The Wild anuncia as datas da súa cuarta edición, que se expande a dúas fines de semana: o 3 e o 8 ao 10 de xullo.
11.01.2022 O festival multidisciplinar The Wild volverá celebrarse no principio do verán e anuncia as datas da súa cuarta edición, en 2022, que ocupará dúas fines de semana de xullo. O domingo 3 de xullo celebrarase a carreira de obstáculos Wild Race. A fin de semana do 8 ao 10 de xullo terán lugar as actividades lúdicas e culturais, como os concertos, proxeccións e obradoiros e actividades infantís. O Parque Forestal de San Miguel de Oia volverá ser o escenario do The Wild. O seu mirador privilexiado á ría de Vigo é un dos atractivos e emblemas do festival, que ten o goce e o respecto da natureza como emblema.
The Wild buscará repetir o éxito das pasadas edicións, nas que, a pesar da pandemia, logrou crecer en número de asistentes, infraestructura e actividades programadas. Se algo chama a atención desta cita estival é a súa capacidade para englobar un grande número de actividades moi diversas e integralas no medio natural: concertos de folk e rock, The Wild Cinema, andaina, ximcana de orientación, obradoiros, mercadiño e espectáculos infantís. A organización buscará manter e mellorar todas elas na edición 2022.
O festival crece con este novo formato, que lle permite coidar de xeito especial tanto a parte deportiuva como a cultural. The Wild ofrece unha proposta de ocio única, interesante e divertida co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente. É por isto que todas as actividades que sucenden nel están alineadas con esta filosofía.
THE WILD FEST
The Wild naceu en 2019 co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio natural, o coidado dos nosos montes e o respecto polo medio ambiente a través da programación de actividades deportivas e culturais no entorno natural do Parque Forestal de San Miguel de Oia.
Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará entre o 3 e o 10 de xullo de 2022, buscará destacar como o festival multidisciplinar e medioambiental de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.