Categorías
THE WILD NEWS

Thee Blind Crows, Stoned at Pompeii e Susana Seivane Trío, primeiros concertos confirmados en The Wild Fest

Celeste Conde | Responsable de Prensa de The Wild

The Wild, festival multidisciplinar que terá lugar o 4 e 5 de setembro no Parque Forestal San Miguel de Oia, confirma os primeiros artistas que se subirán aos escenarios na súa nova edición: o trío pontevedrés Thee Blind Crows, os vigueses Stoned at Pompeii e Susana Seivane Trío.

Nesta terceira edición, a música do país terá unha gran presenza. Así, poderase gozar do folk, pero tamén do blues punk da man de Thee Blind Crows e do rock con selo vigués de Stoned at Pompeii.

“O cartel desta terceira edición é moi potente e aínda quedan máis grupos que confirmaremos en breves, pero podemos adiantar que tamén haberá espazo para artistas nacionais de gran envergadura”, afirma Juan de Castro, xestor cultural de The Wild. Ademais, engade que “este ano quixemos apostar mais que nunca pola música, un dos grandes prexudicados da pandemia”.

Deste xeito, The Wild Fest fai unha aposta por distintos estilos musicais e por facer un percorrido pola escena máis actual do panorama galego e nacional para ofrecer unha noite chea de música e máis unha sesión vermú.

A parte máis musical do The Wild arrinca o día 4 ao mediodía coa actuación de Susana Seivane Trío, a formación dunha das artistas de maior percorrido e traxectoria e que máis revitalizou o folk galego. Thee Blind Crows, pola súa conta, tocarán ese mesmo día pola tarde para encher o parque forestal coa enerxía e a forza do seu guitarreo blues punk. Pola noite será a quenda de Stoned at Pompeii cun directo abraiante cun estilo de carácter stoner rock que lles valeu o galardón de “Mellor Directo” nos premios Maketón Los 40 no 2020.

Por suposto, o festival, un dos poucos que conseguiu saír adiante o ano pasado, continuará cuns estritos protocolos de seguridade co obxectivo de crear un espazo seguro. Máscaras, aforo limitado ou sentidos únicos de circulación son algunhas das medidas previstas para o certame, que completará a súa programación con actividades para toda a familia, desde unha andaina solidaria ata The Wild Race, unha apaixonante carreira de obstáculos, así coma faladoiros ou todo tipo de eventos infantís.

Máis información e venda de entradas proximamente na web thewildfest.com

Categorías
THE WILD BLOG

O Cinema de Montaña, non tan ‘rara avis’

Juan de Castro | Xestor e programador do The Wild Fest

Como en toda especialidade, canto máis se afonda, máis grande é a nosa ignorancia do mesmo, e o caso do cinema de montaña é un fenómeno canto menos curioso polo número e o nivel dos festivais e das producións que podemos enfeixar neste eido.

A orixe desta temática cinematográfica vén reclamada sobre todo polos numerosos practicantes destas disciplinas deportivas, tan ligadas á introspección e á superación persoal como ao respecto polo planeta (e polas montañas).

Na península temos un festival moi destacado pola súa traxectoria e capacidade de convocatoria: o Bilbao Mendi Festival, que vén exhibindo os
mellores traballos do mundo de alpinismo, escalada, deportes extremos e
de temática medioambiental. É tamén un evento itinerante que adoita pasar polas nosas terras con notábel éxito.

Outro certame de calidade tremenda é o Festival de Cinema de Montanya de Torelló, con 39 edicións ás súas costas non acouga e cada ano exhibe filmes dunha beleza extrema.

Fotograma do documental Free Solo

Son decenas os certames a nivel mundial, todos decorridos acertadamente
en cidades e vilas montañosas. Destes destaco sen dúbida o canadense Banff Mountain Film. E máis que un festival, leva sendo o maior divulgador de contidos audiovisuais e gráficos para esquiadores, alpinistas e amantes do montañismo desde 1976.

Como recomendación cinematográfica cardíaca: Free Solo co inmenso escalador Alex Honnold, e para “descender” máis placidamente, a beleza dos cumes contada por Willem Dafoe en Mountain.

Algo único que transcende en case todos os filmes é que os protagonistas son dous: a montaña e o home. Isto é fascinante e o fundamento da paixón que xera. O público víveo sempre moi de preto porque son escaladores, esquiadores ou montañeiros que, sobre todo, aman a natureza e a presenza insuperábel e magnífica das montañas.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (24/04/2021)

Categorías
THE WILD NEWS

Aberta a inscrición a The Wild Race

Celeste Conde | Responsable de Prensa de The Wild

O festival multidisciplinar The Wild abre as inscricións de The Wild Race, unha carreira OCR que terá lugar o 5 de setembro e que promete grandes doses de adrenalina e desafío nun entorno natural como é o Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Ademais, cun percorrido de 8 quilómetros e máis de 35 obstáculos, incluiranse elementos adaptados doutras disciplinas como CrossTraining, PaleoTraining ou Strogman. Sen dúbida, unha actividade na natureza que estará chea de emoción, aventura e moita diversión.

Miriam Gesteiro, coordinadora de The Wild Race afirma que “a carreira combina a perfección natureza e exercicio físico. Por iso será unha gran experiencia para todos os participantes, que deberán loitar para superar os obstáculos e a si mesmos a través dunha boa preparación mental, unha correcta xestión da presión e un adecuado control da enerxía”.

Deste xeito, The Wild Race é unha carreira deportiva, lúdica e integradora que supón un verdadeiro reto para os atletas, que deberán aproveitar os recursos que lles proporciona o medio natural ao mesmo tempo que crean sinerxías para superar con éxito cada obstáculo.

Compre destacar que, por mor do coronavirus, levarase a cabo un rigoroso protocolo co fin de garantir a seguridade e o benestar tanto dos participantes coma do público e o staff e estará en consonancia coa lexislación vixente e as recomendacións das autoridades locais e autonómicas. Así, entre outros, haberá un único sentido de circulación, as zonas estarán diferenciadas e delimitadas e será obrigatorio levar máscara antes de comezar a proba.

Por suposto, esta actividade enmárcase dentro do festival, que se celebrará do 4 e 5 de setembro no merendeiro de San Miguel de Oia e no que se poderá gozar de concertos, xogos para os máis cativos, faladoiros ou diversos eventos coma a andaina solidaria.

AS MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN EN THE WILD RACE

En The Wild Race poderase competir en dúas modalidades diferenciadas: Wolf e Raven:
– A modalidade Wolf é unha carreira por equipos de catro persoas, polo que a cooperación, a táctica e o traballo de todos os integrantes será fundamental para chegar con éxito á meta.
– A modalidade Raven é unha carreira individual. Sen embargo, os participantes poderán decidirse pola categoría Élite, onde non poderán recibir axuda doutros participantes para superar as probas, ou Popular, que si permite recibir axuda externa.

OS PREZOS E A INSCRICIÓN

Todos os participantes que teñan 16 anos ou máis pódense apuntar á carreira a través da web de The Wild, onde tamén están as bases completas, ou na páxina Champion Chip Norte.
Doutra banda, o prazo de inscrición remata o 29 de agosto e os prezos variarán entre os 15 e os 30 euros en función da data de inscrición.
Neste sentido, tamén existe a posibilidade de adquirir o Bono The Wild por 10 euros máis que inclúe a participación na carreira e a entrada ao festival, que terá lugar o 4 e 5 de setembro no merendeiro de San Miguel de Oia.

Consulta aquí máis información e bases do desafío.

Categorías
THE WILD NEWS

Alumnos do CEIP Ría de Vigo crean o Bosque da Lingua: Xela Arias

Celeste Conde | Responsable de Prensa The Wild

O festival multidisciplinar The Wild leva a cabo un programa de concienciación medioambiental cos alumnos de 6º de primaria do CEIP Ría de Vigo. Un evento no que a dirección do centro de ensino facilitou e apoiou xunto coa Comunidade de Montes.

Así, este venres 14 de maio, o alumnado de 6º de primaria do colexio, puido gozar dunha camiñada polos sendeiros de San Miguel de Oia, coñecer o conxunto etnográfico de Os Muíños de Gontade e crear o Bosque da Lingua: Xela Arias, composto por un total de 12 carballos, un
por cada aula do centro, conmemorando deste xeito o Día das Letras Galegas.

Neste sentido, os rapaces e rapazas puideron aprender e executar todo o proceso de plantación, así coma coñecer as características botánicas da especie. Posteriormente, os diferentes cursos de primaria da escola irán visitar a zona e deixarán os seus poemas e escritos na árbore correspondente ao seu curso.

Miriam Gesteiro, coordinadora do proxecto, afirma que esta actividade “non só é saudable, senón tamén divertida e educativa para os nenos, conseguindo que coñezan mellor a súa contorna, que descubran a importancia de respectar o medio ambiente. Ao mesmo tempo, conmemoran dun xeito diferente o Día das Letras Galegas e a escritora e poeta Xela Arias, tan vencellada a cidade de Vigo e con ligazóns na nosa zona ”.


Categorías
THE WILD BLOG

“Entre pastores e lobos”, a historia do home e a terra

Juan de Castro · Xestor e programador do The Wild Fest

O documental galego ‘Entre pastores e lobos’ vén de gañar
o Premio do público e o de Cine Sostíbel no prestixioso
Festival Internacional de cine do Medio Ambiente Suncine.
Merecida lombeirada para un filme de fermosa riqueza
etnográfica e natural.

Coa fecunda produción cinematográfica galega de ficción adoitan ser escasos os traballos de carácter medioambiental e de natureza. Unha sorte, pois que Manuel Pedrosa e o seu equipo tiveran a ben traernos un filme tan redondo e puro.

A película lévanos aos vales e prados da Serra da Queixa, aos montes bastos e senlleiros do macizo central ourensán. Estes montes noutrora máis poboados e activos comezan a amosar o seu declive poboacional. Son as testemuñas dos poucos pastores que aínda resisten, os que nos amosan a vida sen domingos nin festivos nestas terras bravas de cabras, lobos e corzos.

Os teimudos e quedos pastores, e a pastora poeta Nieves, por suposto, introdúcennos nunha vida de inmersión e comuñón coa vida apegada a terra e aos seus ritmos, de vagar e en conivencia coas “bestas”, en especial cos queridos por uns e temidos por outros, os lobos. Un animal magnífico, que ligado ao home desde tempos ancestrais está sempre no debate dunha convivencia aínda sen resolver. Sempre perde o máis feble cando o instinto loita contra a orde e o desenvolvemento.

Fotograma do documental Entre Pastores e Lobos

Acompaña en toda a peza unha banda sonora exquisita e o bo facer dos realizadores e biólogos, que ademais dun esmerado guión, construíron con tesón unhas gravacións dos lobos no seu hábitat natural da serra loitando pola súa supervivencia, coma nós. O filme non deixa atrás as tradicións máis místicas e lúdicas desas terras como o adorado Entroido, do cal os galegos somos devotos.

Os nosos montes e os seres que o habitan están mudando. Nuns casos para ben e noutros para mal, segundo para quen, é o equilibrio propio dos ecosistemas. Cando os humanos desaparecen os animais voltan, uns son necesarios pero outros son continxentes. Cales?

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (27/03/2021)

Categorías
THE WILD BLOG

CineEco, o único e máis antigo certame medioambiental de Portugal

Juan de Castro, Xestor e programador do The Wild Fest

O Festival Internacional de Cinema Ambiental da Serra da Estrela, CineEco, vén celebrándose no precioso municipio de Seia dende 1995, no mesmo Parque Natural e baixo as montañas máis altas do país veciño.

Como moitas accións culturais portuguesas, esta tamén decorre devagar e sen grandes fastos, mais cunha calidade, excelencia e agarimo polo traballo ben feito que sempre ruboriza e provoca envexa dos nosos veciños e o seu bo facer cultural.

Ao longo destes 25 anos, o festival tivo, segundo o seu director Márlo Branquinho, a mesma evolución que o movemento ecoloxista: dos documentais sobre a natureza e desastres medioambientais a filmes de temáticas diversas, abstractas ou tratando cuestións “puramente ambientalistas”. O mesmo ocorre cos formatos e as vías narrativas, sempre en renovación.

Fotograma do filme O que arde.

O CineEco é un festival importante, a súa pegada é grande en Portugal. O feito de levar a 40 cidades do país as súas proxeccións, co obxectivo de mudar conciencias xuvenís, e teren organizado o I Fórum Internacional de Festivais de Cinema de Ambiente, en 2018, fai deste un festival en continuo crecemento e innovación. No seu ideario, e nas súas accións, está moi presente o fomento do diálogo entre os diferentes axentes medioambientais así como a fuxida da “moda ambiental”, algo ben comprensible co recomendado visionado de The Green Line (Warner Boote) filme co que abriron a súa edición de 2018.

Na edición de 2020, a 26º, recibiron máis de 600 filmes de 40 países diferentes. Basta con botar un ollo ao seu catálogo e palmarés do 2020 para quedar abraiado coa riqueza da selección e das múltiples temáticas abordadas.

Dastacaron na edición pasada o filme portugués Mar de Lixo de Tânia Paiva y El tren de los piés ligeros, de Miguel Coelho. E para os cativos a preciosa curta O peculiar crime do Sr. Jacinto, de Bruno Caetano.

Poucos imaxinan a gañadora do Grande Prêmio Ambiente: O que arde, si.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (Febreiro · 2021)

Categorías
THE WILD BLOG

Plásticos, un uso breve e unha longa pegada

O desaforado emprego dos plásticos na nosa vida é un deses absurdos que o ser humano practica na súa galopada consumista. Podendo ser estes de moitas composicións diferentes, tardan entre cen e mil anos en descomporse. Digamos que son eternos.

Juan de Castro Xestor e programador do The Wild Fest

A nosa relación cos derivados do petróleo naceu coa revolución industrial e da man da sofisticación do mercado e da demanda sen límite o seu uso non deixou de medrar e normalizarse. Mercamos unha mazá e levámola á casa nunha bolsa plástica cunha vida útil de 30 minutos e que permanecerá entre nós por séculos… xerando problemas para todo o noso ecosistema. Se nos paramos a pensalo un intre é terrorífico. De feito, os vasos de plástico tardan máis de mil anos e non se degradan totalmente senón que quedan reducidos a micro moléculas sintéticas que aínda que non se ven permanecen presentes. Pénseno ben cando pidan unha cervexa.

Un dos ecosistemas máis afectados é o mundo mariño debido, entre outras cousas, pola similitude entre as partículas de plástico e o zooplancton mariño. Os centos de especies que consomen estes lixos enferman, mutan ou morren. Tamén van ao noso prato pasando pois a formar parte do noso organismo. Un auténtico delirio.

Un bo xeito de adecuar o seu uso e tomar conciencia da magnitude do problema que legamos aos nosos descendentes pode ser o visionado de filmes como, A Plastic Ocean de Craig Leeson, impactante e desolador sen ambaxes, ás veces necesario para espertar e mudar a nosa mentalidade. Tédelo dispoñíbel en Netflix.

Fotograma do documental Plastic Planet

Outro traballo destacado, xa de 2009, é Plastic Planet de Werner Boote, tan revelador como devastador, amósanos a nosa relación co plástico, as multinacionais que o producen e as consecuencias do seu emprego sen control.

Bótenlle unha ollada a estes filmes. É moi probábel que nos fagan gañar consciencia da crise do plástico e pensemos en alternativas. Por que non modificamos os nosos hábitos de consumo?

Categorías
THE WILD BLOG

Educar as pequenas no coidado da Terra

Nestes tempos de confinamento e televisión, aproveitemos para revisar coas futuras habitantes da Terra pezas audiovisuais que lles transmitan realidade e esperanza. Promovamos tamén unha mirada crítica fronte ao consumismo irracional

Juan de Castro, Xestor e programador do The Wild Fest

Para comezar forte propoño unha viaxe máxica co filme brasileiro O menino e o mundo, de Alê Abreu. Cun estilo sinxelo e cunha creatividade desbordante, cóntanos a través dos ollos dun neno o descubrimento dun mundo hostil e complexo. Unha marabilla da animación infantil, cun ritmo quedo e silente, que fará tamén acougar os actuais cardíacos cativos.

Non poderían faltar nesta listaxe calquera título do Studio Ghibli, con Hayao Miyazaki á cabeza. Ben a entrañábel O meu veciño Totoro, ben a aventura total de A princesa Mononoke, poden ser un bo arranque para que
nenos e nenas tomen conciencia e partido na defensa da natureza, xa que focalizan nos cativos a acción, empoderándoos nesta tarefa.

Aínda que resulte tópico, sempre lembrarei o filme Cairo Branco como
un certeiro exemplo para entender a parte máis salvaxe da natureza e da fauna. A historia do gran Jack London pode causar unha gran pegada para os desnortados púberes, transmitíndolles esa igualdade entre todos os seres
que poboamos o planeta.

Fotograma do Filme Cairo Branco (1991)

Pouco coñecido e moi conmovedor é o filme Efraín de Yared Zeleke. Cóntanos a historia dun neno etíope que descobre unha nova relación coa natureza e cos animais. Ideal tamén para viaxar a outras realidades xeográficas. Para que os cativos entendan o que pode supor o derretemento dos polos, nada mellor que as imaxes do explorador Robert J. Flaherty en Nanook, o esquimó, filme que aló por 1922 amosaba a insólita vida cotiá dunha familia Inuit.

E remato cunha cinta ben recente e localizada no noroeste ibérico, Entre pastores e lobos, gañadora de dous premios no último Suncine, precioso e máxico relato da necesaria simbiose entre humanos e animais.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (5/1/2021)

Categorías
THE WILD BLOG

O gran festival de cinema de medio ambiente

Temos a sorte de contar na península co Suncine, o festival máis lonxevo sobre cinema ambiental e conciencia ecoloxista do mundo. Case nada.

Juan de Castro Programador do The Wild Cinema

Recentemente renomeado Suncine, este festival fundamentado no activismo leva repartindo os seus Soles de Ouro ao longo de 27 edicións.

Fundado en Barcelona en 1993 da man do carismático e entusiasta Claudio Lauria, este certame naceu cuns principios férreos no seu discurso: O medio ambiente é un dereito humano. Unha consigna que se fai patente na construción da súa programación que, ininterrompidamente, veñen amosando edición tras edición.

Pertence o Suncine á clase de festivais que non só promoven as artes cinematográficas senón que se move cunha poderosa vontade de denunciar, educar e sensibilizar. Podemos afirmar que todo o cinema sobre
medio ambiente, activismo e ecoloxía pasou polas pantallas do Suncine. Os creadores e organizadores deste certame teñen a convicción de prestar “un
servizo público necesario e comprometido
”, tarefa esta imprescindíbel nestes anos de certa desesperanza.

Fotograma da curta documental ’Vergüenza’, da surfista vasca Garazi Sánchez / SUNCINE

Mais chegar á posición decana e reputada que atesoura agora non foi doado, anos de concienciación e pedagoxía nas salas de proxección amosando os máis recentes traballos. De feito, é un dos poucos certames
que en competición non acepta proxectos de máis dun ano de produción, isto certamente favorece que as problemáticas ambientais máis urxentes sexan difundidas.

Unha estupenda novidade deste ano son as seccións Suncine For Future e Suncine Edu, a primeira para potenciar o activismo entre os novos e a segunda cun obxectivo de concienciar os máis pequenos. Estas novas actividades paralelas veñen traídas claramente polos recentes movementos sociais ecoloxistas que estouparon a nivel mundial nestes anos entre os mozos e mozas máis novos, con Greta Thunberg como símbolo.

A cantidade de realizadores, artistas e persoeiros que pasaron por este festival resulta mareante. Desde Jane Goodall a Ken Loach, Hebe de Bonafini, Jeremy Irons, Fernando Trueba ou Steve McCurry (o famoso fotógrafo da nena afgá). Na súa web acóllense os filmes que do que fomos, somos e seremos.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (5/12/2020)

Categorías
THE WILD BLOG

Documentais de natureza a non perder a golpe dun par de ‘clics’

Os mergullos do Capitán Cousteau, os lobos de Félix Rodríguez de la Fuente ou Sir David Attenborough percorrendo e amosándonos o planeta enteiro.

Por Juan de Castro Programador do ‘The Wild Cinema’

Seguro que algunhas das túas primeiras imaxes inesquecíbeis do mundo natural e da biodiversidade foron da man dalgúns destes pioneiros dos documentais.

A divulgación científica e da natureza sempre avanzou grazas a colosos como eles, que entraron nos nosos fogares pola segunda canle do noso vello televisor. Aínda agora, esta canle de televisión pública estatal segue a ser o buque insignia da difusión dos grandes documentais internacionais.

Antigamente só National Geographic, a BBC ou algunhas produtoras europeas sacaban adiante a produción e distribución destes filmes de natureza. Agora son moitos máis os que teñen a capacidade de producir e difundir estes contidos; empresas de roupa deportiva e de aventura como Patagonia ou de bebidas como Red Bull son xa grandes produtoras de documentais, podedes consultar nas súas webs numerosos contidos moi orixinais.

Nas plataformas de filmes a demanda ou tamén no universal YouTube existe moitísimo material de gran calidade á vosa disposición.

En YouTube, tendes de balde a serie de documentais Human, un intenso retrato da humanidade, ou a magnífica e imperdíbel Baraka. As mesmas canles en YouTube de National Geographic e de BBC Earth teñen múltiples e magníficos filmes que merecen un visionado.

Fotograma do documental Baraka

Os abonados a Netflix podedes aproveitar para ver Our Planet do mítico Attenborough, narrado aquí por Penélope Cruz. Destaca tamén no plano máis activista o filme Ivory Game. Na canle Discovery Chanel podedes visionar a suxerente miniserie Planet Earth I e II.

Para os que teñades a estupenda plataforma Filmin recoméndovos a galega Tempo, de Manuel Valcárcel, a serie Human Planet, xa antiga mais merece un visionado. E un sinfín de pezas máis. Por citar algunhas: Nanook, el esquimal, Happy People: Un año en la Taiga, El viaje de Jane…

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (2/10/2020)

Categorías
THE WILD BLOG

The Wild Cinema, unha experiencia audiovisual salvaxe

Contra todo prognóstico e adversidades o festival multidisciplinar The Wild decorreu os días 5 e 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo), un dos lugares con mellores vistas ás Illas Cíes

Por Juan de Castro, Xestor e programador do “The Wild”

Un evento para familias e público cun alto nivel de concienciación nos seus hábitos de consumo e de ocio, xa que todas as accións do festival orbitan fervorosamente ao redor de tres eixos fundamentais: a ecoloxía, a natureza e vida saudábel.

Inicio con esta pequena crónica, unha serie de artigos co obxectivo de difundir pezas cinematográficas que, ademais de posuír unha rica linguaxe no sector, comungan coa protección do medio e co decrecemento enerxético e de consumo que precisa de nós o planeta.

Partirei da programación do The Wild Cinema, que este ano tivo como liña principal a urxente necesidade de coidado das árbores e das masas forestais. O filme escollido para abrir a sección oficial foi Treeline, the secret life of trees (Jordan Manley 2019), unha fermosa peza documental, galardoada co Gran Premio no Mendi Film Festival, que delata a perda daconexión entre o ser humano e o mundo natural.

Fotograma de O Monte é Noso de Llorenç Soler

Tiveron tamén un espazo importante os montes galegos con O monte é noso (Llorenç Soler 1977) e Eucalyptus (Elena R. Flores, Miguel Souto, 2018) os cales, xunto coa presentación e debate da directiva da Comunidade de Montes de San Miguel de Oia, puxo de manifesto o traballo de recuperación e xestión no último medio século dos montes do mancomún, un dos fenómenos máis ricos, democráticos e construtivos que temos nas nosas terras.

Emprázovos pois á vindeira edición do The Wild, co cinema e todas a súas actividades paralelas. A mensaxe é clara, xeremos conciencia e cultura ecolóxica utilizando para iso todas as ferramentas que temos da nosa man.
A miña é o cinema.

Artigo publicado no suplemento APRENDER de NÓS DIARIO (12/09/2020)

Categorías
THE WILD BLOG

Desinfección si, pero con criterio

Por Luján López

Enxeñeira de Minas en Eixo Sostenibilidad S.L.

As labores de limpeza e hixiene tamén poden supoñer un foco de contaminación e afección á saúde humana que poucas veces temos en conta, máis aló do que o seu propio envase supón.

Na situación na que nos atopamos, na que a convivencia cun virus obríganos a lavarnos e desinfectar a nosa contorna máis do que estamos afeitos, é interesante reflexionar sobre os tipos de produtos que
utilizamos para iso.

A maior parte dos produtos de limpeza e deterxentes que utilizamos no noso fogar conteñen químicos contaminantes e substancias potencialmente perigosas para o medio ambiente, a nosa saúde e a dos nosos.

Xa fomos advertidos pola OCU de que moitos dos produtos que utilizamos, é recomendable que os evitemos por conter unha gran cantidade de ácidos, disolventes potencialmente nocivos para a saúde ou
ser demasiado corrosivos… Algúns destes produtos poden mesmo empeorar a asma dos que o padecen ou provocar dificultades respiratorias, bronquite e hemicrania, se os espazos nos que os utilizamos non se ventilan de maneira correcta. Estas son claras sinais do noso organismo de que algo non lle senta ben. Sinais que deben ser escoitadas e atendidas. Pero, escoitaremos da mesma forma ao medio ambiente?

Ao planeta tampouco lle sentan ben este tipo de produtos e hai que ser especialmente coidadoso con eles en espazos abertos nos que a contaminación do chan (e os acuíferos que se atopan baixo os nososos pés) é relativamente sinxela.

Por iso, en THE WILD, optamos por alternativas que respecten o medio ambiente sen arriscar a saúde das persoas. Nesta segunda edición, para a limpeza dos espazos máis susceptibles de ser invadidos polo covid
utilizarase un produto viricida adecuado para tal fin, pero respectuoso co medio ambiente. Este será de fabricación local e estará composto exclusivamente de alcois, glicerina e aloe vera, para que non perxudique a nosa pel nin a dos máis cativos. Para o resto de labores de desinfección, da mesma maneira, utilizaranse limpadores biodegradables e de fabricación nacional baixo os estándares de medio ambiente (ISO 14001) e de calidade ( ISO 9001). A maiores, todos os produtos estarán contidos en envases
reutilizados e novamente reutilizables.

Un esforzo máis para acadar os nosos obxectivos de sustentabilidade e seguridade.

◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗

Las labores de limpieza e higiene también pueden suponer un foco de contaminación y afección a la salud humana que pocas veces tenemos en cuenta, más allá de lo que su propio envase supone.

En la situación en la que nos encontramos, en la que la convivencia con un virus nos obliga a lavarnos y desinfectar nuestro entorno más de lo que estamos acostumbrados, es interesante reflexionar sobre los tipos de productos que utilizamos para ello.

La mayor parte de los productos de limpieza y detergentes que utilizamos en nuestro hogar contienen químicos contaminantes y sustancias potencialmente peligrosas para el medio ambiente, nuestra salud y la de los nuestros.

Ya hemos sido advertidos por la OCU de que muchos de los productos que utilizamos, es recomendable que los evitemos por contener una gran cantidad de ácidos, disolventes potencialmente nocivos para la salud o ser demasiado corrosivos… Algunos de estos productos pueden incluso empeorar el asma de los que lo padecen o provocar dificultades respiratorias, bronquitis y migrañas, si los espacios en los que los utilizamos no se ventilan de manera correcta. Éstas son claras señales de nuestro organismo de que algo no le sienta bien. Señales que deben ser escuchadas y atendidas. Pero, ¿escucharemos de la misma forma al medio ambiente?

Al planeta tampoco le sientan bien este tipo de productos y hay que ser especialmente cuidadoso con ellos en espacios abiertos en los que la contaminación del suelo (y los acuíferos que se encuentran bajo nuestros pies) es relativamente sencilla.

Por ello, en THE WILD, optamos por alternativas que respeten el medio ambiente sin arriesgar la salud de las personas. En esta segunda edición, para la limpieza de los espacios más susceptibles de ser invadidos por el covid, se utilizará un producto viricida adecuado para tal fin, pero respetuoso con el medio ambiente. Éste será de fabricación local y estará compuesto exclusivamente de alcoholes, glicerina y aloe vera, para que no
perjudique nuestra piel ni la de los más peques. Para el resto de labores de desinfección, de la misma manera, se utilizarán limpiadores biodegradables y de fabricación nacional bajo los estándares de medio ambiente (ISO 14001) y de calidad (ISO 9001). A mayores, todos los productos estarán contenidos en envases reutilizados y nuevamente reutilizables.

Un esfuerzo más para alcanzar nuestros objetivos de sostenibilidad y seguridad.

Categorías
THE WILD NEWS

COMUNICADO OFICIAL THE WILD RACE

Dende a Organización queremos informar da difícil decisión que nos vimos abocados a tomar ante a actual situación xerada polo COVID-19, e que deriva na CANCELACIÓN de THE WILD RACE 2020.

Pese a implementación dun riguroso protocolo por parte da Organización para levar a cabo esta edición coa máxima seguridade para os competidores, público e xuices, e ainda coa súa aprobación por parte das Administracións Competentes, THE WILD RACE considera que, ante a situación agravada dos últimos días, a saúde e o benestar de todos é prioritario, polo que creemos que o máis reponsable é a ANULACIÓN desta proba deportiva.

THE WILD RACE realizará a devolución íntegra da inscripción a todos os competidores rexistrados, e efectuarase automáticamente sen necesidade de ningún trámite adicional.

Queremos aproveitar para mostrar o noso meirande agradecemento a todos os que facedes posible este evento: competidores, patrocinadores, institucións, colaboradores e voluntarios. O equipo de THE WILD RACE continúa traballando con toda ilusión e dedicación na Edición 2021.

Vemonos no THE WILD.

Permanecede Salvaxes!

Categorías
THE WILD BLOG

POLO CAMIÑO, MELLOR ACOMPAÑADOS

Por Luján López

Enxeñeira de Minas en Eixo Sostenibilidad S.L.

Algunha vez cuestionástesvos sobre como inflúen os vosos hábitos no medio ambiente? Sobre cal é a vosa pegada de carbono? 

Algún día falaremos máis detidamente sobre a pegada de carbono, indicador IMPORTANTÍSIMO para avaliar o comportamento ambiental dun individuo, organización, produto ou evento, xa que reflicte a cantidade de gases de efecto invernadoiro (GEI) que emiten estes directa e indirectamente. Entre eses GEI está un ao que todos estamos familiarizados (ou iso espero), o dióxido de carbono ou CO2. Aínda que este non é o malo malísimo da historia, é o que se toma como referencia pois conta cunha concentración maior na atmosfera, a cal os seres humanos nos encargamos de aumentar ás veces sen pararnos un cachiño a pensar nas consecuencias. 

Un dos factores que inflúe en nosa propia pegada de carbono é precisamente o tema de hoxe, o transporte. A continuación, deixo unha boa comparación coa que se entenderá perfectamente a importancia de decidir ben o medio a través do cal nos desprazamos: 

Imos tomar como exemplo unha persoa que traballe a 2 km do seu domicilio e desprácese aproximadamente a mesma distancia a fin de semana cara aos lugares de lecer que frecuenta. Se os traxectos realízaos a pé ou en bicicleta non emitirá absolutamente nada, pero se os realiza en metro ou tren deixará unha pegada de 36,50 kg de CO2 ao ano; se o fai en autobús, de 90,50 kg de CO2 ao ano; en moto, 175,20 kg de CO2 ao ano e en coche, 277,40 kg de CO2 ao ano. E si, isto ocorre polo potencial contaminante do medio de transporte do que se trate. Pero a elección é nosa. 

Así que as preguntas rediríxense á nosa conciencia… podemos compartir o noso vehículo particular para ir ao traballo e evitar que saian á estrada outros vehículos para realizar o mesmo traxecto, á mesma hora? Tendo a opción de utilizar o transporte público, optamos polo privado por comodidade? por qué non eliximos un supermercado máis próximo para poder ir e volver a pé? Se a nosa cidade ten carril bici… por que non aproveitalo? 

En THE WILD traballamos na medida do posible por fomentar o transporte público e que compartades os vosos vehículos privados. Baixo unha situación ideal reduciríase ao mínimo o aparcadoiro de coches sen deixar de completar o aforo do evento. 

Unha vez máis vos pedimos axuda para conseguilo. Somos conscientes de que a accesibilidade do lugar da celebración non é moi boa, que non todo o mundo pode chegar cos pulmóns en bo estado se decide ir a pé ou en bicicleta. Pero queremos que tomedes en consideración as liñas de VITRASA que cada ano habilítanse para a chegada ao festival ou a opción de compartir o taxi cos colegas. E se non resulta viable ningunha desas opcións, que cheguen polo menos os vehículos privados con todas as prazas ocupadas. 

Lanzaremos máis iniciativas neste sentido, pero gustaríanos que o incentivo sexa algo extra, non determinante. Que as conciencias este ano griten máis forte. Que se algo bo deunos o parón polo estado de alarma foi unha “nova normalidade”, unha nova oportunidade para facelo mellor.

◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗

¿Alguna vez os habéis cuestionado sobre cómo influyen vuestros hábitos en el medio ambiente? ¿Sobre cuál es vuestra huella de carbono?
Algún día hablaremos más detenidamente sobre la huella de carbono, indicador IMPORTANTÍSIMO para evaluar el comportamiento ambiental de un individuo, organización, producto o evento, ya que refleja la cantidad de gases de efecto invernadero (GEI) que emiten éstos directa e indirectamente. Entre esos GEI está uno al que todos estamos familiarizados (o eso espero), el dióxido de carbono o CO2. Aunque éste no es el malo malísimo de la historia, es el que se toma como referencia pues cuenta con una concentración mayor en la atmósfera, la cual los seres humanos nos encargamos de aumentar a veces sin pararnos un ratito a pensar en las consecuencias.

Uno de los factores que influye en nuestra propia huella de carbono es precisamente el tema de hoy, el transporte. A continuación, dejo una buena comparación con la que se entenderá perfectamente la importancia de decidir bien el medio a través del cual nos desplazamos:

Vamos a tomar como ejemplo una persona que trabaje a 2 km de su domicilio y se desplace aproximadamente la misma distancia el fin de semana hacia los lugares de ocio que frecuenta. Si los trayectos los realiza a pie o en bici no emitirá absolutamente nada, pero si los realiza en metro o tren dejará una huella de 36,50 kg de CO2 al año; si lo hace en autobús, de 90,50 kg de CO2 al año; en moto, 175,20 kg de CO2 al año y en coche,
277,40 kg de CO2 al año. Y sí, esto ocurre por el potencial contaminante del medio de transporte del que se trate. Pero la elección es nuestra.

Así que las preguntas se redirigen a nuestra conciencia… ¿podemos compartir nuestro vehículo particular para ir al trabajo y evitar que salgan a la carretera otros vehículos para realizar el mismo trayecto, a la misma hora? Teniendo la opción de utilizar el transporte público, ¿optamos por el privado por comodidad? ¿por qué no elegimos un supermercado más cercano para poder ir y volver a pie? Si nuestra ciudad tiene carril bici… ¿por qué no aprovecharlo?

En THE WILD trabajamos en la medida de lo posible por fomentar el transporte público y que compartáis vuestros vehículos privados. Bajo una situación ideal se reduciría al mínimo el aparcamiento de coches sin dejar de completar el aforo del evento.

Una vez más os pedimos ayuda para conseguirlo. Somos conscientes de que la accesibilidad del lugar de la celebración no es muy buena, que no todo el mundo puede llegar con los pulmones en buen estado si decide ir a pie o en bici. Pero queremos que toméis en consideración las líneas de VITRASA que cada año se habilitan para la llegada al festival o la opción de compartir el taxi con los colegas. Y si no resulta viable ninguna de esas opciones, que lleguen por lo menos los vehículos privados con todas las plazas ocupadas.

Lanzaremos más iniciativas en este sentido, pero nos gustaría que el incentivo sea algo extra, no determinante. Que las conciencias este año griten más fuerte. Que si algo bueno nos ha dado el parón por el estado de alarma fue una “nueva normalidad”, una nueva oportunidad para hacerlo mejor.

Categorías
THE WILD NEWS

O festival sostible The Wild contará coas actuacións de Arizona Baby, Terbutalina e Escuchando Elefantes

I A concelleira de medio ambiente, Nuria Rodríguez, e a organización de The Wild presentan o cartel do certame e anuncian as novidades principais do evento.

I Arizona Baby, Terbutalina, Escuchando Elefantes e The Broke son algúns dos grupos que pasarán polo escenario do festival multidisciplinar e sostible The Wild entre o 5 e o 6 de setembro.

I A completa e esixente carreira de obstáculos The Wild Race e a andaina solidaria mantéñense dentro das actividades previstas neste segundo ano.

De esquerda a dereita: Óscar Gallego, Juan de Castro, Juan Pablo Pérez, organizadores do evento, Nuria Rodríguez, Concelleira de Medio Ambiente, e Manuez Giráldez, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia.

Queda pouco máis dun mes para que comece a nova edición de The Wild, que se celebrará o 5 e 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Un festival que xunta nun mesmo lugar actividades tan diversas como concertos, faladoiros, xogos para os máis cativos, cinema, sendeirismo ou competicións deportivas baixo unha premisa común: gozar da natureza dende o respecto e a responsabilidade.

Juan Pablo Pérez e Óscar Gallego, do equipo de dirección de The Wild, Juan de Castro, xestor do festival, Nuria Rodríguez, concelleira de Medio Ambiente de Vigo e Manuel Giráldez, presidente da Comunidade de Montes San Miguel de Oia presentaron este xoves o cartel do evento, que desvela os grupos de música que pasarán polos escenarios do certame e as actividades paralelas na súa segunda edición.

O equipo do evento amosou o agradecemento tanto ao Concello de Vigo como a Comunidade de Montes de San Miguel de Oia por axudar dende o primeiro momento ao desenrolo do festival, sobre todo nesta época de incerteza por mor da Covid-19. De feito, o Concello de Vigo non só deu o seu apoio ao festival dende a súa primeira edición, senón que tamén estivo presente durante o desenvolvemento do protocolo para reforzar as medidas de control co fin de evitar contaxios e converterse nun espazo seguro. Así, Nuria Rodríguez sinala que dende o Concello están “encantados de participar e axudar neste festival medioambiental que xa o ano pasado foi todo un éxito” e animan a todos a asistir.

Neste sentido, os asistentes poderán gozar dun total de sete concertos, dende o grupo country Arizona Baby ata os galegos Terbutalina, que mesturan rock de garaxe e punk, pasando polo dúo (tamén galego) de folk-rock Escuchando Elefantes.

Ademais, completan o cartel The Broke, rock con influencias de funky, punk e hard rock; Blues do País, unha máxica mestura de clásicos do blues reinterpretados no noso idioma que non deixará indiferente a ninguén, a banda indie EX Hedera e Cé Orquestra Pantasma, quen fará as delicias dos máis cativos.

Doutra banda, tampouco pode faltar The Wild Race, prevista para o 6 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. “Será unha carreira de 10 quilómetros con máis de 35 obstáculos pensada para facer de xeito individual ou por equipos dun máximo de 4 persoas” explica Óscar Gallego. Tamén volverá a andaina solidaria, nesta ocasión destinando os fondos recadados afundación Fran Gil que loita contra a leucemia.

Por suposto, este ano, marcado pola crise sanitaria provocada polo coronavirus, o evento reestruturará as súas actividades e seguirá unhas estritas medidas de seguridade apoiadas polo Concello de Vigo que inclúen, entre outros, redución do aforo en máis dun 90%, controis de temperatura no acceso ao festival, obrigatoriedade de levar mascarilla en desprazamentos ou para adquirir calquera produto, dispensadores de xel hidroalcohólico, espazos separados, circulación en sentido único ou unha zona de emerxencias médicas. Ademais, os concertos terán cadeiras e alpacas de palla para que os asistentes gocen do evento mantendo as seguridades de distancia.

Todo, co obxectivo de facer o festival nun entorno seguro tanto para asistentes como para artistas e traballadores.

THE WILD FEST

Na súa primeira edición, que tivo lugar do 28 ao 30 de xuño en San Miguel de Oia, acudiron máis dun millar de persoas co fin de participar na andaina solidaria, coñecer de primeira man empresas galegas sostibles, gozar de boa música ou emocionarse co cine de natureza. Por suposto, os máis cativos tamén tiveron a ocasión de pasar un moi bo rato mentres aprendían o importante que é coidar o medio ambiente.

Na vindeira edición, The Wild, que se celebrará o 5 e 6 de setembro, buscará asentarse como un festival multidisciplinar e sostible de referencia na comarca de Vigo polo que seguirá apostando polos valores cos que naceu: achegar a toda a cidadanía actividades lúdicas, deportivas e de concienciación para converterse nun espazo integrador cun nexo de unión común: facer visible a importancia de respectar e coidar o medio ambiente.

Categorías
THE WILD NEWS

Comunicado COVID-19

“Sempre parece imposible ata que se fai” 

                    Nelson Mandela

A todos os que formades parte da Família THE WILD:

Dende a Organzación compracenos anunciaros que o Festival THE WILD, continúa adiante. Non obstante debido as circunstancias excepcionais que estamos vivindo, consecuencia do COVID-19, e para intensificar a seguranza dos asistentes, THE WILD viuse na obriga de reestructurar a programación para garantir un maior control de todalas actividades e do Festival en xeral.

Coa finalidade de preservar a saúde do público, dos Artistas e do Equipo de The Wild, a Organización deseñou un exhaustivo protocolo, que conta coa aprobación da Administración competente, para a celebración e asistencia ao evento coas maiores garantias de protección. 

Debido a esta reestructuración,  este ano o Festival condensarase en dous días, 5 e 6 de Setembro, polo que algunhas das actividades previstas, lamentablemente foron canceladas, en aras de un maior control e focalización dos nosos esforzos en garantir a máxima seguridade e benestar para o noso público. Deste xeito este ano caeráse da nosa programación, o concurso de bandas THE BATTLE OF BANDS, a ZONA EXPO  e o espazo da ROCKSCHOOL DZettaMusicCenter.

De todolos xeitos, a Organización mantense alerta e en estreito contacto coas Autoridades Sanitarias e Administracións competentes para seguir as suas directrices e indicacións,  e tomar a decisións pertinentes en función da evolución da situación actual en referencia ao COVID-19.

Dende THE WILD, estamos traballando sen descanso contra vento e marea para a materializar este evento sen perder de vista sua esencia: a Sustentabilidade e o respeto polo MedioAmbiente.

Por último, agradecer profundamente as personas e entidades colaboradoras que posibilitarán levar a cabo este Festival é a todo o público de THE WILD polo voso apoio e comprensión.

Permacedece Salvaxes!                            

A Organización THE WILD

Categorías
THE WILD BLOG

OS RESIDUOS, UNHA RESPONSABILIDADE COMPARTIDA

Por Luján López

Enxeñeira de Minas en Eixo Sostenibilidad S.L.

Os residuos convertéronse nun dos grandes problemas ambientais do século XXI. Hai que invertir moito traballo en corrixir unha situación límite na que o lixo está a afogar os ecosistemas.

O aumento da produción industrial e o avance tecnolóxico derivan nun incremento rápido e inevitable da xeración de residuos. Isto, unido coa ausencia de valores ambientais e a filosofía baseada en “non o fago ata que sexa obrigatorio e sancionable”, resulta un escenario no que se debe actuar de forma urxente e racional para controlar o impacto que isto causa no medio ambiente e na saúde do ser humano.

Por sorte, no último século, aumentou a conciencia dos gobernos, organismos, administracións e disponse dun, cada vez máis estrito, marco lexislativo para levar á práctica a obrigación dunha xestión de residuos adecuada. Ademais, a promoción e a visibilidade das vantaxes de implantar o concepto de ‘economía circular’ na empresa privada fomenta o aproveitamento do valor de certas fraccións de residuos.

E ata aquí a reflexión sobre a culpa dos produtores, das empresas e “os de arriba”. Agora tócanos a nós, aos consumidores, aos que a normativa nos reparte a outra parte de responsabilidade.

Todo consumidor de produtos susceptibles de xerar residuos debe estar informado sobre a maneira de xestionalos. E, por suposto, cumprir a regra das 4 ‘ R’ que parece tan sinxela, pero na práctica cúmprese o xusto e necesario: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR (este último máis enfocado a procesos industriais). Señores, importante: POR ESA ORDE. É dicir, se temos oportunidade de non xerar residuos, non o faremos. Non vale de nada seguir vivindo no mundo de “un só uso” ou de “usar e tirar”.

Como vimos, un evento funciona como unha pequena empresa e a minimización dos residuos é unha das nosas prioridades. Desta forma, moitos dos materiais reutilízanse dunha edición á seguinte e xa vistes o
ano pasado como fomentamos a separación dos residuos para a súa reciclaxe.

Este ano estamos a traballar en máis iniciativas relativas aos residuos que vos van a gustar. Irémosvolas desvelando…

Pero nós sós non podemos. Necesitamos a vosa axuda, a vosa responsabilidade, a vosa conciencia. Por exemplo: por que non levar o vaso no que bebín a consumición á barra para que mo enchan coa seguinte? por que pedir máis panos de mesa “por se acaso” antes de saber se vou usar todas as que xa me deron? realmente custa tanto investir dous minutos en separar para reciclar o que vou tirar ou pesa máis a comodidade de tiralo todo ao verde?

Co noso traballo e os vosos pequenos xestos, camiñamos cara ao ‘residuo cero’ e gañamos todos.

◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗◖◗

LOS RESIDUOS, UNA RESPONSABILIDAD COMPARTIDA

Los residuos se han convertido en uno de los grandes problemas ambientales del siglo XXI. Hay que volcar mucho trabajo en corregir una situación límite en la que la basura está ahogando los ecosistemas.

El aumento de la producción industrial y el avance tecnológico derivan en un incremento rápido e inevitable de la generación de residuos. Esto, unido con la ausencia de valores ambientales y la filosofía basada en “no lo hago hasta que sea obligatorio y sancionable”, resulta un escenario en el que se debe actuar de forma urgente y racional para controlar el impacto que esto causa en el medio ambiente y la salud del ser humano.

Por suerte, en el último siglo, ha aumentado la conciencia de los gobiernos, organismos, administraciones y se dispone de un, cada vez más estricto, marco legislativo para llevar a la práctica la obligación de una gestión de residuos adecuada. Además, la promoción y la visibilidad de las ventajas de implantar el concepto de ‘economía circular’ en la empresa privada fomenta el aprovechamiento del valor de ciertas fracciones de residuos.

Y hasta aquí la reflexión sobre la culpa de los productores, de las empresas y “los de arriba”. Ahora nos toca a nosotros, a los consumidores, a los que la normativa nos reparte la otra parte de responsabilidad.

Todo consumidor de productos susceptibles de generar residuos debe estar informado sobre la manera gestionarlos. Y, por supuesto, cumplir la regla de las 4 ‘R’ que parece tan sencilla, pero en la práctica se cumple lo justo y necesario: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR Y RECUPERAR (este último más enfocado a procesos industriales). Señores, importante: POR ESE ORDEN. Es decir, si tenemos oportunidad de no generar residuos,
no lo haremos. No vale de nada seguir viviendo en el mundo de “un solo uso” o de “usar y tirar”.

Como hemos visto, un evento funciona como una pequeña empresa y la minimización de los residuos es una de nuestras prioridades. De esta forma, muchos de los materiales se reutilizan de una edición a la siguiente y ya habéis visto el año pasado cómo hemos fomentado la separación de los residuos para su reciclaje.

Este año estamos trabajando en más iniciativas relativas a los residuos que os van a gustar. Os las iremos desvelando…

Pero nosotros solos no podemos. Necesitamos vuestra ayuda, vuestra responsabilidad, vuestra conciencia. Por ejemplo: ¿por qué no llevar el vaso en el que bebí la consumición a la barra para que me lo rellenen con la siguiente? ¿por qué pedir más servilletas “por si acaso” antes de saber si voy a usar todas las que ya me han dado? ¿realmente cuesta tanto invertir dos minutos en separar para reciclar lo que voy a tirar o pesa más la
comodidad de tirarlo todo al verde?

Con nuestro trabajo y vuestros pequeños gestos, caminamos hacia el ‘residuo cero’ y ganamos todos.

Categorías
THE WILD BLOG

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Por Luján López

Enxeñeira de Minas en Eixo Sostenibilidad S.L.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é Logo-Eixo-1-1024x373.jpg

Ante a problemática ambiental que vivimos, requírese do impulso dun gran cambio, accións individuais e colectivas en prol de forzar un cambio de dirección cara á sustentabilidade. Desta maneira, garántese o mantemento e mesmo a mellora da calidade de vida. Para afrontar este reto resulta máis que necesario ofrecerlle protagonismo á EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Como concepto, recoñécese oficialmente a súa existencia e importancia na Conferencia de Nacións Unidas sobre o Medio Humano (Estocolmo, 1972), e aínda que resulta complexo adxudicarlle unha definición, pódese tomar como referencia a que se divulgou no Congreso Internacional de Educación e Formación sobre Medio Ambiente (Moscova, 1987) : “A educación ambiental é un proceso permanente no cal os individuos e as comunidades adquiren conciencia do seu medio e aprenden os coñecementos, os valores, as destrezas, a experiencia e tamén a determinación que lles capacite para actuar, individual e colectivamente, na resolución dos problemas ambientais presentes e futuros”.

THE WILD entende que é de vital importancia, durante o proceso de adaptación e cambio social a un novo modelo de desenvolvemento sostible, a formación e concienciación ambiental a idades cativas. Dentro dunha educación en valores morais e éticos, a sensibilización ambiental non debe perder protagonismo polo importante papel e responsabilidade dos máis pequenos como futuros herdeiros do planeta.

É imprescindible que entendan que está a pasar, que se sintan parte da sociedade e que coñezan como poden participar neste proceso de desenvolvemento. Que aprendan que é exactamente o que lles rodea e a importancia de coidalo; non só a nivel individual, senón que desenvolvan a capacidade de colaborar, é dicir, promover tanto a participación persoal como colectiva.

Por todo iso, un dos alicerces do festival son as actividades destinadas aos máis novos, como OBRADOIROS, REPRESENTACIÓNS e ACTUACIÓNS dirixidas especialmente para eles. Tentamos que gocen tamén de protagonismo e xerar un concepto de familia como un equipo contra a loita cara a todo o que poida danar a nosa contorna. Trátase de provocar unha concienciación divertida, potenciar os valores humanos e culturais e crear nos cativos esa sensación de responsabilidade compartida. Que xamais esquezan que este marabilloso medio ambiente do que contamos en Galicia está para gozalo e que hai moitas formas de facelo sen arriscarnos a perdelo.

Castellano:

EDUCACIÓN AMBIENTAL

Ante la problemática ambiental que vivimos, se requiere del impulso de un gran cambio, acciones individuales y colectivas en pro de forzar un cambio de dirección hacia la sostenibilidad. De esta manera, se garantiza el mantenimiento e incluso la mejora de la calidad de vida. Para afrontar este reto resulta más que necesario ofrecerle protagonismo a la EDUCACIÓN AMBIENTAL.


Como concepto, se reconoce oficialmente su existencia e importancia en la Conferencia de Naciones Unidas sobre el Medio Humano (Estocolmo, 1972), y aunque resulta complejo adjudicarle una definición, se puede tomar como referencia la que se divulgó en el Congreso Internacional de Educación y Formación sobre Medio Ambiente (Moscú, 1987) : “La educación ambiental es un proceso permanente en el cual los individuos y las comunidades adquieren conciencia de su medio y aprenden los conocimientos, los valores, las destrezas, la experiencia y también la determinación que les capacite para actuar, individual y colectivamente, en la resolución de los problemas ambientales presentes y futuros”.


THE WILD entiende que es de vital importancia, durante el proceso de adaptación y cambio social a un nuevo modelo de desarrollo sostenible, la formación y concienciación ambiental a edades tempranas. Dentro de una educación en valores morales y éticos, la sensibilización ambiental no debe perder protagonismo por el importante papel y responsabilidad de los más pequeños como futuros herederos del planeta.


Es imprescindible que entiendan qué está pasando, que se sientan parte de la sociedad y que conozcan cómo pueden participar en este proceso de desarrollo. Que aprendan qué es exactamente lo que les rodea y la importancia de cuidarlo; no sólo a nivel individual, sino que desarrollen la capacidad de colaborar, es decir, promover tanto la participación personal como colectiva.


Por todo ello, uno de los pilares del festival son las actividades destinadas a los más jóvenes, como OBRADOIROS, REPRESENTACIONES y ACTUACIONES dirigidas especialmente para ellos. Intentamos que gocen también de protagonismo y generar un concepto de familia como un equipo contra la lucha hacia todo lo que pueda dañar nuestro entorno. Se trata de provocar una concienciación divertida, potenciar los valores humanos y culturales y crear en los peques esa sensación de responsabilidad compartida.


Que jamás olviden que este maravilloso medio ambiente del que contamos en Galicia está para disfrutarlo y que hay muchas formas de hacerlo sin arriesgarnos a perderlo.

Categorías
THE WILD TRAINING

The Wild Training #8

Érguete connosco e afronta o luns con enerxía nesta nova sesión de mobilidade!

Permanece Salvaxe!

Categorías
THE WILD BLOG

UN EVENTO SUSTENTABLE

Por Luján López

Enxeñeira de Minas en Eixo Sostenibilidad S.L.

THE WILD. THE SUSTAINABLE FESTIVAL: O FESTIVAL SUSTENTABLE.

E non, non é unha simple denominación. THE WILD é un festival pioneiro por que quere conseguir, voluntariamente, ser un evento sustentable multidisciplinar. Algo que non é doado e require un compromiso firme e un traballo extra por parte da organización, tanto nas fases previas (planificación e organización) como durante a celebración do evento e a súa avaliación.

Pero comecemos polo principio. Non todo o que está a ler isto ten moi claro que é un evento sustentable. A maior parte de chamadas e correos que recibimos en EIXO SOSTENIBILIDAD, S.L. son de persoas interesadas en organizar un evento sustentable, non saben exactamente de que se trata, simplemente queren celebrar a súa voda ou esa festa da que tantas ganas teñen, respectando ao planeta. Aproveitamos esta oportunidade para aclarar en que consiste e por que neste caso atopámonos ante un SUSTAINABLE FESTIVAL.

Para explicalo, nada mellor que visualizar un evento convencional. Pensemos nel: unha voda, unha festa de aniversario, de empresa, a inauguración dun local, un festival… Todos eles teñen algo en común: se non se contempla unha boa xestión ambiental ao longo de todas as súas fases, implican a xeración de gran cantidade de impactos negativos sobre o medio ambiente e unha pegada ecolóxica considerable. Un alto consumo de materias primas (materiais, auga, enerxía, combustibles), afección ao entorno, produción de residuos e xeración de verteduras, emisións á atmosfera… Pensando nestes aspectos ambientais é fácil reflexionar sobre o “dano” ao medio ambiente que supón un evento. E non ten que (ou non debe) ser así.

Un evento sustentable é a versión 2.0 dun evento convencional. Supón un esforzo en minimizar os impactos negativos e reducir esa pegada ecolóxica. A través de varias estratexias na planificación, medidas concretas na fase de organización, coordinación, control e monitoraxe durante a súa celebración, actúase sobre os aspectos ambientais de forma que o impacto do evento sobre o medio ambiente é moito menor. A avaliación e os resultados finais descobren que efectivamente non hai necesidade de renunciar ao lecer e a diversión para respectar o medio ambiente.

Pero un evento sustentable é moito máis. Tamén implica compromiso no ámbito social, un aspecto importantísimo da sustentabilidade. A promoción do emprego e o comercio local, o respecto pola igualdade e os dereitos humanos e a xeración de beneficios sociais son algúns dos obxectivos para cumprir. Por último, e non por iso menos relevante, a concienciación ambiental. Trátase de que todos os que participemos nun evento sustentable, xoguemos o papel que xoguemos (organizador, traballador, provedor, asistente…) aprendamos, sensibilicémonos e saquemos as nosas propias conclusións dun “xeito de facer” que debería ser habitual e non o é.


THE WILD: Vontade e traballo dedicado a facer moito mellor as cousas, un esforzo para trazar o rumbo cara a un futuro máis próspero.

Castelán:

UN EVENTO SOSTENIBLE


THE WILD. THE SUSTAINABLE FESTIVAL: EL FESTIVAL SOSTENIBLE. Y no, no es una simple denominación. THE WILD es un festival pionero por querer conseguir, voluntariamente, ser un evento sostenible multidisciplinar. Algo que no es fácil y requiere un compromiso firme y un trabajo extra por parte de la organización, tanto en las fases previas (planificación y organización) como durante la celebración del evento y su evaluación.


Pero comencemos por el principio. No todo el que está leyendo esto tiene muy claro qué es un evento sostenible. La mayor parte de llamadas y correos que recibimos en EIXO SOSTENIBILIDAD, S.L. de personas interesadas en organizar un evento sostenible, no saben exactamente de qué se trata, simplemente quieren celebrar su boda o esa fiesta de la que tantas ganas tienen, respetando al planeta. Aprovechamos esta oportunidad para aclarar en qué consiste y por qué en este caso nos encontramos ante un SUSTAINABLE FESTIVAL.


Para explicarlo, nada mejor como visualizar un evento convencional. Pensemos en él: una boda, una fiesta de cumpleaños, de empresa, la inauguración de un local, un festival… Todos ellos tienen algo en común: si no se contempla una buena gestión ambiental a lo largo de todas sus fases, implican la generación de gran cantidad de impactos negativos sobre el medio ambiente y una huella ecológica considerable. Un alto consumo de materias primas (materiales, agua, energía, combustibles), afección al entorno, producción de residuos y generación de vertidos, emisiones a la atmósfera… Pensando en estos aspectos ambientales es fácil reflexionar sobre el “daño” al medio ambiente que supone un evento. Y no tiene (o no debe) ser así.


Un evento sostenible es la versión 2.0 de un evento convencional. Supone un esfuerzo en minimizar los impactos negativos y reducir esa huella ecológica. A través de varias estrategias en la planificación, medidas concretas en la fase de organización, coordinación, control y monitorización durante su celebración, se actúa sobre los aspectos ambientales de forma que el impacto del evento sobre el medio ambiente es mucho menor. La evaluación y los resultados finales descubren que efectivamente no hay necesidad de renunciar al ocio y la diversión para respetar el medio ambiente.


Pero un evento sostenible es mucho más. También implica compromiso en el ámbito social, un aspecto importantísimo de la sostenibilidad. La promoción del empleo y el comercio local, el respeto por la igualdad y los derechos humanos y la generación de beneficios sociales son algunos de los objetivos a cumplir. Por último, y no por ello menos relevante, la concienciación ambiental. Se trata de que todos los que participemos en un evento sostenible, juguemos el papel que juguemos (organizador, trabajador, proveedor, asistente…) aprendamos, nos sensibilicemos y saquemos nuestras propias conclusiones de una “forma de hacer” que debería ser habitual y no lo es.


THE WILD: Voluntad y trabajo dedicado a hacer mucho mejor las cosas, un esfuerzo para trazar el rumbo hacia un futuro más próspero.

Categorías
THE WILD BLOG

Comunicado da dirección do The Wild

Dende a dirección do festival sostible e multidisciplinar The Wild, queremos confirmar que, debido a crise sanitaria polo Covid-19, o certame trasladarase aos días, 4, 5 e 6 de setembro de 2020.

A decisión tómase en relación a emerxencia sanitaria producida polo coronavirus, xa que non podemos garantir a normal celebración do evento nin a seguridade e o benestar do público e participantes. Con esta nova data confiamos e traballamos coa esperanza de que a normalización social que tanto ansiamos, sexa por entón, efectiva. Non obstante seguiremos atentamente a evolución dos acontecementos e estaremos en contacto coas institucións locais e autoridades sanitarias para adecuarnos a calquera escenario.

Polo momento, estamos a traballar na reorganización das diversas actividades e agradecemos a todos os colaboradores, institucións, participantes, e en definitiva, a todos os que fan posible a celebración de The Wild, o apoio recibido para que o festival se poida levar a cabo. Nesta liña, a carreira de obstáculos The Wild Race, que tiña prevista a súa celebración o 28 de xuño no parque forestal de San Miuel de Oia trasladarase ao 6 de setembro se a situación o permite.

Finalmente, queremos mostrar todo o noso cariño e apoio ás persoas que se viron afectadas pola crise sanitaria actual e aos colectivos que seguen día a día traballando para que a situación se resolva. É sumamente importante seguir as recomendacións e indicacións das autoridades competentes co fin de recuperar a normalidade canto antes.

Entre tod@s conseguirémolo!

Categorías
THE WILD TRAINING

The Wild Training #7

Érguete do sofá e únete a nós nunha nova sesión de mobilidade.

Permanece en movemento! Permanece Salvaxe!

Categorías
THE WILD TRAINING

The Wild Training #6

Hoxe deixámosvos cun vídeo de mobilidade, así que toca erguerse do sofá e moverse!

Sempre en movemento! Permanece salvaxe!

Categorías
THE WILD TRAINING

The Wild Training #5

Dende The Wild Race propoñémosvos a penitencia de Semana Santa. Deixámosvos cuns exercicios moi sinxelos e un pequeno breefing explicativo dos mesmos.
Sempre en movemento! Permanece salvaxe!