de San Miguel. Somentes podemos estar agradecidos das facilidades que sempre dan para o que lles solicitamos.

Representantes da Banda Lira. Simbiose fantástica entre o Ría e a Lira. A banda sonora do Ría non se entendería sen a nosa querida Lira.

Representantes do Grupo Recuperación “Muiños de Gontade”. Grazas aos que temos o noso Bosque da Lingua: Xela Arias que agardamos seguir potenciando e desfrutando.

Representantes festival “The Wild”. Moitas veces a intensidade das relación non as marca o tempo de duración da mesma e si o bo entendemento. O RÍA ten o seu lado salvaxe grazas á esta xente.

Somos unha famiRIA e queremos seguir por este camiño canda menos outros 50 anos máis, e que poidamos velo, desde logo!! Queremos seguir berrando ben alto, claro e con orgullo outros 50 anos:

EU SON DO RÍA !!!!!!

Grazas a todos e todas por sumar para que este día sexa inolvidable. Desfrutemos do día que é o noso día. O día do noso RÍA!!

De parte da equipa do The Wild, parabéns e a por 50 anos máis!

Categorías
THE WILD NEWS

Oferta de emprego

Asociación Cultural e Deportiva The Wild comunica:
Posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:

1 Axudante de dirección de proxectos culturais

1 Responsable comercial e administración

Requisitos xerais:

  • Empadroado en Vigo antes do 01/01/2021.
  • Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
  • Posuír o perfil para o posto solicitado.

Outros requisitos:

  • Experiencia en proxectos.
  • Experiencia en festivais artísticos.
  • Experiencia en finanzas.
  • Experiencia en contabilidade.

Presentación de currículums:

  • Prazo de remate de recepción de CV: 12/marzo/2022
  • Enderezo de envío e/ou de entrega: xerencia@thewildfest.com

Data de publicación: 2/marzo/2022

Ligazón á oferta

Categorías
THE WILD NEWS

Aberta a inscrición para o desafío deportivo
Xacobeo Wild Race


Xacobeo Wild Race, a carreira de obstáculos que se cerebra no marco do festival multidisciplinar The Wild Fest, abre o período de inscrición este venres, 4 de febreiro .

A carreira crece en número de quilómetros e obstáculos e incorpora unha nova modalidade: Pequerace, deseñada para público infantil.

The Wild Race celebrarase o 3 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

03.02 .202 2 Por terceiro ano os m ontes de San Miguel de Oia serán o escenario da Xacobeo Wild Race, unha OCR, é dicir, carreira de obstáculos, que se serve d e elementos tanto naturais como colocados pola organización para ret ar aos atletas. A carreira terá lugar o día 3 de xullo e as pers oas que desexen participar poderán inscribirse a partir deste venres (4 de febreiro) na plataforma CCNORTE A OCR Xacobeo Wild Race é un desafío deportivo na natureza na que os participantes deberán superar máis de 40 obstáculos ao longo de 10 quilómetros de percorrido para chegar á meta.
Isto supón un aumento de duración e dificultade respecto a anos anteriores, n os que o percorrido foi de oito quilómetros e os obstaculos 35.

As probas están inspiradas en diferentes disciplinas deportivas de alta intensi dade como o CrossTrai ning, PaleoTraining ou Strogman, o que significa que os participantes deberán contar cunha boa preparación física e mental para superalos.

Modalidades de participación

Existen tres modalidades de parcipación na Xacobeo Wild Race, en función do nivel de esixencia e dificultade que cada corredor desexe:


 A modalidade Wolf (lobo) é unha carreira por equipos de catro persoas (masculinos, femininos ou mixtos) mixtos), polo que a a táctica e o traballo de todos os integrantes será fundament al para chegar con éxito á meta.


 A modalidade Raven ( é unha carreira individual. O s participantes poderán decidirse pola categoría Élite , onde non poderán recibir axuda doutros participantes para superar as probas, ou Popular, que si permite recibi r axuda externa.


A Pequerace se celebra nun percorrido diferente e adaptado aos nenos . Os nenos ata 7 anos deberán dar dúas voltas ao circuíto, mentres que os maiores de 8 darán tres.

THE WILD FEST


A Xacobeo Wild Race celébrase dentro do programa de actividades do festival multidisciplinar The Wild Fest, un evento que naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e cu lturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará entre o 3 e o 10 de xullo de 2022 , buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio am biente.