Xacobeo Wild Race, a carreira de obstáculos que se cerebra no marco do festival multidisciplinar The Wild Fest, abre o período de inscrición este venres, 4 de febreiro .
A carreira crece en número de quilómetros e obstáculos e incorpora unha nova modalidade: Pequerace, deseñada para público infantil.
The Wild Race celebrarase o 3 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia.
03.02 .202 2 Por terceiro ano os m ontes de San Miguel de Oia serán o escenario da Xacobeo Wild Race, unha OCR, é dicir, carreira de obstáculos, que se serve d e elementos tanto naturais como colocados pola organización para ret ar aos atletas. A carreira terá lugar o día 3 de xullo e as pers oas que desexen participar poderán inscribirse a partir deste venres (4 de febreiro) na plataforma CCNORTE A OCR Xacobeo Wild Race é un desafío deportivo na natureza na que os participantes deberán superar máis de 40 obstáculos ao longo de 10 quilómetros de percorrido para chegar á meta.
Isto supón un aumento de duración e dificultade respecto a anos anteriores, n os que o percorrido foi de oito quilómetros e os obstaculos 35.
As probas están inspiradas en diferentes disciplinas deportivas de alta intensi dade como o CrossTrai ning, PaleoTraining ou Strogman, o que significa que os participantes deberán contar cunha boa preparación física e mental para superalos.
Modalidades de participación
Existen tres modalidades de parcipación na Xacobeo Wild Race, en función do nivel de esixencia e dificultade que cada corredor desexe:
A modalidade Wolf (lobo) é unha carreira por equipos de catro persoas (masculinos, femininos ou mixtos) mixtos), polo que a a táctica e o traballo de todos os integrantes será fundament al para chegar con éxito á meta.
A modalidade Raven ( é unha carreira individual. O s participantes poderán decidirse pola categoría Élite , onde non poderán recibir axuda doutros participantes para superar as probas, ou Popular, que si permite recibi r axuda externa.
A Pequerace se celebra nun percorrido diferente e adaptado aos nenos . Os nenos ata 7 anos deberán dar dúas voltas ao circuíto, mentres que os maiores de 8 darán tres.
THE WILD FEST
A Xacobeo Wild Race celébrase dentro do programa de actividades do festival multidisciplinar The Wild Fest, un evento que naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e cu lturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará entre o 3 e o 10 de xullo de 2022 , buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio am biente.