Categorías
THE WILD NEWS

Ilegales, lenda viva do rock estatal, cabeza de cartel de The Wild

As entradas están á venda na web do festival por só 10,00 €

The Wild celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia do 5 ao 7 de setembro.

26.07.2025 | O festival The Wild,, contará co grupo Ilegales como cabeza de cartel da súa sétima edición, que se celebra do 5 ao 7 de setembro en Vigo. A banda asturiana, liderada por Jorge ‘Ilegal’, é unha das máis veteranas e provocadoras do rock estatal das últimas décadas, recoñecida pola súa actitude combativa e longa traxectoria. 

Formada en Xixón a comezos dos anos 80, Ilegales acadarou éxito con temas xa icónicos como ‘Soy un macarra’, ‘Problema sexual’, ‘Eres una puta’ ou ‘Tiempos nuevos, tiempos salvajes’. No ano 2022 publicaron La lucha por la vida, un disco de celebración dos seus 40 anos sobre os escenarios, no que reinterpretan os seus grandes éxitos xunto a artistas convidados como Bunbury, Loquillo, Vetusta Morla ou Dani Martín. Cunha carreira que combina á perfección irreverencia e solidez musical, a banda chega a The Wild en plena forma, convertida nunha lenda viva do rock nacional.

O cartel complétase cos artistas galegos Sr. Salvaje, Netta Rufina, Los Mortymer e a final do concurso de bandas Salvaxesons, que repartirá 1.800 € en premios. O festival tamén inclúe programación familiar, con nomes como Cé Orquestra Pantasma, Peter Punk ou as Olimpíadas Paiasas e complétase con propostas paralelas como The Wild Cinema, Orientaventura, o mercado de artesanía e zona gastro.

EntradasAs entradas para o sábado están á venda en thewildfest.com por 10,00 €. A entrada do venres e domingo é de balde, así como para os menores de 14 anos. Haberá zona de acampada e espazo para furgonetas con baños e duchas.